Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Iniciación á investigación educativa Código 652603E12
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
Profesorado
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Pérez Crego, María Cristina
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
cristina.pcrego@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese que o alumnado do máster se familiarice coa investigación no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademais, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumnado debe ser capaz de deseñar as fases do proceso de investigación educativa desde a formulación do problema ata a planificación do análise de datos ou da información. AP19
AP28
CM8
O alumnado debe ser capaz de desenvolver as accións implicadas nas fases de investigación educativa (recollida de datos, análise, obtención e discusión de resultados e conclusións). AP19
AP28
AP35
CM3
CM4
CM6
O alumnado deberá ser capaz de presentar un informe de investigación por escrito e, se é o caso, de forma oral e colaborativa. AP28
AP35
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación 1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa 2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa 3.1. Elaboración dun proxecto de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A28 C6 C8 4 0 4
Aprendizaxe colaborativa A19 A28 A35 C3 C4 C6 C8 6 18 24
Investigación (Proxecto de investigación) A19 A28 A35 C3 C4 C6 C8 3 14 17
Presentación oral A28 A35 C3 C4 1 2 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe dos contidos da materia.
Aprendizaxe colaborativa Baséase na organización da clase en grupos de 5-6 persoas para deseñar un proxecto de investigación educativa a partir dunha temática proposta polo grupo. El alumnado, polo tanto, traballará conxuntamente na resolución de tarefas encomendadas e supervisadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades que requiran desenvolver os procesos relevantes como a recollida e análise de datos, a obtención e discusión dos resultados e a extracción de conclusións.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal da investigación realizada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A docente estará dispoñible, tanto na aula como nas titorías, para aclarar calquera tipo de dúbida.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A19 A28 A35 C3 C4 C6 C8 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 60
Presentación oral A28 A35 C3 C4 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
Investigación (Proxecto de investigación) A19 A28 A35 C3 C4 C6 C8 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se presentará nun informe escrito co título de investigación e que completa o Proxecto da investigación. A cualificación será a mesma para todo o grupo. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 25
 
Observacións avaliación

Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a
materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de
aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na cualificación
global da mesma.

Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se
realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar
a docencia da materia.

O alumnado que durante o curso perda a condición de
asistente (80% da presencialidade nas sesións) terá que realizar as actividades
restantes de forma individualizada. 

Para o alumnado que por motivos xustificados non poda
asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar
pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

É obrigatorio que o alumnado
baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do
cuadrimestre mediante unha titoría coa docente. 

A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado
que ben no superase a materia ou ben que non se presentase.


  • No
    primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de xuño),
    realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.

  • No segundo caso (alumnado
    non presentado) realizará as actividades de avaliación continua.















Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite dúas
semanas antes da data oficial do exame de xullo de 2023, na que terá lugar, si
é o caso, a presentación oral da investigación.


Fontes de información
Bibliografía básica Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. INICIEN
McMillan, J.H. y Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª ed.). . Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Fondo de Cultura Económica
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. La Muralla
Fernández C., Hernández, R. y Baptista P. (2006). Metodología en la investigación. Mcgraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Punto Rojo Libros, S.L.

Bibliografía complementaria Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías