Para ter o dereito a
avaliación continua, será necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases
presenciais. A nota final da Avaliación Continua será dun 60% de Proba Mixta e
un 40% de Traballo Tutelado.
O alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
(segundo establece a "Norma que Regula o Réxime de Dedicación ao Estudo
dos Estudantes de Grao na UDC”), poderá acollerse á Avaliación Continua sen necesidade
de asistir o 80% das clases presenciais. Para iso, estes/as alumnos/as
informarán debidamente os profesores, ao principio do curso, da devandita
situación de dispensa académica e así como da súa dispoñibilidade horaria de
asistencia. Á marxe do Traballo Autónomo que consta nesta Guía Docente, os
profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas
ao longo do curso para ser expostos en horario de titorías.
O alumnado que non siga o
curso presencial (asistencia menor do 80%), ou que non superase a Avaliación
Continua, poderase presentar ás convocatorias finais de xaneiro e xullo. A
avaliación destas convocatorias consistirá nunha Proba Mixta que poderá
integrar preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas abertas de desenvolvemento,
de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de
completar e/ou de asociación. Os contidos destas Probas Mixtas poderán abarcar
calquera contido da materia. Dita Proba Mixta supoñerá 100% da cualificación
desa convocatoria.
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.