PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para superar a materia na primera oportunidade é necesario obter:
- Un mínimo do 50% da puntuación máxima asignada ás prácticas de laboratorio.
- Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta.
- Unha cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta e das prácticas de laboratorio, igual ou superior ao 50%.
En caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumprir algunha das condicións necesarias para superar a materia, a nota final que aparecerá nas actas será un Suspenso.
Calquer/a alumno/a que non entregue as prácticas nin realice a proba mixta terá unha cualificación de NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Só poderán presentarse á segunda oportunidade os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade.
As condicións globais necesarias para aprobar requiridas na primeira oportunidade mantéñense coas seguintes consideracións:
- A nota das partes que acadasen o mínimo establecido en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
- Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas de laboratorio no caso de non ter obtido o mínimo establecido en primeira oportunidade.
REPETIDORES
A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%.
ALUMNADO A TEMPO PARCIAL
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberá comunicar a súa situación ao profesorado co fin de establecer unhas condicións adaptadas á súa dispoñibilidade. En calquera caso, os criterios da súa avaliación serán os mesmos que os do resto do alumnado.
FRAUDE
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de Suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.