Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender a importancia dos obxectivos da programación. Coñecer os aspectos xerais sobre as linguaxes e paradigmas da programación. Coñecer pseudocódigo e a sintaxis da linguaxe C utilizado para describir algoritmos e programas. Coñecer os pasos para a realización dun programa e os seus principais compoñentes. Coñecer os tipos de datos básicos usando a linguaxe C. Coñecer as estruturas de control da programación estructurada e as diferenzas entre elas. Coñecer todos os aspectos relacionados coa realización de funcións e procedementos. |
A4 A5
|
B1 B3 B4
|
|
Coñecer e comprender a importancia dos obxectivos da programación. Coñecer os aspectos xerais sobre as linguaxes e paradigmas da programación. Coñecer pseudocódigo e a sintaxis da linguaxe C utilizado para describir algoritmos e programas. Coñecer os pasos para a realización dun programa e os seus principais compoñentes. Coñecer os tipos de datos básicos usando a linguaxe C. Coñecer as estruturas de control da programación estructurada e as diferenzas entre elas. Coñecer todos os aspectos relacionados coa realización de funcións e procedementos. |
A4 A5
|
B1 B3 B4
|
|
Ser capaz de realizar o seguimiento dun algoritmo (en pseudocódigo) ou programa (en linguaxe C), explicar que realiza, e atopar posibles erros. Ser capaz de resolver pequenos algoritmos e programas. A partir da formulación dun problema de pequena-mediana envergadura saber realizar o programa para resolvelo: tendo en conta os obxectivos da programación estruturada. Realizar a descomposición adecuada implementando as funcións e procedementos necesarios correctamente. Empregar un estilo de programación apropiado: saber facer bo uso de identificadores, comentarios xustos, saber establecer precondiciones e postcondiciones, saber realizar un bo deseño das interfaces de procedementos e funcións, saber elixir e utilizar os tipos e estruturas de datos adecuados, saber elixir e utilizar as estruturas de control convenientes. Saber facer bo coñecemento da parte da linguaxe que se explique. |
A4 A5
|
B1 B3 B4
|
C3 C6 C7
|
Ser capaz de realizar o seguimiento dun algoritmo (en pseudocódigo) ou programa (en linguaxe C), explicar que realiza, e atopar posibles erros. Ser capaz de resolver pequenos algoritmos e programas. A partir da formulación dun problema de pequena-mediana envergadura saber realizar o programa para resolvelo: tendo en conta os obxectivos da programación estruturada. Realizar a descomposición adecuada implementando as funcións e procedementos necesarios correctamente. Empregar un estilo de programación apropiado: saber facer bo uso de identificadores, comentarios xustos, saber establecer precondiciones e postcondiciones, saber realizar un bo deseño das interfaces de procedementos e funcións, saber elixir e utilizar os tipos e estruturas de datos adecuados, saber elixir e utilizar as estruturas de control convenientes. Saber facer bo coñecemento da parte da linguaxe que se explique. |
|
B1 B3 B4
|
C3 C6 C7
|
Aprendizaxe autónoma. Planificación das actividades a desenvolver. Capacidade de abstracción. Toma de decisións. Capacidade de iniciativa e participación. |
|
B3 B4
|
C3 C6 C7
|
Aprendizaxe autónoma. Planificación das actividades a desenvolver. Capacidade de abstracción. Toma de decisións. Capacidade de iniciativa e participación. |
|
B3 B4
|
C3 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1 CONCEPTOS BÁSICOS |
1.1 Algoritmos
1.1.1 Representación de algoritmos
1.2 Programas
1.2.1 Tipos de programas
1.3 Linguaxes de programación
1.3.1 Unha visión histórica
1.3.2 Clasificación das linguaxes
1.3.3 Instrucións máis importantes
1.3.4 Propiedades das linguaxes
1.4 Tradutores e Compiladores
1.5 Estrutura dun programa
1.6 Elementos dun programa
1.6.1 Símbolos predefinidos
1.6.2 Símbolos especiais
1.6.3 Identificadores
1.6.4 Etiquetas
1.6.5 Comentarios
1.6.6 Directivas
1.6.7 Constantes
1.6.8 Números
1.6.9 Cadeas de carácteres
1.6.10 Variables: Declaración e iniciación
1.6.11 Variables: Dirección de Memoria
1.7 Saída e Entrada
1.7.1 Sentenzas de saída
1.7.2 Sentenzas de entrada
1.8 Tipos de datos e operadores
1.8.1 Tipos de datos
1.8.2 Operadores
1.8.3 Expresións |
2 SENTENZAS DE CONTROL |
2.1 Secuencial
2.2 Alternativa
2.2.1 A sentenza condicional simple
2.2.2 A sentenza condicional múltiple
2.3 Repetitiva
2.3.1 Introdución
2.3.2 Variables asociadas aos bucles
2.3.3 Funcionamento dos diferentes tipos de bucles
2.3.4 Bucle FOR
2.3.5 Equivalencia entre bucles
2.3.6 Erros nos bucles
2.3.7 Deseño de bucles |
3 ARQUITECTURA DUN PROGRAMA |
3.1 Funcións e Procedementos
3.1.1 Tipos de funciones y procedimientos
3.1.2 Parámetros por valor e referencia
3.1.3 Parámetros protexidos
3.1.4 A pila de activación de procedementos e funcións
3.1.5 Variables globais e locais: Alcance
3.1.6 Efectos laterais
3.2 Recursividade
3.2.1 Natureza da recursividade
3.2.2 Recursión infinita |
4 ESTRUTURAS SIMPLES DE DATOS |
4.1 Arrays e Matrices
4.1.1 Tipo de dato ARRAY
4.1.2 Declaración dun Array
4.1.3 Arrays de máis dunha dimensión
4.1.4 Operacións con Arrays e Matrices
4.2 Rexistros
4.2.1 Tipo de dato rexistro
4.2.2 Operacións con rexistros
4.3 Cadeas de caracteres
4.3.1 Cadeas de lonxitude fixa
4.3.2 Cadeas de lonxitude variable
4.4 Operacións básicas sobre Arrays
4.4.1 Búsqueda
4.4.2 Ordenación |
5 ENTRADA / SAIDA |
5.1 Ficheiros
5.2 Tipos
5.3 Operaciones e modos de acceso
5.4 Funcións e procedementos predefinidos específicos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A5 B1 B3 C6 C7 |
30 |
30 |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A4 A5 B1 B3 B4 C3 C6 C7 |
20 |
50 |
70 |
Seminario |
B4 C3 C6 |
8 |
10 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións de teoría, o profesor describe os obxectivos e os contidos da materia, para dar unha visión particular do tema a tratar e relacionalo con outros dentro da asignatura
Despois desenvólvese o tema correspondente na forma de sesión maxistral, axudándose das ferramentas técnicas dispoñibles, facendo fincapé en certas cuestións nas que o alumno debe profundar no seu autoaprendizaxe.
O obxectivo é que o alumno aprenda a algoritmizar, utilizar as estruturas básicas de datos e resolver sinxelos problemas de programación. Utilizarase como linguaxe de codificación o C
As sesión maxistrais poden ser presenciais ou a través de plataformas informáticas como TEAMS. Tamen se poden incluir videos explicativos de diferentes partes dos contidos teóricos |
Prácticas de laboratorio |
Nas sesións de prácticas o alumno realizará programas en papel para despois codificalo en Linguaxe C, compilalo, executalo e comprobar o seu nivel de corrección.
Os enunciados dos programas proporcionaranse coa suficiente antelación para que os alumnos poidan aproveitar mellor o seu tempo.
É misión do profesor supervisar o código xerado polo alumno para resolver dúbidas, corrixir malos estilos de programación e corrixir erros, contando con que o profesor non é un compilador que busca erros.
|
Seminario |
Nas sesións de seminario realizaranse exercicios e prácticas coa finalidade de detectar nos alumnos lagoas de coñecemento na materia impartida ata ese momento, e dar as explicacións e/ou referencias necesarias para enmendalas
As sesión de seminarios para resolver dúbidas poden ser presenciais ou a través de plataformas informáticas como TEAMS. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Tanto nas sesións maxistrales como nos laboratorios de prácticas e nas sesións de seminario levarase unha atención personalizada do alumno, en distintos niveis segundo sexa o tipo de clase, detectando o nivel de asimilación e comprensión dos temas explicados e as prácticas requiridas a implantar.
Nas sesións de seminario é onde se pode chegar máis ao alumno para coñecer as lagoas que presente e indicarlle o camiño para cubrilas.
