A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións de realización dos exames e as probas, e
identificación do estudantado
Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información. Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de
dispositivos. Non se admitirán os exames escritos con lapis. Os alumnos deberán
identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de
avaliación.
2- Utilización de calculadora
As calculadoras que se poden utilizar non deben ter NINGUNHA das
seguintes características: Posibilidade de transmitir datos, ser programábeis,
pantalla gráfica, resolución de ecuacións, operacións con matrices, cálculo de
determinantes, derivadas e/ou integrais, armazenaxe de datos alfanuméricos.
Cando posua algunha destas características será retirada. Se durante o percurso
da proba se constatase o uso dunha calculadora non permitida, adoptaranse as
mesmas medidas que cando o estudantado está copiando.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN
1. Cualificación de non presentado
Otorgaráse a cualificación de NON PRESENTADO ao
estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da
cualificación obtida
2. Estudantado a tempo parcial (ou con dispensa de
asistencia)
Será avaliado acorde as mesmas normas que o resto do estudantado.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
1. Primeira oportunidade
Avaliación continua
A avaliación continua consistirá na realización de probas
tipo test (proba de resposta múltiple) e a realización de probas de
resolución de problemas (proba práctica) na aula. A avaliación continua pondera
un 40% do total da cualificación final.
Exame final
Realización dunha proba mixta. Pondera un 60% da cualificación
final.
Ademais o alumnado poderá obter ata un punto por participación
activa nas clases, seminarios e titorias persoais, que se sumará á
cualificación obtida na avaliación continua e no exame final.
2. Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade haberá unha única proba mixta,
e a cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións:
- Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua na primeira oportunidade (máximo
catro puntos das probas de resposta múltiple e prácticas realizadas) e na proba
mixta da segunda oportunidade (máximo seis puntos)
- Cualificación obtida na proba mixta da segunda oportunidade puntuada sobre dez.
3. Convocatoria adiantada: A cualificación final do estudante que solicite a
convocatoria adiantada será a obtida no exame presencial valorado sobre 10
puntos.