A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame
con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información.
2. Identificación do estudantado: O estudantado ha de acreditar a súa
personalidade de acordo coa normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas
acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa
súa dedicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación
anteriormente indicados nesta sección.
2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación:
Proba obxectiva: 50%
Proba de resposta múltiple: 50%. Se un estudante desexa manter a súa puntuación da evaliación continua non debe
presentarse á proba de resposta múltiple. En caso de presentarse
será a cualificación desta última a que se sumaría, no seu caso, ás notas da proba obxectiva
3. Convocatoria adiantada: A avaliación realizarase mediante unha proba obxectiva 100%
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE
AVALIACIÓN:
1. Na avaliación só se sumará a cualificación da proba obxectiva cando esta sexa igual ou superior a 1,75 sobre 5 (3.5 sobre 10)
2. O estudantado poderá
mellorar a súa cualificación na avaliación continua, en 1 punto como máximo,
mediante a súa participación en actividades académicas desenvolvidas polo
centro e recomendadas polo profesor.