A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas de todas as avaliacións (non existindo un mínimo do apartado de prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva).
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación superior ou igual a 2 puntos (sobre 5 puntos) en cada módulo e superior ou igual a 5 puntos (sobre 10 puntos) na materia. En caso de non superar 2 puntos en algúns dos módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é 4.0 puntos.
Tanto na primeira oportunidade como na segunda, o estudante poderá examinarse nas prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva.
Na segunda oportunidade, poderán presentarse os estudantes que obtiveron a cualificación de SUSPENSO na primera oportunidade.
Convocatorias extraordinarias:
Examen de contidos teóricos, prácticos e problemas: 10 puntos
Estudantes con matrícula a tempo parcial:
Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames. Terá que presentar as prácticas nas mismas datas que o resto dos estudantes da materia.