Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Diferenciar entre distintos paradigmas de investigación social e ser capaz de combinalos de forma orixinal, creativa e nova para o deseño dunha investigación social básica ou aplicada e coñecer e aplicar os principais avances realizados recentemente na epistemoloxía da investigación social e utilizalos para identificar problemas e retos sociais emerxentes en contextos de investigación científica altamente especializados. |
AM10 AM11 AM20 AM23
|
|
|
Coñecer os principios éticos da investigación social, os protocolos existentes de protección de datos, os formularios de consentimento informado, así como os compoñentes dun informe a este respecto. Deben estar capacitados/as para seleccionar os procedementos adecuados que garantan o mantemento dos principios éticos en distintos contextos de investigación social. |
AM5 AM12
|
|
|
Saber cales son as distintas fontes de financiamento da investigación social e elaborar proxectos de investigación competitivos con diferentes deseños en función do obxecto de estudo. Así como desenvolver as habilidades necesarias para participar en proxectos de investigación en contextos interdisciplinares. |
AM16 AM19
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A avaliación no contexto do deseño de proxectos sociais. |
1.1. A planificación como metodoloxía de traballo: o plan, o programa e o proxecto.
1.2. Análise de contextos e diagnoses: metodoloxías e técnicas para a diagnose de contextos sociais; matriz DAFO e sociogramas. O potencial das metodoloxías participativas.
1.3. Obxectivos xerais, obxectivos específicos e obxectivos operativos: diferenza entre tipos de obxectivos no proxecto. A vinculación entre os obxectivos e os instrumentos de avaliación.
1.4. A metodoloxía. A construción da metodoloxía a partir do Enfoque do Marco Lóxico. A diferenza por fases na acción planificada. O cronograma. O plan de comunicación.
1.5. A avaliación do proxecto: Conceptos crave, ética política e calidade da avaliación.
|
Tema 2. Fases avaliativas: avaliación das necesidades, evolución do proceso, avaliación final, seguimento e control. |
2.1. Os tipos de Avaliación. Pola súa localización temporal. Segundo o seu obxecto. Por quen a fai. Polos seus instrumentos.
2.2. A análise estratéxica e o proceso da avaliación. A programación en avaliación e os Termos de Referencia. Momentos na execución da avaliación. Axentes en avaliación. Os “stakeholders”.
|
Tema 3. Tipos de sistemas e metodoloxías avaliativas. |
3.1. O deseño metodolóxico da avaliación. Tipos de deseño (cualitativo, cuantitativo e participativo). Os criterios de avaliación (o EML): Eficiencia, eficacia, impacto, pertinencia, viabilidade e cobertura. A operacionalización: os indicadores da avaliación. |
Tema 4. Instrumentos avaliativos en programas / proxectos sociais. |
4.1. As principais técnicas de avaliación: vantaxes e inconvenientes. As técnicas cuantitativas: a enquisa. As técnicas cualitativas: a entrevista, o GD, a observación directa. A metodoloxía participativa. |
Tema 5. Ética da investigación social. |
5.1. Principios éticos que rexen na investigación social, regulación existente e principais protocolos aplicables en distintas disciplinas científicas dentro do Estado español e da Unión Europea
5.2. Claves para a elaboración dun informe sobre o mantemento dos principios éticos na investigación social e cuestións prácticas sobre a ética na formulación dos proxectos e na aplicación das técnicas de investigación.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
11 |
44 |
55 |
Obradoiro |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
6 |
12 |
18 |
Presentación oral |
A11 A16 A19 A23 |
4 |
12 |
16 |
Sesión maxistral |
A10 |
16 |
16 |
32 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela das profesoras e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe por parte das docentes.
O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.
Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
|
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, role play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia, que percorrerán todas as fases da elaboración dun proxecto de investigación, e por tanto servirán de guía para a correcta realización do traballo tutelado. |
Presentación oral |
O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías indicadas polas profesoras. A cualificación obtida na presentación será de carácter individual. |
Sesión maxistral |
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A sesión complementarase co uso de medios audiovisuais e a combinación coas actividades do taller, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debates.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Obradoiro |
|
Descrición |
1. Levarase a cabo un seguimento personalizado do traballo tutelado, tanto nas sesións de traballo que se desenvolvan na aula como no horario oficial de titorías (presencial ou a través de Teams)
2. No caso de alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, as titorías poderán levarse a cabo de maneira virtual (Teams).
