Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ofrecer os futuros titulados no Master Oficial un coñecemento esencial sobre o proceso de promoción, desenvolvemento e comercialización de productos e paquetes turísticos |
AP1 AP6 AP7 AM1 AM2 AM3
|
BM1 BM5 BM7
|
CM3 CM7
|
Presentar o concepto de producto turístico e a sua tipoloxía co fin de profundizar no coñecemento do proceso de diseñodos mesmos, desde a xeración de ideas ate o momento do lanzamento ó mercado dos novos productos, así como os factores determinantes da difusión dos mesmos e as claves do éxito ou fracaso do proceso |
AP1 AP6 AP7 AM2 AM3
|
BM1 BM4 BM5 BM7 BM10
|
CM2 CM3 CM7
|
Saber desenvolver a implementación de programas e plans de comunicación dirixidos á promoción de productos turísticos a través do análisise do mix promocional |
AP6 AP7 AM1 AM3
|
BM2 BM3
|
CM1 CM4 CM8 CM9
|
Conseguir do alumnado un nivel de coñecementos adecuado en orden a permitirlles non solo profundizar no alcance da comunicación social como unha das variables esenciais do marketing operativo,senón tamén no manexo das diferentes técnicas da promoción de destinos turísticos. |
AP6 AP7 AM1 AM2 AM3
|
BM1 BM2
|
CM1 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
I. Introdución á promoción e comunicación dos produtos e destinos turísticos |
2. Marketing estratéxico no sector turístico |
II. Marketing relacional no sector turístico
III. Fidelización de clientes e estratexias no sector turístico
IV. Calidade e satisfacción no sector turístico
|
3. Marketing operativo no sector turístico |
V. Produto, prezo e distribución no sector turístico
VI. A comunicación e o marketing turístico
VII. A publicidade e o sector turístico
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A11 A12 A6 A7 A10 B2 B4 B7 B10 C1 C2 C4 C8 C9 |
10 |
15 |
25 |
Sesión maxistral |
A1 A11 A6 A7 A10 B1 B3 B5 C7 |
35 |
55 |
90 |
Análise de fontes documentais |
A12 B1 B3 B5 B10 C3 C7 C8 |
10 |
15 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Requiriráselle ao alumnado presencial o desenvolvemento dun traballo de aplicación práctica consistente na realización dun plan de promoción e comercialización dun produto ou destino turístico, cos seguintes obxectivos:
-Efectuar unha aproximación á realidade da actividade profesional no ámbito da promoción e comercialización de produtos e destinos turísticos. Por iso o traballo non poderá presentar elementos de ficción.
-No traballo reflectiranse adecuadamente os contidos conformadores da materia.
O formato do traballo será:
-Soporte dixital e en formato pdf.
-A extensión de cada traballo terá un máximo de 30 páxinas.
-En todo o traballo terá que identificarse as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía.
A estrutura tipo do traballo será:
-Introdución
-Descrición e análise do mercado, contorna e competencia para o produto ou destino elixido.
-Definición e análise do público obxectivo
-Delimitación dos atributos do produto/destino
-Posicionamento
-Estratexias de promoción e comercialización
-Plans de acción
A bibliografía recomendada con carácter básico é:
Kotler, Bowen, Makens (2015), "Marketing turístico", Pearson, Madrid.
Kotler, P. et al. (2004), “Marketing para el Turismo”, Pearson, Madrid.
Serra, A. (2000), “Marketing Turístico”, Pirámide, Madrid
Bigne, E. et al. (2000), “Marketing de Destinos Turísticos”, Esic, Madrid
Ries, A y Trout, J. (2002), “Posicionamiento”, McGraw-Hill
Elizagarate, V. (2008), “Marketing de Ciudades”, Pirámide.
Alcázar, B. (2002), “Los Canales de Distribución en el Sector Turístico”, Esic
Baack, C. (2010), “Publicidad, Promoción y Comunicación Integral en Marketing”, Pearson
Na modalidade presencial, serán os docentes os que propoñan nos primeiros días de clase os diferentes temas de traballo e configuren os equipos de traballo asignando os respectivos membros a cada un.
As entregas de traballos deberán facerse a través do enlace do Campus Virtual habilitado para tal efecto. A data de entrega, exposición e revisión do traballo confirmarase nos primeiros días de clase.
|
Sesión maxistral |
Para a modalidade presencial utilizarase unha mestura de clases maxistrais coa posibilidade de discusión de casos reais e exercicios prácticos. Para o mellor aproveitamento da clase faise indispensable a participación activa dos/as alumnos/as, tanto na discusión dos conceptos como dos casos que se traten.
