Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A15 |
(CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
(CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A17 |
(CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas |
A18 |
(CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os contidos de Tecnoloxía obxecto de ensinanza e aprendizaxe na ESO. |
AP15 AP16 AP17 AP18
|
|
CM1 CM3 CM8
|
Coñecer os contextos e situacións da contorna axeitados para a aplicación dos contidos curriculares da Tecnoloxía. |
AP15 AP16 AP17 AP18
|
|
CM1 CM3 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1. Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria |
1.1. Introdución á materia no Máster
1.2. A materia de Tecnoloxía na ESO
1.3. Revisión histórica
1.4. A tecnoloxía na nosa vida: contextos e situacións
1.5. O impacto tecnolóxico na sociedade |
Bloque 2. Contidos |
2.1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos
2.2. Tecnoloxía e sociedade
2.3. Mecanismos e estruturas
2.4. Electricidade e electrónica
2.5. Control e robótica
2.6. Pneumática e hidráulica
2.7. Técnicas de expresión e comunicación
2.8. Materiais de uso técnico
2.9. Hardware e sistemas operativos
2.10. Tecnoloxías da comunicación. Internet |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
C1 C3 C8 |
5.5 |
10.5 |
16 |
Aprendizaxe servizo |
C1 C3 C8 |
5.5 |
10.5 |
16 |
Traballos tutelados |
A16 A17 A18 C1 C3 C8 |
0 |
30 |
30 |
Prácticas a través de TIC |
A16 A18 C3 C8 |
6 |
3 |
9 |
Proba mixta |
A16 C1 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A15 A16 A17 A18 C8 |
17 |
34 |
51 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Presentación na aula dos traballos tutelados propostos polo estudantado.
|
Aprendizaxe servizo |
Presentación da aprendizaxe adquirida con traballos tutelados orientados a necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, que se fará a algunha entidade colaboradora para proporcionar un servizo á comunidade.
Esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o estudantado só realizará unha delas. O número de horas totais dedicado polo tanto a esta actividade será a suma das horas planificadas para cada unha, é dicir, 11 horas de traballo presencial e 21 horas de traballo autónomo.
|
Traballos tutelados |
Traballos realizados polo estudantado para afondar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías.
A entrega dos traballos tutelados será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.
|
Prácticas a través de TIC |
O/a estudante poderá comprobar a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas utilizaranse diferentes ferramentas propostas polo profesorado.
A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.
|
Proba mixta |
Proba de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da materia.
|
Sesión maxistral |
Exposición dos contidos teóricos da materia de acordo cos resultados de aprendizaxe.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Aprendizaxe servizo |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Proba mixta |
|
Descrición |
Resolver dúbidas do estudantado sobre os contidos da materia.
Seguimento da aprendizaxe evolutiva do estudantado e da súa participación activa na dinámica da aula.
As titorías serán non presenciais a través do correo electrónico institucional, Moodle ou Teams nos horarios establecidos polo profesorado da materia. O horario de titorías poderá adaptarse segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
C1 C3 C8 |
Presentación e defensa oral dos/das estudantes do traballo tutelado final, na que se valorará a estrutura e contidos da exposición, a claridade da mesma, a adecuación ao tempo establecido e a resposta ás preguntas do profesorado.
A data de realización da presentación oral presencial poderá adaptarse segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.
A calificación correspondente a esta actividade é un 15% da calificación global da materia.
|
7.5 |
Aprendizaxe servizo |
C1 C3 C8 |
As metodoloxías "aprendizaxe servizo" e "presentación oral", complementadas as dúas co "traballo tutelado final", son excluíntes, polo que o estudantado escollerá entre a realización dunha ou doutra actividade, de tal xeito que a nota correspondente da actividade elixida representa un 25% da nota final. |
7.5 |
Traballos tutelados |
A16 A17 A18 C1 C3 C8 |
Recóllense dous tipos de traballos tutelados:
- Traballo tutelado final, no que se valorará a súa orixinalidade, a estrutura e contidos, a claridade e redacción e a amplitude e corrección na aplicación dos contidos da materia (10 puntos).
- Traballos tutelados de avaliación continua (15 puntos).
|
25 |
Prácticas a través de TIC |
A16 A18 C3 C8 |
Avaliación do traballo realizado polo estudantado nas prácticas mediante a entrega das mesmas e o seguimento continuado das tarefas realizadas.
As prácticas e a súa data de realización poderán adaptarse segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial. |
10 |
Proba mixta |
A16 C1 |
Avaliación dos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso mediante unha proba final.
A data de realización da proba mixta poderá adaptarse segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial. |
50 |
|
Observacións avaliación |
É obrigatoria a asistencia dos/das estudantes, independentemente da súa modalidade de matriculación, ao 80% das sesións. Se non acada dita porcentaxe, a cualificación final na primeira oportunidade será NON PRESENTADO. Se realiza a proba mixta final sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final será SUSPENSO cunha nota numérica
global resultado de dividir por dous a suma de todas as notas obtidas ao longo do curso, tanto na avaliación continuada
do traballo realizado como na proba final. Os criterios e actividades de avaliación para o estudantado con dispensa académica de exención de asistencia serán os mesmos que os esixidos ao resto dos/das estudantes. Na segunda
oportunidade realizarase unicamente a proba mixta final na data fixada para o exame no calendario oficial. A nota de presentación oral, traballos tutelados e prácticas a través de TIC será a que se obtivera para a primeira oportunidade mediante a avaliación continuada do traballo, independentemente da modalidade de matriculación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0'
na materia na oportunidade correspondente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
José Carlos Tejero Cabello (2005). Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. Nuevos problemas y proyectos de tecnología. MAD
Julio C. Brégains, Paula M. Castro (2012). Electricidad Básica. Problemas resueltos. Starbook
Julio C. Brégains, Paula M. Castro (2013). Electrónica Básica. Problemas resueltos. Starbook
Paula M. Castro, Julio C. Brégains (2014). https://moodle.udc.es/. Aula virtual
José Carlos Tejero Cabello (2004). Tecnologia, problemas y proyectos. Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. MAD
David Cervera Olivares (2010). Tecnología. Complementos de formación disciplinar. GRAÓ
Carretero Ruíz, Pablo (2009). Tecnología. Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. CEP |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212 | Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221 | Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria/652602222 | Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase o envío dos traballos telematicamente e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |
|