Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A10 |
CE10 - Coñecemento da arquitectura e funcionamento dos computadores, a interconexión dos compoñentes que os forman e o seu software de sistema básico. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo. |
C1 |
CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender a estrutura básica dun computador e como representa a información internamente |
A10
|
B1 B5
|
|
Coñecer os fundamentos da arquitectura e funcionamento básico dos bloques funcionais dun computador (procesador, memoria, E/S) |
A10
|
B5
|
|
Desenvolver as capacidades básicas para programar a baixo nivel un procesador mediante unha linguaxe ensamblador |
A10
|
B5 B6
|
C1
|
Comprender a estrutura e funcionamento dos subsistemas de memoria, E/S e almacenamento externo dun computador |
A10
|
B1 B5 B6
|
C1
|
Coñecer a estrutura e compoñentes básicos dun sistema operativo e saber utilizalo a nivel de usuario |
A10
|
B5 B6
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Arquitectura básica dun sistema computador |
1.1 Xerarquía de niveis estruturais
1.2 Breve historia da computación
1.3 Modelo von Neumann |
2. Representación da información |
2.1 Sistemas de numeración
2.2 Codificación de números enteros
2.3 Codificación de números reais (IEEE 754) |
3. O procesador |
3.1 Repertorio de instrucións
3.2 Camiño de datos
3.3 Unidade de control |
4. Xerarquía de memoria |
4.1 Memoria principal
4.2 Memoria caché
4.3 Memoria virtual |
5. Subsistema de E/S |
5.1 Módulos de E/S
5.2 Direccionamento dos módulos de E/S
5.3 Xestión da E/S |
6. Software de sistema |
6.1 O sistema operativo
6.2 Procesos
6.3 Sistema de ficheiros |
7. Sistemas de almacenamento |
7.1 Tipos de dispositivos de almacenamento
7.2 RAID de discos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A10 B1 B5 B6 |
10 |
17 |
27 |
Prácticas de laboratorio |
A10 B1 B5 B6 C1 |
20 |
28 |
48 |
Sesión maxistral |
A10 B1 B5 |
30 |
30 |
60 |
Proba obxectiva |
A10 B1 B5 B6 |
3 |
9 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Proporanse aos/ás estudantes problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Tamén se realizarán controis parciais durante o curso, que incluirán cuestións de teoría relacionadas. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias B1, B5 e B6 en relación á competencia A10. |
Prácticas de laboratorio |
Actividade que permite aos/ás estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias B1, B5 e B6 en relación á competencia A10.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C1. |
Sesión maxistral |
Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos estarán centrados na competencia A10. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia. |
Proba obxectiva |
Ao remate do cuadrimestre haberá un exame que avaliará os contidos da materia. A proba fará particular énfase nas competencias A10, B1 e B5, pero sen descoidar o resto de competencias (B6 e C1). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos/ás estudantes na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que van realizando. Por outra banda, recomendarase aos/ás estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.
Os/as estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. Se teñen concedida a dispensa académica de asistencia a clase só necesitan realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A10 B1 B5 B6 |
Proporanse problemas para traballo persoal e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso, que ademais incluirán cuestións teóricas relacionadas. Con estes controis preténdese avaliar as competencias B1, B5 e B6 en relación á competencia A10. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
A10 B1 B5 B6 C1 |
Avaliaranse as prácticas realizadas polos/as estudantes durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias B1, B5, B6 e C1 en relación á competencia A10. |
20 |
Proba obxectiva |
A10 B1 B5 B6 |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse as competencias A10, B1, B5 e B6. |
60 |
|
Observacións avaliación |
- Na primeira oportunidade para poder aprobar a materia será necesario realizar o exame final e ter unha nota total (prácticas máis controis máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Na segunda oportunidade a nota do exame será o 80% do total, isto é, avaliarase todo o temario non tendo en conta os controis parciais. A
nota de prácticas será a obtida durante o curso. Para os alumnos que se presenten á oportunidade adiantada de decembro utilizarase a nota de prácticas que obtiveran no seu
último curso. Para aprobar a materia a nota final (exame máis prácticas) deberá ser igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na proba correspondente.
- As/os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. As/os que teñan concedida a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase só terán que realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
David A. Patterson, John L. Hennessy (2014). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas resueltos de estructura de computadores (2ª ed.). Paraninfo
J. Carretero Pérez, F. García Carballeira, P. de Miguel Anasagasti, F. Pérez Costoya (2007). Sistemas operativos: una visión aplicada. Mc Graw Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Miles J. Murdocca y Vicent P. Heuring (2002). Principios de arquitectura de computadoras. Prentice Hall |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Infraestruturas de Computación de Altas Prestacións/614G02015 |
|
Observacións |
Recoméndase utilizar as horas de titorías dos/as profesores/as para consultas ou resolución de dúbidas sobre a teoría e os exercicios da materia. |
|