Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía Código 653540006
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Profesorado
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Web http://estudos.udc.es/es/subject/4540V01/4540006
Descrición xeral Esta materia abordará a metodoloxía da investigación aplicada á xerontoloxía para poder resolver problemas do campo, obtendo resultados válidos e fiables. Preténdese introducir ao alumno nas bases metodolóxicas para realizar e publicar traballos científicos. Comprenderá 2 partes principais, a investigación (metodoloxía e manexo de instrumentos, técnicas, deseño, etc.) e a documentación (artigos, presentación e redacción de traballos, citas bibliográficas, etc.).

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
- Comprender os aspectos metodolóxicos a seguir na formulación e desenvolvemento da investigación en xerontoloxía. AP1
AM1
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM1
CM2
CM3
CM4
- Aplicar dito coñecemento na investigación en xerontoloxía, deseño de experimentos, etc. AP6
AI3
BP1
BP1
BP1
BP1
BI1
CM14
CM14
CM14
CM14
- Razonar científicamente traballos da área de xerontoloxía, sendo capaces de discutir a información, interactuar e sacar conclusións, presentando informes e traballos concluíntes. AP6
AI3
BP1
BP1
BP1
BP1
BI1
CM14
CM14
CM14
CM14
- Comunicar de forma científica, coñecementos da área de xerontoloxía en todos os campos (docentes, sociais, de investigación), de forma escrita, oral ou visual en artículos científicos, seminarios, congresos, comunicacións, clases maxistrais, …. AP6
AI3
BP1
BP1
BP1
BP1
BI1
CM14
CM14
CM14
CM14
- Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos e investigacións na área da xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un traballo de investigación. AP6
AI3
BP1
BP1
BP1
BP1
BI1
CM14
CM14
CM14
CM14

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I. DOCUMENTACIÓN EN XERONTOLOXÍA. FORMAS DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA Tema 1. Documentación científica. Definición e tipos
Tema 2. O artigo científico. Estrutura
Tema 3. Bibliografía. Estilo Vancouver/APA. Citas electrónicas.
Tema 4. Recomendacións xerais para a publicación de orixinais. Requisitos comúns das revistas biomédicas
Tema 5. Factor de impacto e outros índices de calidade de publicacións e autores
Tema 6. Bases de datos e revistas electrónicas. Internet
Tema 7. Outras formas de divulgación da investigación
Tema 8. Presentación de resultados: comunicacións orais e pósteres en eventos científicos. Técnicas e habilidades de presentación de resultados
PARTE II. A INVESTIGACIÓN EN XERONTOLOXÍA Tema 9. Investigación científica. Conceptos e fundamentos. Metodoloxía científica
Tema 10. Informes propios: caracterización e soportes. Caderno de laboratorio. Informes. Rexistro de material. Técnicas para a recollida de datos
Tema 11. Epidemiología. Factores de risco
Tema 12. Tipos de investigación
Tema 13. Tamaño da mostra e selección aleatoria
Tema 14. Deseño da investigación. Etapas do traballo científico: identificación do problema, formulación de hipótese
Tema 15. Variables e probas estatísticas para a análise dunha investigación
Tema 16. A investigación en Xerontoloxía. O doutoramento. Financiamento de proxectos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 4 10 14
Solución de problemas A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C2 C4 0 2 2
Proba de resposta múltiple A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 0 4 4
Prácticas a través de TIC A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 4 4 8
Traballos tutelados A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 0 30 30
Proba obxectiva A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C4 4 10 14
Sesión maxistral A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 24 0 24
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Proba de resposta múltiple O/a alumno/a deberá realizar obrigatoriamente, a través da plataforma de teleformación, exercicios, relacionados coa docencia impartida no curso.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos,
capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construir cun so tipo de algunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Dado que é unha materia eminentemente práctica, na cal a superación da mesma está ligada ao uso correcto da información recibida na presentación de traballos de investigación, o traballo persoal do/a alumno/alumna é unha parte fundamental da avaliación da mesma, supoñendo un número de horas (mínimo) similar ás horas presenciais no aula. A atención persoalizada ao alumno/a axudará a completar de forma individualizada a súa formación, principalmente na utilización das bases de datos científicas necesarias para a realización dos traballos tutelados, a realización e discusión das probas propostas durante o curso, así como do exame e dos comentarios de texto a presentar. No caso dos traballos tutelados esta atención cobra especial relevancia para que o/a alumno/a poda entregar un traballo apto para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 O/a alumno/a deberá realizar obrigatoriamente, a través da plataforma de teleformación, exercicios, relacionados coa docencia impartida no curso. 10
Sesión maxistral A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 O/a alumno/a deberá asistir ás clases, seminarios propostos para completar e mellorar a comprensión da docencia impartida nas sesións maxistrais, e defensa de presentacións orais propostas. No caso de que o alumno teña máis de 3 faltas, deberá realizar un traballo de investigación máis extenso: < 3 faltas- 20 citas; 4-6 faltas: 40 citas; 7-9 faltas: 60 citas; > 10 faltas: 80 citas. Darase un 5% da nota final a aqueles alumnos sen faltas, restando 0,2 por cada falta. 5
Traballos tutelados A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 O/a alumno/a, ao finalizar o curso, deberá entregar un traballo de investigación, ou de revisión bibliográfica de alta calidade, avaliándose a estrutura e forma do mesmo, o uso de traballos científicos relevantes (mínimo de 20 referencias bibliográficas, das cales polo menos o 80% serán en inglés) e a calidade e innovación do tema proposto. Este traballo terá un valor do 40% sobre a nota final (10% presentación oral do traballo e 30% calidade do traballo escrito). 40
Proba obxectiva A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C4 Ao finalizar a materia, o/a alumno/a pode presentarse a unha proba final, exame, para avalialo da docencia impartida ao longo do curso. 30
Presentación oral A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 O/a alumno/a deberá realizar unha presentación oral ademais dun traballo de investigación en formato póster. Terá un valor do 15% sobre a nota final total, avaliando a organización e información, pronuncia e entoación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia deberá superarse tanto a proba obxectiva
como o traballo tutelado.

