1. Avaliación continua (solución de problemas e traballo tutelado): supón un 40% da cualificación.
2. Exame final: supón un 60% da cualificación.
As actividades de avaliación continua realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fora do período lectivo, dado que se realizan na súa totalidade ou en parte dentro da aula. En todas as presentacións orais que se establezan ao longo do curso, participarán obrigatoriamente todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.
Para sumar a nota do exame final á nota da avaliación continua, é necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. Para superar a materia a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. En caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple), a nota da materia será a obtida no exame ponderada polo 60%.
Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Os criterios de avaliación e cualificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación.
Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos posteriores.
Os estudantes poderán mellorar a nota acadada na avaliación continua de cara a segunda oportunidade. Para ello, poderán presentar completo ou mellorar o traballo tutelado e poderán facer, na data oficial do examen, ademáis da proba de resposta múltiple, un o varios casos de empresas.
OUTRAS OBSERVACIÓNS XENERAIS:
- A asistencia á clase é obligatoria.
- Os criterios de avaliación e cualificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación(Adiantada, Primeira e Segunda). Na convocatoria adiantada é posible a realización do estudo de casos para a obtención da puntuación correspondente por este concepto.
- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar esta circunstancia á profesora ao comezo do curso. Aplicarase o mesmo sistema de avaliación (coa particularidade de que o traballo tutelado poderaio facer a título individual).No caso deste alumnado, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultadeno que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio de curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
- As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto pola profesora estarán colgadas na plataforma Moodle.
- Calquera información, aviso. etc. notificarase aos alumnos por email ou Teams.
- A cualificación de Non presentado esixe que o alumno non teña participado en actividades de avaliación que superen o 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
- Se non se presenta ó exame un alumno que teña participado en actividades de avaliación que superen o 20% da nota final, a nota final nesa oportunidade será cero.
- Os alumnos deberán acreditar a súa identidade dacordo coa normativa vixente.
- Calquera alumno/a sorprendido realizando probas de avaliación mediante calquera procedemento fraudulento terá unha nota de cero na oportunida decorrespondente.
- É responsabilidade do alumnado consultar a dirección de email que a UDC lles asigne.