Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comunicar mensaxes audiovisuais. |
A2 |
Crear productos audiovisuais. |
A3 |
Xestionar proxetos audiovisuais. |
A7 |
Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual. |
A8 |
Coñecela tecnoloxía audiovisual. |
B1 |
Que os estudantes demostraran posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivle que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B8 |
Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
B9 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C1 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C2 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C3 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C4 |
Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comunicar contidos mediante web |
A2 A7 A8
|
B8
|
C2 C3
|
Deseñar materiais e contidos multimedia para publicación en web |
A1 A2 A7 A8
|
B8
|
|
Xestionar a creación dos contidos en función da contorna e obxectivo |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9
|
|
Investigar e analizar a necesidades nun desenvolvemento multimedia así como xestionar os proxectos |
A2 A3
|
B8
|
C1 C2 C3 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Sitios Web |
Características e evolución: web 1.0, 2.0, …
Análise e planificación dun sitio web.
Mapas de navegación.
Estrutura e guía de estilo.
Usabilidade e accesibilidade.
|
HTML5 |
Introdución ás linguaxes de marcado.
Etiquetas básicas de composición de texto.
Atributos da páxina.
Vídeos, imaxes e ligazóns.
Etiquetas para a creación de listas e táboas.
Formularios.
|
Ferramentas de creación de sitios web |
Ambiente de traballo.
Inserción de etiquetas básicas.
Composición.
Follas de estilo.
Adaptación a diferentes dispositivos.
|
Publicación e xestión de sitios web |
Aloxamento
CMS.
Posicionamento en buscadores (SEO).
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A7 A8 B8 C1 |
17 |
5 |
22 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C4 |
7 |
25 |
32 |
Presentación oral |
A7 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C3 |
2 |
1 |
3 |
Proba obxectiva |
A7 A8 B1 B4 B5 B8 |
4 |
4 |
8 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A7 A8 B1 B2 B3 B8 B9 C2 C3 |
30 |
45 |
75 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentacións dos temas máis teóricos da asignatura. |
Traballos tutelados |
Proxectos propostos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio. |
Presentación oral |
Presentacións de traballos e proxectos, en boa parte relacionados coas prácticas de laboratorio. |
Proba obxectiva |
Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica da materia, aínda que tamén se inclúen preguntas sobre a parte práctica. |
Prácticas de laboratorio |
1. Creación de estrutura e mapa de navegación para webs propostas.
2. Creación de páxinas web básicas.
3. Creación de páxinas web con distintos elementos e composicións (táboas, formularios, capas…).
4. Busca e comparación de distintos tipos de aloxamento web.
5. Integración de compoñentes visuais na web.
6. Creación web co uso de diferentes ferramentas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O alumnado terá que formular un proxecto web como traballo da materia. Como parte dos traballos tutelados, o alumnado fará un seguimento durante o curso onde aplicará os coñecementos adquiridos nas aulas de teoría e prácticas no desenvolvemento do seu proxecto.
O alumnado irá realizando en distintas fases os seus proxectos: deseño conceptual, deseño estrutural e desenvolvemento tecnolóxico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A7 A8 B1 B4 B5 B8 |
Proba relacionada cos coñecementos teóricos da materia |
40 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A7 A8 B1 B2 B3 B8 B9 C2 C3 |
Practicas individuais onde os alumnos poñen en practica os coñecementos aprendidos durante a asignatura. |
30 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C4 |
Práctica obrigatoria: creación dunha web |
30 |
|
Observacións avaliación |
As prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia, así como a presentación do material solicitado en cada unha delas. É
imprescindible acadar
unha nota mínima de 4 sobre 10 no traballo tutelado, nas prácticas de laboratorio e na proba obxectiva para aprobar a materia. PLAXIO: A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria
extraordinaria. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co profesorado da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Diego Gauchat, Juan. El gran libro de HTML5, CSS3 y JavaScript. Marcombo, Barcelona, 2012. - Álvarez García, Alonso. HTML 5 (guía práctica). Anaya Multimedia, Madrid, 2010. - McFarland, David Sawyer. CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2010. - Peña de San Antonio, Óscar. CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2010. - Prat, Marie. Posicionamiento de su sitio web en Google y otros buscadores. ENI, Paris, 2009. - Murphy, Christopher & Persson, Nicklas. HTML y CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2009. |
Bibliografía complementaria
|
|
http://www.w3.org/ http://www.htmlcodetutorial.com/ http://validator.w3.org/ http://www.w3.org/Style/CSS/ http://www.w3schools.com/css/ https://manz.dev/ https://ascii.cl/es/codigos-html.htm https://css-tricks.com/snippets/css/a-guide-to-flexbox/ https://css-tricks.com/snippets/css/complete-guide-grid/ https://getbootstrap.esdocu.com/docs/5.1/customize/overview/ |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Informática audiovisual/616G01008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Ferramentas de creación multimedia/616G01027 | Ferramentas web avanzadas/616G01036 | Obradoiro de creación multimedia/616G01038 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: - Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático. - Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un
seguimento activo das clases así como participar nas distintas
actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das
dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir. |
|