Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A26 |
(CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Buscar, seleccionar, analizar, compartir presentar propostas e recursos didácticos innovadores para os módulos da especialdiade |
AP25 AP26
|
|
CM1 CM3 CM6 CM7
|
Comprender e valorar a importancia da innovación e da investigación como ferramentas para a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e para a propia aprendizaxe profesional. |
AP25 AP26
|
|
CM6 CM7
|
Analizar e valorar ámbitos de innovación e investigación no centro de prácticas |
AP25 AP26
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A innovación nos módulos e materias da especialidade.
|
1.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. Ámbitos de innovación na Formación Profesional
1.3. Competencias transversais e Obxectivos do desenvolvemento sostible como ámbitos de innovación.
1.4. Experiencias innovadoras en Orientación profesional
1.5. Experiencias innovadoras no módulo de FOL e de Empresa e iniciativa emprendedora
|
TEma 2. A investigación no ámbito docente e orientador |
2.1. Temáticas e metodoloxía
2.2. Estudos de inserción laboral
2.3. Estudos sobre orientaciòn profesional |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A25 A26 C3 C6 C7 |
4 |
18 |
22 |
Presentación oral |
A25 C1 C3 C6 |
3 |
2 |
5 |
Prácticas a través de TIC |
C3 C6 C7 |
1 |
4 |
5 |
Portafolios do alumno |
A25 A26 C1 C6 C7 |
4 |
8 |
12 |
Sesión maxistral |
A25 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas á Formación Profesional, ás materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas. Un dos obxectivos é o coñecemento e utilizacion de fontes para a consulta de experiencias e propostas innovadoras.
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada.
|
Presentación oral |
As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e as persoas do grupo deberán de expor a experiencia analizada por outra compañeira/o.
|
Prácticas a través de TIC |
As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na utilización dunha ferramenta dixital para compartir as experiencias analizadas e comentar e valorar as estudadas polo resto dos grupos.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe é compartida coa materia de Inserción e orientación laboral. Con estas actividades o alumnado exercita competencias dixitais docentes de tres áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
|
Portafolios do alumno |
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte elaborada grupalmente sobre o concepto de innovación educativa. |
Sesión maxistral |
Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acótanse conceptos relacionados coa innovación educativa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A atención personalizada está vencellada a busca e selección de experiencias e a elaboración do portafolio. As titorías grupais serán presenciais e a través de Teams. .
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
C3 C6 C7 |
A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 0,4 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 0,6 puntos.
Os criterios de avaliación e cualificación para cada unha das tarefas recóllense en sendas matrices de valoración que se presentan o primeiro día de clase. |
10 |
Presentación oral |
A25 C1 C3 C6 |
Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir da valoración dos criterios recollidos nunha escala de valoración.
|
10 |
Portafolios do alumno |
A25 A26 C1 C6 C7 |
O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 60 puntos e a grupal 20. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.
Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos.
- Creación artefacto dixital para a difusión das experiencias, caracterización e valoración síntética das experiencias.
|
80 |
|
Observacións avaliación |
CUALIFICACION FINAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR A cualificación final será o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades. Para superar a materia é indispensábel realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación no portafolio. PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓNUnha das premisas é que o alumnado participe na avaliación, consensuando os criterios de cualificación e sendo axente de avaliación a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón, os criterios de cualificación poden ser modificados. SEGUNDA OPORTUNIDAE Na segunda oportunidade realizarán as actividades non superadas ou non realizadas. ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA Para este alumnado rixe o mesmo sistema de avaliación, coa excepción de que todas as actividades son individuais. Para este alumnado a asistencia non é obrigatoria e deberá de asistir obrigatoriamente a dúas titorías. INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7ª edición. Co objectivo de visibilizar as autoras, a inicial do nome debe substituirse polo nome completo, tanto en autores como en autoras. Plaxio O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC : “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
UNESCO (2017). Educación para los objetivos del desarrollo sostenible. Objetivos de aprendizaje. https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000252423?locale=es
Ministerio de Educacion y Formación Profesional (). INTEF (Insittuto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado . https://intef.es/
INTEF: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (). INTEF. Recursos educativos . https://intef.es/recursos-educativos/
Navas Baena, R. (2010). Investigación e innovación en el aula.. Granada: Ada.
Castañeda, L y Adell, J. (2013). La anotamía de los PLEs . Alcoy: Marfíl
Rebollo, Mª Ángeles (2013). La innovación educativa con perspectiva de género. Retos y desafíos para el profesorado.. Revista de curriculum y formación del profesorado, 17 (3), pp.3-8 http://www.ugr.es/~recfpro/rev171e
EDUCAweb (). Premios Educaweb Orientación Acacémica y Profesional. http//www.eudcaweb.com/premios/ediciones/
Allueva Pinilla, A. I e Alejandre, J. L. (2016). Simibiosis del aprendizaje con tecnología. Experiencias innovadoras en el ámbito hispano.. Prensas de la Universidad de Zaragoza
López Salorio, Lucía e Aguado de la Obra, Guillermo (2019). Un currículo orientado a la ciudadanía global. Aportaciónes para su construcción en Formación Profesional. InteRed |
Para a busca de experiencias innovadoras proporcionase unha listaxe de fontes electrónicas. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Inserción e orientación laboral/652606612 | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621 | Iniciación á investigación educativa/652606E32 | Innovación docente/652606E42 |
|
Materias que continúan o temario |
Inserción e orientación laboral/652606612 | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621 | Iniciación á investigación educativa/652606E32 | Innovación docente/652606E42 |
|
Observacións |
Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, as tarefas que son obxecto de avaliación entregaranse en formato dixital. |
|