O material de traballo facilitado na clase incorporarase a plataforma virtual da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.
Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
|
90 |
Presentación oral |
A11 A16 A19 A23 |
O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías indicadas polas profesoras. A cualificación obtida na presentación será de carácter individual. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación: traballos tutelados e exposición oral, serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria. É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiando e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. O uso indebido de citas e referencias bibliográficas pode resultar nunha sanción na cualificación final e o plaxio no suspenso da materia A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través da ferramenta habilitada para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Martí, J. (2000). "La investigación acción participativa: estructura y fases". En, Villasante, T.R.; Montañes, M; Martí, J. La investigación social participativa. Construyendo ciudadanía. Vol I.. Barcelona : El Viejo Topo
Ander-Egg, E.; Aguilar Idánez, M.J. (2005). Cómo elaborar un proyecto : guía para diseñar proyectos sociales y culturales . Buenos Aires : Lumen/Humanitas
García Roldán, J.L. (1995). Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante : Universidad
García Herrero, G.A.; Ramírez navarro, J.M. (1996). Diseño y evaluación de proyectos sociales.. Zaragoza: Ed. Libros Certeza.
Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación (2012). El enfoque del marco lógico : manual para la planificación de proyectos orientada mediante objetivos.. Madrid : Los Libros de la Catarata
Pérez Serrano, G. (1996). Elaboración de proyectos sociales. Madrid: Narcea S.A. de Ediciones.
Cohen,E.; Franco, R. (1993). Evaluación de proyectos sociales. Madrid : Siglo XXI
Aguilar Idánez, M.J.; Ander-Egg, E. (1992). Evaluación de servicios y programas sociales. Madrid : Siglo XXI
Nirenberg, O.; Brawerman,J.; Ruiz, V. (2000). Evaluar para la transformación innovaciones en la evaluación de programas y proyectos sociales. Buenos Aires : Paidós
Santana Leitner, A. (2013). Fundamentos para la investigación social. Madrid: Alianza Editorial
Casal Otero, L. (2006). Gestión de proyectos elementos básicos a tener en cuenta como punto de partida para realizar eficazmente su proyecto. Vigo : Ideaspropias
VV.AA. (2001). Manual de Gestión del Ciclo de Proyecto. COMISIÓN EUROPEA |
NOTA: Esta
bibliografía é susceptible de ser modificada a medida que avanza o curso
académico co fin de adecuarse ás necesidades formativas do alumnado |
Bibliografía complementaria
|
Martínez, J.L.; Aparicio, R. (eds.) (2005). El ciclo del proyecto diseño, gestión y evaluación de proyectos de inserción social de inmigrantes. Madrid : Universidad Pontificia Comillas
Camacho, H.; Càmara, L.; Cascante, R.; Sainz, H. (2001). El enfoque del marco lógico: 10 casos prácticos.. Madrid: CIDEAL-ADC.
Baca Urbina, G. (2006). Evaluación de proyectos. México: McGraw-Hill
Cordoba Padilla, M. (2006). Formulación y evaluación de proyectos . Madrid: ECOE Ediciones
Guinea-Martín, D. [coord.] (2012). Trucos del oficio de investigador : casos prácticos de investigación social. Barcelona : Gedisa |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo de Fin de Máster/615545013 | Prácticas Externas/615545012 | Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos/615545005 | Técnicas de Investigación Cualitativas, Prospectivas e Participativas/615545004 |
|
Observacións |
Ao ser unha materia obrigatoria, cursarana todos o alumno/as matriculados no máster. Os requisitos de acceso son os requisitos xerais de admisión no máster. O alumnado deberá revisar periodicamente a plataforma virtual e consultar os documentos e actividades propostos. As profesoras comunicaranse co alumnado a través da aula Virtual ou do correo electrónico da UDC. A comunicación coa profesora deberase realizar mediante as canles institucionais e utilizando o correo electrónico da universidade. Nesta materia: - Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- De acordo coas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, débese incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, fomentarase a intervención en clase de todos os estudantes, etc. Farase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e incidirá na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, respectarase o dereito á identidade de xénero.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que, por motivos físicos, sensoriais, psíquicos ou socioculturais, experimente dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
- Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
|
|