Para superar a materia é necesario completar as distintas partes nas que se divide (exame ou exames acerca dos contidos expostos na sesión maxistral e proxectos). A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes.
Así, se a nota das sesións maxistrais é NT, e a nota do proxecto é NP, a nota final será:
Nota = NT^0.2 ? NP^0.8
Durante o primeiro mes, os estudantes deberán indicar explicitamente e por escrito o seu desexo de cursar a materia seguindo a avaliación única. Noutro caso considerarase que seguen a avaliación continua. Aqueles que sigan a avaliacióncontinua non se poderán considerar "non presentados" unha vez se realice a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa.
Os alumnos que opten pola avaliación única deberán presentar adicionalmente un dossier que deberá defender presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto. No caso de seguir a avaliación única, os alumnos deberán realizar o traballo de forma individual, salvo que o profesorado lles comunique explicitamente a autorización para realizalo en grupo.
Segunda oportunidade
Só poderán optar á segunda oportunidade aqueles alumnos que non superaron a primeira oportunidade (ao finalizar o cuadrimestre). A avaliación será a descrita nos apartados anteriores, pero adicionalmente será preciso presentar un dossier que deberá ser defendido presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto.
Aqueles estudantes que seguisen a avaliación continua poden optar por manter as notas obtidas na primeira oportunidade para as distintas partes da materia ou descartalas.
Outros comentarios
As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.
Aínda que o proxecto se desenvolverá (na medida do posible) en grupos, os alumnos deben deixar evidencias do seu traballo individual dentro do grupo. No caso no que o rendemento dun alumno ou alumna non sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo, considerarase a súa expulsión do mesmo e/ou poderá ser avaliado de forma individual nesta parte.
O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado.
En caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún dos traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán o asunto ás autoridades académicas para que tome as medidas oportunas.