CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A.- Alumnos con matrícula a tempo completo
Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve como no traballo tutelado o alumno deberá obter unha nota mínima de cinco sobre dez.
A porcentaxe mínima esixido de asistencia xeral é do 80%. A asistencia xeral controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Na asistencia xeral compútase: sesións maxistrais e presentación de traballos tutelados.
Sobre unha base de dez puntos, a puntuación da asistencia xeral vai de 0 puntos (cando se ten o 80% de asistencia) a 2.0 puntos (co 100% de asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80) e (2.0; 100).
O alumno faise responsable de facer un autoseguimiento do seu cumprimento en canto a asistencia a clases e tutorías.
B.- Alumnos con matrícula a tempo parcial
Por normativa, os estudantes con matrícula a tempo parcial están exentos da asistencia ás sesións maxistrais. Así, para estes alumnos a puntuación queda repartida como segue:
... Sesións maxistrais ................. 0%
... Saída de campo ........................ 5%
... Traballos tutelados ................... 55%
... Proba de resposta breve ...... 40%
Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve como no traballo tutelado o alumno deberá obter unha nota mínima de cinco sobre dez. El trabajo tutelado será objeto de seguimiento y evaluación presencial.
Os alumnos a tempo parcial disporán do material docente (apuntamentos, presentacións, etc.) da mesma forma que os alumnos con dedicación a tempo completo, é dicir, a través da plataforma moodle. Para estes alumnos, déixase aberta a concertación de tutorías personalizadas nun horario que se adapte ás súas necesidades específicas e que se poderá concretar mediante correo electrónico.