A avaliación damateria constará de dous partes:
- Unha parte de avaliación continua (50%, 5 puntos sobre 10) consistente na elaboración, de forma individual, do borrador dun protocolo de investigación clínico-epidemiolóxica ou traslacional, de temática libre, coas especificacións indicadas polas profesoras da materia.
- Unha proba obxectiva (50%, 5 puntos sobre 10), en relación cos contidos desenvolvidos na materia.
Non presentado
Obterá a cualificación de NP (Non Presentado), o/aalumno/a que non se presente á proba obxectiva.
Segunda oportunidade
O sistema de avaliación decrito será de aplicacióntanto en primeira como en segunda oportunidade.
Segunda convocatoria e sucesivas
No caso do alumnado de segunda convocatoria esucesivas, non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores.
Alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica
Todas as observacións previas son aplicables aoestudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.
Convocatoria adiantada
Os criterios son os establecidos nas "Normas deavaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao emáster universitario", artigo 19.
Matrícula de honra
Poderán optar a Matrícula de Honra os alumnos cuxamedia supere o 9. As profesoras da materia poderán considerar criteriosadicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das acciónsformativas programadas na guía docente.
Fraude
A realización fraudulenta das probas ou actividadespropostas, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso "0" en dita proba ou actividade na oportunidadecorrespondente, invalidando a súa calificación de ser o caso tamén de cara ásegunda oportunidade.