Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
CE2 - Coñecer en profundidade as técnicas de ciberataque e ciberdefensa |
A4 |
CE4 - Comprender e aplicar os métodos e técnicas de ciberseguridade aplicables ós datos, os equipos informáticos, as redes de comunicacións, as bases de datos, os programas e os servizos de información |
A8 |
CE8 - Ter capacidade para concibir, deseñar, poñer en práctica e manter sistemas de ciberseguridade |
A12 |
CE12 - Coñecer o papel da ciberseguridade no deseño das novas industrias, así como as particularidades, restricciones e limitacións que teñen que acometerse para obter unha infraestructura industrial segura |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B4 |
CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións ---e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan--- a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo |
B6 |
CG1 - Ter capacidade de análisis e síntesis. Ter capacidade para proxectar, modelar, calcular e diseñar solucións de seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións en todos os ámbitos de aplicación |
B8 |
CG3 - Capacidade para o razonamiento crítico e a evaluación crítica de calquera sistema de protección da información, calquera sistema de seguridade da información, da seguridade das redes e/ou os sistemas de comunicacións |
C4 |
CT4 - Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprenderán o papel dun firewall na estratexia de seguridade dun dispositivo final ou da rede á que protexe |
AP2 AP8
|
BP2 BP6
|
|
Serán quen de describir que son as políticas de acceso e de deseñar/especificar o conxunto das mesmas que son requiridas nun escenario ou caso particular |
AP8 AP12
|
BP2 BP4 BP6 BP8
|
CP4
|
Coñecerán os diferentes tipos de filtrado de paquetes (con/sen estado) e os firewalls de nivel de aplicación, e saberán configuralos en diversas plataformas |
AP2
|
BP6 BP8
|
|
Poderán deseñar e describir, para un escenario/topoloxía concretos, configuracións alternativas para coloca-lo firewall dentro da rede corporativa (sistema fortificado, DMZ, tornalumes distribuído) |
AP8
|
BP2 BP6 BP8
|
|
Serán quen de describi-los principios básicos que sustentan a deteción de intrusións, os sensores habituais que se usan para a recopilación de información, e as técnicas de análise (deteción de anomalías, versus deteción heurística) que deciden cando disparar unha alarma. Coñecerán posibles solucións técnicas (HIDS, NIDS, IPS, SIEM, honeypot), que saberán instalar e configurar para algunhas plataformas e implementacións particulares |
AP2 AP8
|
BP6 BP8
|
|
Estarán familiarizados cos conceptos de túnel e virtualización de redes, e serán quen de elixir e implementar a tecnoloxía de rede privada virtual máis axeitada para diferentes escenarios |
AP2 AP4
|
BP6
|
|
Poderán explica-los principios sobre os que se constrúen as redes anónimas |
AP2
|
BP4 BP5
|
CP4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Deseño de Redes Seguras |
1.1. Arquitecturas de Rede Corporativa
1.2. Patróns de deseño
1.3. Aproximacións de seguridade perimetral
|
2.- Fundamentos de IPv6 |
2.1. Enderezos de rede IPv6
2.2. Configuración de enderezos IPv6
2.3. Enderezos multicast en IPv6
2.4. ICMPv6
2.5. Protocolos de encamiñamento en IPv6 |
3.- Fortificación dos Dispositivos de Rede |
3.1. Arquitectura interna dos Dispositivos de Rede
3.2. Protección do Plano de datos
3.3. Protección do Plano de control
3.4. Protección do Plano de xestión |
4. Firewalls |
4.1. Filtrado de paquetes estático
4.2. Filtrado dinámico de paquetes
4.3. Filtrado en capa de aplicación
4.4. Firewalls baseados en zonas de seguridade
4.5. Next-Generation Firewalls
4.6. NAT/NATP |
5. IDS/IPS |
5.1. Sistemas baseados en rede
5.2. Sistemas baseados en equipo final |
6. Monitorización |
6.1. Syslog
6.2. SNMP
6.3. Netflow
6.4. SIEM |
7. VPNs sobre MPLS |
7.1 Introdución a tecnoloxía MPLS
7.2 VPNs de MPLS |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A2 A8 B2 B5 B6 |
21 |
60 |
81 |
Proba obxectiva |
A8 B2 B4 B6 B8 |
2 |
0 |
2 |
Proba práctica |
A8 B2 B6 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A2 A4 A8 A12 B8 C4 |
21 |
42 |
63 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Nas que o estudante verá o funcionamento na práctica dalgún dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas, o alumno utilizará diferentes ferramentas (equipamento de rede, simuladores de rede, ferramentas de monitorización, etc.) propostas polos profesores, que lle van permitir afondar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos das redes seguras.
Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, proporanse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de forma opcional. |
Proba obxectiva |
Ao remate da exposición da materia, llevarase a cabo unha proba tipo test que permitirá valorar os coñecementos teóricos e habilidades prácticas acadadas durante o desenvolvemento do curso.. |
Proba práctica |
Ao remate da realización dos laboratorios de prácticas, realizarase unha proba na que o alumno deberá demostrar-las competencias adquiridas. Partindo dun escenario inicial (rede non segura) solicitarase ao estudante que a protexa utilizando estratexias e técnicas abordados na materia, especialmente nos laboratorios prácticos.
|
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario, incluíndo exemplos ilustrativos e con soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntes, copia das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar cada día en clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.
As sesións maxistrais poderán ser complementadas coa realización de conferencias nas que acudirá algún experto externo para tratar algún tema con maior profundidade. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.
Todos os profesores da materia proporán ademais un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba práctica |
A8 B2 B6 |
Ao remate da realización dos laboratorios de prácticas, realizarase unha proba na que o alumno deberá demostrar-las competencias adquiridas. Partindo dun escenario inicial (rede non segura) solicitarase ao estudante que a protexa utilizando estratexias e técnicas abordados na materia, especialmente nos laboratorios prácticos. |
30 |
Prácticas a través de TIC |
A2 A8 B2 B5 B6 |
As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co deseño e implementación de Redes Seguras. Levarase a cabo unha memoria das prácticas para valorar o nivel de comprensión e o traballo desenvolvido polo alumno |
20 |
Proba obxectiva |
A8 B2 B4 B6 B8 |
Ao final da exposición da materia, realizarase unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados, tanto nas sesións teóricas como nas prácticas |
50 |
|
Observacións avaliación |
Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para supera-la materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota final na proba obxectiva e nas prácticas (prácticas a través de TIC e proba práctica). En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5. PRIMEIRA OPORTUNIDADE A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase mediante a presentación de catro memorias de prácticas relacionadas cos exercicios de laboratorio e terá un peso total do 20% da nota final. Realizarase tamén unha proba práctica que terá un peso do 30% sobre a nota final. Será preciso obter un mínimo dun 40% en prácticas (prácticas a través de TIC e proba práctica) para supera-la materia. O 50% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán conservar a nota obtida nas prácticas ou na proba obxectiva da primeira oportunidade sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ao 50% do seu peso na nota final. A avaliación das prácticas na segunda oportunidade levarase a cabo mediante a defensa dun exercicio único en laboratorio, á finalización da proba obxectiva da segunda oportunidade. O 45% da nota restante da segunda oportunidade poderase conseguir por medio da realización dunha proba obxectiva (examen), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos en clase de teoría, prácticas, titoriais proporcionados e material bibliográfico básico. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA Os alumnos conservarán a nota do traballo titorizado realizado durante o proceso de avaliación continua da primeira oportunidade da convocatoria inmediatamente anterior. Poderán conserva-la nota obtida en prácticas ou na proba obxectiva da convocatoria inmediatamente anterior, sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ó 50% do seu peso final. A avaliación das prácticas (50% da nota final) levarase a cabo mediante unha proba práctica. O 50% da nota restante poderá conseguirse por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos en clase de teoría, prácticas, titoriais proporcionados e material bibliográfico básico. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Omar Santos (2020). CCNP and CCIE Security Core SCOR 350-701 Official Cert Guide. Cisco Press
Wendell Odom (2019). CCNA 200-301 Official Cert Guide Library. Cisco Press
Brad Edgeworth, Kevin Wallace, Jason Gooley, David Hucaby, Ramiro Garza Rios (2019). CCNP and CCIE Enterprise Core ENCOR 350-401 Official Cert Guide. Cisco Press
Anthony Bruno; Steve Jordan (2020). CCNP Enterprise Design ENSLD 300-420 Official Cert Guide: Designing Cisco Enterprise Networks. Cisco Press |
|
Bibliografía complementaria
|
Kulbir Saini (2011). Squid Proxy Server 3.1 Beginner's Guide. Packt Publishing |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Test de Intrusión/614530008 | Seguridade en Comunicacións/614530004 |
|
|