Dado que esta materia impártese en duas titulacións e máis en
cursos distintos, o profesor adaptará os seguintes criterios de avaliación aos
seus grupos sempre informando debidamente ao alumnado.
Para superar a materia en calqueira oportunidade requírese un mínimo de 5 sobre 10.
No exame final da primeira oportunidade é necesario obter un
mínimo de 4 sobre 10. No caso de non acadar a cualificación mínima de 4 puntos
sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.
Na avaliación da segunda oportunidade tomarase a maior cualifcación das duas seguintes opcións:
Optaráse pola mellor cualificación das duas seguintes opcións:
a. O exame suporá o 100% da cualificación final sen ter en conta a
avaliación continua.
b. O exame suporá o 60% da cualificación e o 40% restante será o
que se teña obtido no curso na avaliación continua. É necesario obter un
mínimo de 4 sobre 10. No caso de non acadar a cualificación mínima de 4 puntos
sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.
Na convocatoria adiantada realizarase un exame que suporá 100% da
cualificación.
Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo
que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento da información.
Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando só
participe de actividades de avaliación que teñan una ponderación inferior ao
20% sobre a cualificación final.
O alumno terá que
acreditarsee personalmente según a normativa vixente.
Os
estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, ainda que estén
exentos da asistencia, serán avaliados co mesmos criterios que os alumnos a
tempo completo.