Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Tecnoloxías IoT e de Comunicacións para a Creación de Cidades Intelixentes Código 630541013
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fernández Caramés, Tiago Manuel
Correo electrónico
tiago.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernández Caramés, Tiago Manuel
Correo electrónico
tiago.fernandez@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral O obxectivo desta asignatura é coñecer os conceptos fundamentais sobre a adquisición de datos sensoriais procedentes de sistemas IoT (Internet of Things, Internet das Cousas) para Cidades Intelixentes (Smart Cities), incluíndo as súas vantaxes e limitacións. Asemade, búscase comprender a potencia e impacto da implementación de servizos intelixentes baseados no uso da IoT nas Cidades Intelixentes e no uso de plataformas móbiles por parte dos cidadáns para a súa interacción con ditos servizos.
Adicionalmente, estudaranse as implicacións dos ambientes intelixentes na especificación, desenvolvemento e implementación de sistemas de información.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os conceptos fundamentais sobre a adquisición de datos sensoriais procedentes de sistemas IoT (Internet of Things, Internet das Cousas) para Cidades Intelixentes (Smart Cities), incluíndo as súas vantaxes e limitacións. AM8
BM8
Comprender a potencia e impacto da implementación de servizos intelixentes baseados no uso da IoT nas Cidades Intelixentes e no uso de plataformas móbiles por parte dos cidadáns para a súa interacción con ditos servizos. AM7
BM2
BM5
CM2
CM5
Comprender as implicacións dos ambientes intelixentes na especificación, desenvolvemento e implementación de sistemas de información. AM7
BM3
CM2
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás Cidades Intelixentes Conceptos básicos.
Arquitecturas.
Sensorización Sensores e actuadores para Cidades Intelixentes.

Recolección de datos nunha Cidade Intelixente: interfaces de conexión e adquisición de datos.
Redes de comunicacións Principios de operación.

Tipos de tecnoloxías de comunicación.

Tecnoloxías WAN, LPWAN, WLAN e WBAN.
Intelixencia Ambiental Computación e interfaces intelixentes.

Plataformas para a provisión de servizos intelixentes.
Cidadanía Intelixente Internet do Todo

Internet das Cousas

Internet das Persoas
Aplicacións Aplicacións para cidades intelixentes.

Ambientes de vida asistida.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A7 B8 B2 B3 C2 20 0 20
Traballos tutelados A7 A8 B2 B3 0 60 60
Lecturas B8 B3 B5 C5 0 4 4
Proba mixta B8 B2 B3 1 25 26
Seminario B8 C5 10 0 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Realización de prácticas facendo uso de sensores/actuadores e sistemas embebidos.
Traballos tutelados Realización de traballo titorizado orientado á aplicación dos coñecementos teóricos/prácticos adquiridos ao ámbito das cidades intelixentes.
Lecturas Lectura de material didáctico, visionado de vídeos e consulta de material multimedia.
Proba mixta Realización de proba escrita que avalíe a parte teórica e práctica da asignatura.
Seminario Exposición dos contidos teóricos asociados coa asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Os profesores guiarán ao alumnado durante as prácticas e o traballo titorizado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 B8 B2 B3 C2 Entregas de informes de prácticas. 20
Traballos tutelados A7 A8 B2 B3 Realización dun traballo titorizado no ámbito da sensorización para Cidades Intelixentes 40
Proba mixta B8 B2 B3 Exame de avaliación dos contidos teóricos e prácticos impartidos durante a asignatura. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista nos seminarios. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. 

A proba obxectiva dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais adquiridos na materia.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega das mesmas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba mixta (60% da nota) e entregar un traballo tutelado (40% da nota). 

 

 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

No caso de detección de plaxio durante algunha das entregas, cualificarse ao alumno/a cun suspenso (0) e comunicarase a situación á dirección do máster e ás autoridades universitarias correspondentes de cara a tomar as medidas oportunas.


Fontes de información
Bibliografía básica D. J. Cook, J. C. Augusto, V. R. Jakkula (2009). Ambient intelligence: Technologies, applications, and opportunities. Elsevier
Carol L. Stimmel (2015). Building smart cities: analytics, ICT, and design thinking. Taylor & Francis
Adrian McEwen (2013). Designing the Internet of Things. Wiley
Anthony M. Townsend (2014). Smart Cities: Big Data, Civic Hackers, and the Quest for a New Utopia. W. W. Norton & Company
Samuel Greengard (2015). The Internet of Things. MIT Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías