Programa Green Campus
FCS. Para axudar a conseguir un entorno inmediato
sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de
Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato
virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. Plaxio. 1. Se, durante a
realización dunha proba de avaliación, o profesorado responsable ten
coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual
tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou
intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros/as, a comunicación
entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión
inmediata do/a estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos
motivos, que se enviará ao/á decano/a ou director/a xunto coas verificacións
documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa
cualificación da falta cometida polo/a estudante infractor/a. 2. Queda prohibido o
acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou
dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado
responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de
redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 3. A expulsión dunha
proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0)
na convocatoria da materia. 4. Na realización de
traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel
obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é
o caso, o permiso do/a seu/súa autor/a, poderá ser considerada causa de
cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento. |