Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Establecer unha investigación/innovación en Educación Infantil e/ou Primaria no ámbito das didácticas específicas, desenvolvida con datos empíricos. |
AM5 AM6 AM10 AM12 AM16
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM9
|
CM1 CM2 CM3 CM5 CM6 CM7 CM8 CM9 CM10 CM11 CM13
|
Recoñecer a investigación no ámbito das didácticas específicas como ferramenta de innovación e mellora educativa e social. |
AM8 AM15 AM18
|
BM5 BM6 BM10 BM11 BM12 BM13
|
CM7 CM9 CM10 CM11 CM13
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Deseño dun proxecto de investigación/innovación para a Educación Infantil e/ou Primaria.
|
- Planteamento dun problema a investigar.
- Planteamento da metodoloxía |
Desenvolvemento do proxecto para a obtención de datos empíricos e conclusións |
- Recollida de datos
- Análise de datos
- Obtención de conclusions e as súas derivacións didácticas |
Presentación oral e escrita e defensa do traballo realizado. |
- Presentación oral e escrita e defensa do traballo realizado. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A5 A6 A8 A15 A16 A18 B1 B2 B9 C2 C5 C6 C7 C8 C11 |
0 |
40 |
40 |
Presentación oral |
A8 A15 B4 B6 C7 C8 C13 |
1 |
1 |
2 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A8 A15 A16 A18 B1 B2 B9 C2 C5 C6 C7 C8 C11 |
10 |
60 |
70 |
Análise de fontes documentais |
A5 A10 A12 B3 B5 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C9 C10 C13 |
0 |
102 |
102 |
|
Atención personalizada |
|
11 |
0 |
11 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |
Presentación oral |
Presentación e discusión argumentada do traballo tutelado |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
|
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O Traballo fin de Mestrado require una atención personalizada por parte do titor ou titora do mesmo que farase de xeito presencial ou telemático si fora o caso.
Facilitarase a integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para superar a materia, mediante as axudas oportunas e a atención personalizada requerida. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A8 A15 B4 B6 C7 C8 C13 |
O alumnado terá que facer a presentación oral e defensa do seu Traballo Fin de Mestrado, ante o tribunal asignado.
Terase en conta a corrección na expresión oral, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que os membros do tribunal lle poidan formular.
|
40 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A8 A15 A16 A18 B1 B2 B9 C2 C5 C6 C7 C8 C11 |
O TFM será avaliado por un tribunal que será nomeado pola comisión do Mestrado, formado por tres profesores/as do equipo docente do título. Nesta avaliación terase en conta o rigor, a adecuación ao formato esixido, a incorporación das referencias bibliográficas oportunas, a fundamentación teórica, a coherencia, a orixinalidade e os resultados e conclusións, e todos aqueles que se especifiquen no documento marco. |
60 |
|
Observacións avaliación |
O estudante deberá exponer o traballo e defendelo ante un tribunal que será nomeado pola comisión do mestrado.
Para defender o traballo fin de mestrado será necesario haber superado as totalidade dos demáis créditos do título Na realización do TFM o plaxio ou a utilización de textos procedentes de internet sen identificar, serán motivo de suspenso. Terase en conta a expresión e tamén a ortografía.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rodríguez, Mª L., Llanes, J. (coords.) (2013). Cómo elaborar, tutorizar y evaluar un trabajo de fin de máster.. Barcelona: Agència per a la Qualitat del Sistema Universitari de Catalunya.
Ferrer, V., Carmona, M., Soria, V. (2012). El Trabajo de Fin de Grado. Guía para estudiantes, docentes y agentes colaboradores.. Madrid: McGrawHill-Interamericana de España.
Muñoz Alonso, G. (2011). Estructura, metodología y escritura del Trabajo de Fin de Máster.. Madrid: Escolar y Mayo.
García Sanz, Mª P., Martínez Clares, P. (coords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster . Murcia: Universidad de Murcia
Wood,P. y Smith, J (2017). Investigar en educación. Conceptos básicos y metodologías para desarrollar proyectos de investigación. Madrid. Narcea |
O/A docente que tutoriza poderá aportar a o alumnado a bibliografía necesaria para desenvolver o TFM na área de coñecemento específica |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista. |
|