Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Formular un proxecto de investigación, cunha comprensión profunda da súa estrutura lóxica e metodolóxica |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM5
|
BM3 BM6 BM15 BM17
|
CM3 CM5 CM7
|
Redactar informes de resultados de investigación cunha linguaxe axeitada e profesional |
AM1 AM2 AM4 AM5
|
BM5 BM6 BM17
|
CM5 CM6
|
Preparar unha presentación pública dos resultados da investigación |
AM1 AM2
|
BM5 BM13 BM17
|
CM6 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A formulación da investigación e o seu proceso I |
- A identificación do problema de investigación.
- Teorías de alcance intermedio.
- Requisitos iniciais dunha investigación social.
|
Tema 2. A formulación da investigación e o seu proceso II (o anteproxecto) |
- Elección de tema de interese.
- Definición dun tema de investigación (perspectiva, obxectivos, tipos e enfoque).
- Viabilidade, xustificación e impacto da investigación.
|
Tema 3. A formulación da investigación e o seu proceso III (o proxecto) |
- Marco teórico.
- Hipóteses.
- A elección metodolóxica. |
Tema 4. O traballo de fin de mestrado |
- O TFM no contexto dun proxecto de investigación.
- Análise de resultados.
- Conclusións.
- Bibliografía.
- Outras consideracións.
|
Tema 5. A presentación dos resultados |
- Recursos informáticos para a elaboración de presentacións
- Técnicas de exposición oral |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 B3 B6 B13 B15 B17 C3 C5 C6 C7 |
18 |
20 |
38 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 B3 B5 B6 B13 B15 C3 C5 |
18 |
15 |
33 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Traballo individual que consiste no deseño dun proxecto de investigación social aplicada, e que está pensado para facilitar a realización do TFM do alumno/a.
Cada alumno/a elixirá un tema monográfico sobre o que realizar o traballo sobre un tema relacionado coas especialidades do Máster. Para un maior aproveitamento da materia recoméndase que o tema coincida co TFM.
O traballo será explicado na aula e subiranse as instrucións concretas sobre a realización deste ao campus virtual da materia, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade en liña. Nalgunhas sesións de aula existirán breves espazos para a posta en común en relación ao desenvolvemento deste traballo. Para o alumnado en liña, establecerase un sistema de seguimento a través do campus virtual, ou por correo electrónico.
|
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do profesorado dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais, lecturas e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes.
O material das sesións maxistrais porase a disposición na plataforma virtual da materia para o alumnado en liña e presencial.
Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Levarase a cabo un seguimento personalizado dos traballos tutelados, tanto nas sesións de traballo que se desenvolvan en clase, como en horario de titorías.
No caso de alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo de curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e asistencia. As titorías, que haberá que solicitar con antelación, realizaranse preferentemente de maneira virtual (vía Teams ou correo electrónico). O material de traballo utilizado na clase, porase a disposición a través da plataforma virtual da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 B3 B6 B13 B15 B17 C3 C5 C6 C7 |
Traballo individual que consiste no deseño dun proxecto de investigación social aplicada, e que está pensado para facilitar a realización do TFM do alumno/a.
Cada alumno/a elixirá un tema monográfico sobre o que realizar o traballo sobre un tema relacionado coas especialidades do Mestrado.
Para a correcta realización do traballo é necesaria a participación activa: asistencia (alumnos/as presenciais) e seguimento continuado (alumnos/as en liña).
|
100 |
|
Observacións avaliación |
É condición indispensable para superar a
materia, obter como mínimo no traballo tutelado, a metade da máxima
cualificación outorgable (5 de 10). A avaliación do alumnado da modalidade en liña ou con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de
exención de asistencia, será igual que a do alumnado con dedicación completa.
Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos
cualificables serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.
O alumnado en modalidade en liña poderá contar con titorías vía
Teams (previa cita) ou por correo electrónico.
O plaxio no traballo individual, unha vez comprobado,
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
convocatoria correspondente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Bravo Almonacid, F. y Galar, S. (2020). Avanzar hacia la construcción de un problema de investigación cualitativo. Universidad Nacional de Entre Ríos
Martín Gutiérrez, I. (ed.) (2016). Diseño de proyectos de investigación-desarrollo y propuestas metodológicas. Universidad Técnica Particular de Loja
González Mateos, A. y Salido Ruiz, G. (2013). Diseño de un proyecto de investigación básico. Universidad de Extremadura
García Ferrando, M.; Ibáñez, J. y Alvira Martín, F. (1986,2000). El análisis de la realidad social. Métodos y tecnicas de investigación. Madrid: Alianza
Hesse-Biber, N. y Leavy, P. (eds.) (2006). Emergent methods in social research. Thousand Oaks: Sage
Quivy, R. y Campenhoudt, L. V. (2005). Manual de Investigación en Ciencias Sociales. México:Limusa
Quivy, R. y Campenhoudt, L.V. (2005). Manual de Investigación en Ciencias Sociales. México:Limusa
Hernández Sampieri, R.; Fernández Collado, C. y Baptista Lucio, M. P. (2010). Metodología de la investigación. Madrid: McGraw-Hill
López Roldán, P. y Fachelli, S. (2015). Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Bellaterra: Dipòsit Digital de Documents, Universitat Autònoma de Barcelona
Corbetta, P. y Fraile Maldonado, M. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill
Viedma, A. y Callejo, J. (2005). Proyectos y estrategias de investigación social: la perspectiva de la intervención . Madrid: McGraw-Hill
Creswell, John W. (1994). Research design: qualitative and quantitative approaches. Thousand Oaks: Sage |
A bibliografía é orientativa. |
Bibliografía complementaria
|
Warbuton, Nigel (2012). Cómo aprender a escribir. Barcelona: Paidós
King, G., Verba, S. y Keohane, R. O. (2000). El diseño de la investigación social. La inferencia científica en los estudios cualitativos.. Madrid: Alianza
Lozares, C.; Martín, A. y López, P. (1998). El tratamiento multiestratégico en la investigación sociológica.. Papers, 55, 27-43
Alvira Martín, F. (2011). La encuesta: Una perspectiva general metodológica. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Thomas, J. y Harden, A. (2008). Methods for the Thematic Synthesis of Qualitative Research in Systematic Reviews. BMC Medical Research Methodology, 8(45)
Cea D´Ancona, M. A. (2004). Métodos de encuesta: Teoría y práctica, errores y mejora. Madrid: Síntesis
Delgado, J. M. y Gutiérrez, J. (coord.) (1994). Métodos y técnicas cualitativas de investigación en Ciencias Sociales.. Madrid: Síntesis
Jorge Sierra, E. (2003). Nuevos elementos para la reflexión metodológica en sociología. Del debate cuantitativo/cualitativo al dato complejo. Papers, 70, 57-81
Valles Martínez, M. (1997, 2003). Técnicas cualitativas de investigación social: reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais/615525007 | Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais/615525008 | Deseño, xestión e avaliación de políticas sociais/615525009 | Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais/615525010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Traballo Final de Mestrado (TFM)/615525031 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para lograr un maior aproveitamento da materia, recoméndase elixir
o tema do Traballo de Fin de Máster antes de cursala.
O alumnado (independentemente da modalidade escollida) deberá
revisar regularmente o campus virtual da materia e consultar os
documentos.
A vía de comunicación co profesorado da materia será a
institucional, é dicir, o correo da udc. |
|