Os alumnos que teñan matrícula a tempo parcial deben falar, o comezo do curso, con o/os profesores encargados do seu grupo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A4 A5 B1 B3 B4 C3 C6 C7 |
Durante as últimas semanas con prácticas do curso realizarase unha proba no laboratorio usando ordenadores que terá un valor máximo de 3 puntos sobre a nota total do curso (puntuada sobre 10). Será necesario que o programa a realizar polo alumno no laboratorio compile e execute de forma correcta e completa. |
30 |
Sesión maxistral |
A4 A5 B1 B3 C6 C7 |
A nota da asignatura será a suma do obtido na Avaliación Continua (durante as 15 semanas do periodo lectivo correspondente á asignatura) e o obtido no Exame Final.
A nota de AVALIACIÓN CONTINUA, valorada en 4 puntos, divídese en duas partes:
1.- Á metade do curso realizarase unha proba escrita que valerá 1 punto.
2.- Nas últimas semanas de prácticas do curso realízarase unha proba no laboratorio utilizando ordenadores que valerá un máximo de 3 puntos.
O EXAME FINAL de Xaneiro constará de varias preguntas ou exercicios que o alumno terá que desenvolver en código C, e terá un valor de 6 puntos.
O exame oficial, tanto na primeira (xaneiro) como na segunda oportunidade (xullo) constará de varias preguntas ou problemas a desenvolver en código C. Devandito Exame Final na convocatoria de Xaneiro terá un valor máximo de 6 puntos, que se sumarán ao obtido na Avaliación Continua. No Exame Final de Xuño/Xullo terá un valor máximo de 7 puntos que se sumará ao obtido na parte práctica da Evaluación Continua |
70 |
|
Observacións avaliación |
A nota final virá dada pola nota obtida por AVALIACIÓN CONTINUA e a obtida no EXAME FINAL. O Exame Final constará de varias preguntas ou problemas a codificar na linguaxe empregada nas sesións prácticas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
K.N. King (2008). C programming. A modern Approach. Second Edition..
Luis Joyanes Aguilar (2011). Fundamentos de programación : algoritmos, estructuras de datos y objetos. Madrid. McGraw-Hill
Luis Joyanes Aguilar, Ignacio Zahonero Martínez (2005). Programación en C metodología, algoritmos y estructura de datos. Madrid. McGraw-Hill
José R. García-Bermejo Giner (2008). Programación estructurada en C. Pearson
James L. Antonakos , Kenneth C. Mansfield (2004). Programación estructurada en C. Madrid. Prentice-Hall
Kernighan, Brian W. Englewood Cliffs (1988). The C Programming Language. New Jersey. Prentice Hall |
|
Bibliografía complementaria
|
Andrés Marzal, Isabel García (2017). Introducción a la Programación con C. Publicacions de la Universitat Jaume I. Servei de Comunicació i Publicacions
Gabriela Márquez, Sonia Osorio, Noemí Olvera (2011). Introducción a la Programación Estructurada en C. Pearson
Luis Joyanes Aguilar (2002). Programación en C. libro de problemas. Madrid. McGraw-Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Informática Básica/614G01002 |
|
Materias que continúan o temario |
Programación II/614G01006 |
|
Observacións |
O alumno debe ter en conta que debe realizar un labor autodidacta moi importante, seguindo o seguinte esquema: Ler, atender, comprender, preguntar, estudar e practicar. Ler: Lea o tema a tratar antes de asistir ás sesións teóricas. É MOI IMPORTANTE! Atender: Atenda en clase, non só estea de corpo presente. Comprender: Comprenda o que se lle di nas sesións de teoría, e si non pregunte. Preguntar: Pregunte todo o que non comprenda, non quede con dúbidas. Estudar: Estude logo das sesións, para reter o comprendido. Practicar: Faga moitos programas, os que se lle pidan, suxiran, e outros pola súa conta, tanto en papel como no ordenador.
Programación é unha asignatura que non se pode aprender estudando en dous días. O alumno debe ir madurando os conceptos, facer sobre o papel e na máquina moitos programas, aprendendo tamén dos erros ao realizalos. É unha asignatura que, por medio do sistema de avaliación continua, pódese aprobar sen máis que seguir, de forma activa, o ritmo das distintas sesións teóricas e prácticas. Debe facer caso ás indicacións particulares de reforzo de estudo que lle sinale o profesor. |
|