As dúas partes da materia serán cualificadas de forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos.
Para superar a materia é necesario superar cada unha das partes individualmente, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a correspondente.
No caso de que non se supere unha das dúas partes na 1ª oportunidade, a nota que figurará será a correspondente a parte suspensa, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.
A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula:
Nota final = 0,3 * Nota Investigación Cualitativa + 0,7 * Nota Investigación Cuantitativa/ Bioestadística
Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada docente comentará como se realizará a avaliación da súa parte.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES
DIDÁCTICAS DE BIOESTADÍSTICA E METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA
Proba mixta: Realizarase unha proba escrita na
data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test,
preguntas de resposta breve e/ou exercicios de cálculo relacionados cos
contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no
desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O
resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da
materia.
Solución de problemas: Realizaranse probas de
coñecemento e/ou boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de maneira
individual ou en grupomediante a aplicación dos
coñecementos traballados, e cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así
se indique. Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de
10. A cualificación media destes traballos representará o 50% da cualificación
global desta parte da materia.
A cualificación final desta parte da materia
calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para
superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible conseguir
un 4 na proba escrita.
A metodoloxía de avaliación descrita é
obrigatoria para as/os alumnas/os de matrícula común en primeira oportunidade
(xuño).
Segunda oportunidade (e sucesivas),
oportunidade adiantada: As/os alumnas/os de segunda oportunidade ou
oportunidade adiantada poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a
primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas
deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que
representará o 100% da nota final desta parte da materia.
Matrícula parcial: As/ os alumnas/os de
matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora desta parte da
materia ao comezo do curso. As/os alumnas/os con matrícula a tempo parcial
poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un
exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia) tanto
en primeira como en segunda oportunidade. adiantada.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA
Aprendizaxe colaborativa: A nota representará 80 % da calificación global desta parte da materia.
Proba Mixta: A nota total representará 20% da calificación global desta parte da materia.
A cualificación final desta parte da materia
calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para
superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible conseguir
un 5 na aprendizaxe colaborativa e un 4 na proba mixta.
Segunda oportunidade (e sucesivas), oportunidade adiantada: Utilizaranse as mesmas metodoloxías e o mesmo proceso será que na 1º oportunidade.
Matricula a tempo parcial: Utilizaranse as mesmas metodoloxías e o mesmo proceso que para o estudantado con matricula a tempo completo.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sustentabilidade Medio-Ambiental do Green Campus ", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:
a.- Non se empregarán plásticos.
b.- Realizaranse impresións a dobre cara.
c.- Empregarase papel reciclado.
d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.