Aquelas dúbidas que se susciten entre o alumnado poderán exporse presencialmente e tamén por correo electrónico e Teams.
|
Análise de fontes documentais |
A finalidade desta actividade consiste en desenvolver a visión crítica do alumnado, de forma individual, sobre cuestións relacionadas cos contidos da materia e plasmadas en traballos de carácter fundamentalmente teórico. As lecturas facilitaranse a través do Campus Virtual e a data de entrega coincidirá coa finalización das clases presenciais e en ningún caso poderá atrasarse. O método para entregar a lectura será a través do enlace habilitado no Campus Virtual para tal efecto.
O alumnado deberá traballar e entregar unha das catro lecturas propostas.
Con cada lectura efectuarase por parte do alumnado as seguintes tarefas:
-Síntese do texto
-Procura de referencias bibliográficas que respondan a textos complementarios da lectura proposta.
-Elaboración dunha análise crítica da lectura facilitada, sobre a base da bibliografía complementaria.
O formato do traballo será:
-Soporte dixital é en formato pdf.
-O documento elaborarase en letra Times New Roman, corpo 12, e interlineado 1,5.
-A extensión de cada traballo terá un mínimo de 5 páxinas e un máximo de 10.
-En todo traballo haberá que identificar as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Farase un exhaustivo seguimento personalizado de todo o traballo desenvolto ao longo da materia.
A través do Campus Virtual o propio alumnado presencial poderá revisar tamén os PDFs que conteñen a información teórica e que lles permitirán ser un complemento ás fontes bibliográficas recomendadas.
En calquera momento os/as alumnos/as presenciais poderán contactar co profesorado vía correo electrónico para resolver calquera dúbida relacionada co traballo práctico e marcar, de ser necesario, unha titoría presencial. valejand@udc.es, oscarjb@udc.es e eva.sanchez.amboage@udc.es.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A12 B1 B3 B5 B10 C3 C7 C8 |
Para o traballo individual de análise de fontes documentais os criterios de valoración serán:
-Claridade e concisión
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Achega propia sustentada no correspondente marco teórico
Todos os traballos valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 30% sobre a nota final de avaliación da materia.
|
30 |
Sesión maxistral |
A1 A11 A6 A7 A10 B1 B3 B5 C7 |
Valorarase a asistencia e participación na clase do alumnado presencial.
Tamén se valorará a participación activa nos foros/debates que se propoñan no Campus Virtual.
|
10 |
Traballos tutelados |
A1 A11 A12 A6 A7 A10 B2 B4 B7 B10 C1 C2 C4 C8 C9 |
Levarase a cabo unha avaliación continua e individualizada do traballo de cada alumno/a no traballo tutelado na modalidade presencial.
Os criterios de valoración da avaliación continua serán:
-Actitude
-Proactividade
-Resolución de problemas
-Implicación
A ponderación da avaliación continua sobre a nota final será dun 20%.
Os criterios de valoración do traballo escrito serán:
-Adecuada estruturación do traballo
-Claridade e concisión no desenvolvemento
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Orixinalidade das ideas propostas
-Viabilidade do plan
-Estética do documento
A ponderación do traballo escrito sobre a nota final será dun 20%.
Os criterios de valoración das presentacións orais faranse de xeito individualizado e serán:
a) Organización e capacidade de síntese
b) Interese do contido
c) Precisión e claridade de exposición
d) Adaptación ao tempo (10 minutos)
e) Estética do documento de presentación
A ponderación da presentación oral sobre a nota final será dun 20%. Deste bloque os ítems "a, b, d, e" ponderarán un 10% e o ítem "c" o outro 10%.
Tanto a avaliación continua, como o traballo escrito e a presentación oral valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 60% sobre a nota final de avaliación da materia.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a asignatura será necesario ter unha calificación de máis de 5 puntos en todas e cada unha das partes (análise de fontes documentais, traballo tutelado e participación en foros). O sistema de evaluación será o mismo para ambas oportunidades. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Bel, I. (2004). Comunicar para crear valor. La dirección de comunicación en las organizaciones. Pamplona, EUNSA
Best, R. (2007). Marketing estratégico. Madrid, Pearson-Prentice Hall
Kotler, Bowen, Makens (2015). Marketing Turístico. Pearson
de la Ballina Ballina, F. J. (2017). Marketing turístico aplicado. ESIC
Moreno, M. R. (2020). Marketing turístico: Fundamentos y dirección. Ediciones Pirámide
Martínez, V.A., Juanatey, O., Sánchez, E. (2022). Material básico para el seguimiento de las sesiones magistrales. |
Os manuais referenciados son de simple consulta para as posibles dúbidas que poidan xurdir ao longo do curso ou para aquel alumnado que queira profundar en temas específicos. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|