Programa Green Campus FCS Para axudar a conseguir un entorno inmediato
sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de
Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais
que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre
cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. Plaxio A detección de fraude, copia ou plaxio na
redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de
avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte. Dita circunstancia comunicarase á Comisión
Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a
irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a
expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado. |