O traballo tutelado (escrito), é dicir, o 30% da nota total da materia,
poderá convalidarse no caso de que o/a alumno/a preparara un artigo científico
para publicar nunha revista de prestixio ou ben xa o teña publicado, sobre o
que deberá facer unha presentación oral (10%).

TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude,
copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na
oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade
seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de
profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª
avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou
perpetua do alumno do Mestrado cursado.


Fontes de información
Bibliografía básica Mira, J.J., Gómez, J., Aranaz, J. & Pérez, E. (1998). Auditoría de historias clínicas: ¿cuál es el tamaño adecuado de la muestra?. Todo Hospital, 140: 58-64
Rius, F. & Barón, F.J. (2005). Bioestadística. Madrid: Thomson
García Roldán, J.L. (1995). Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante
Hulley, S.B. & Cummings, S.R. (1993). Diseño de la investigación clínica-un enfoque epidemiológico. Barcelona: Doyma
Carrasco, J.L. (1995). El método estadístico en la investigación médica. Madrid: Ciencia 3
Sentís, J., Pardell, H., Cobo, E. & Canela, J. (2003). Manual de bioestadística (3ª ed.). Barcelona: Masson
Lodeiros Seijo, C. (2002). Manual práctico para la redacción y crítica de un artículo científico. Venezuela: Ediciones UDO / Fundacite Anzoategui
Burgos Rodríguez, R. (1998). Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública
Pita, S. (2015). Metodología de la investigación. Disponible en: http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp
Domenech, J.M. (1999). Métodos estadísticos en ciencias de la salud. Barcelona: Signo
Millán Calenti, J.C. (2006). Principios de Gerontología y Geriatría. Madrid: McGraw-Hill Interamericana
American Psychological Association (2020). Publication manual of the American Psychological Association (7th. Ed.). Washington, D.C.: APA
Fernández Ríos, L. & Buela-Casal, G. (2009). Standards for the preparation and writing of Psychology review articles. International Journal of Clinical and Health Psychology, 9(2), 29-344

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Máster. Especialidade Clínica/653540010
O Proxecto de Investigación en Xerontoloxía/653540017

Observacións

Libros e manuais adaptados á materia e outras Referencias bibliográficas, medios informáticos e medios audiovisuais

É recomendable o coñecemento de inglés técnico debido a que se precisará ler artigos e traballos científicos en inglés.

&nbsp;

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a) Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático

b) De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.&nbsp;



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías