A materia consta de dous bloques: Camiños e Ferrocarrís.
Para aprobar a materia valorarase o seguinte:
1. Unha actividade de Aprendizaxe Servizo no caso do Bloque de
Camiños, cun máximo da da cualificación final. A cualificación obtida neste
apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade. Será
necesario obter unha cualificación mínima de 4.0 puntos sobre 10 nesta
actividade para poder superar a materia.
2. Prácticas propostas para realizar fóra de clase ou en clase.
Constituirán ata un máximo de B da cualificación final. A cualificación obtida
neste apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade.
3. Probas obxectivas de avaliación continua. Estarán constituídas
por exercicios de tipo teórico e/o práctico, cun valor máximo de C na
cualificación final. Estas probas iranse realizando ao longo do curso.
4. Proba obxectiva de avaliación final. Estará constituída por un
exame de tipo teórico (cun valor de ata D da cualificación final) e un exame de
problemas, cun valor máximo de E da cualificación final. Para poder aprobar a
materia, é imprescindible que a parte de teoría e a de problemas de cada bloque
teñan cada unha delas unha cualificación superior ou igual a 4 sobre 10. Na
primeira oportunidade, o alumnado poderá presentarse só a un bloque ou a ambos
bloques. Considérase que un/a alumno/a preséntase a un bloque nunha determinada
oportunidade se realiza na devandita oportunidade a proba de avaliación final.
Actividade
|
Bloque de
Caminos
|
Bloque de
Ferrocarrís
|
Actividad de aprendizaje servicio (A)
|
20%
|
---
|
Prácticas propuestas para realizar fuera de clase o en clase (B)
|
20%
|
30%
|
Pruebas objetivas de evaluación continua (C)
|
20%
|
30%
|
Prueba objetiva final teórica (D)
|
32%
|
30%
|
Prueba objetiva final práctica (E)
|
8%
|
10%
|
No caso de que o profesorado decida a non realización dalgunha das
actividades anteriores, se prorrateará o peso das demais.
Para aprobar a Materia é preciso superar os requisitos mínimos
anteriormente indicados, así como obter un mínimo de 5 sobre 10 puntos en cada
un dos bloques (Camiños e Ferrocarrís), sumando as cualificacións obtidas en
cada un dos catro apartados anteriormente indicados.
No caso de que un/a alumno/a obtivese na primeira oportunidade
unha cualificación superior ou igual a 5 sobre 10 puntos na proba obxectiva
final de calquera dos bloques, a súa nota gardarase ata a segunda oportunidade.
Se un estudante está matriculado a tempo parcial ou non desexa
seguir a avaliación continua, deberá presentarse ás probas obxectivas finais,
fixadas no calendario académico da Escola. Para aprobar deberá obter unha
cualificación igual ou superior a 4,0 puntos sobre 10 en cada bloque. E
ademais, a media deberá de ser como mínimo de 5,0 puntos sobre 10. A
cualificación de cada bloque obtense conforme as porcentaxes expresadas na
seguinte táboa:
Actividade
|
Bloque de
Caminos
|
Bloque de
Ferrocarrís
|
Prueba obxectiva final teórica
|
80 %
|
75 %
|
Prueba obxectiva final práctica
|
20 %
|
25 %
|
En todo caso, para aprobar é imprescindible que en cada proba
obxectiva de cada bloque a puntuación obtida sexa igual ou superior a 4,0
puntos sobre 10. Se na primeira oportunidade a cualificación global dun bloque
é superior a 5,0 sobre 10, a súa nota gardarase ata a segunda oportunidade do
curso.