O conxunto de metodoloxías de avaliación descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten polo adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial.
MATRICULA ORDINARIA: A superación da materia queda suxeita a que a Proba de Respuesta Múltiple (PRM) sexa superada pola estudante, debendo acadar o 50% da puntuación da nota máxima. Para poder conseguir alomenos o 50% da nota da metodoloxía Aprendizaxe Colaborativa (AC) é preciso asistir e participar, como mínimo, no 80% das clases e ter colaborado activamente co grupo no 80% das tarefas propostas. A nota final da materia obterase sumando á porcentaxe da PRM (siempre que estea aprobada) a porcentaxe obtida na AC, independentemente do seu valor. O aprobado conseguirase cando a suma das porcentaxes resulte igual ou superior ao 50%. No suposto de que a PRM estea aprobada, pero non AC e a suma das porcentaxes non acaden o 50%, a/o alumna estará suspensa e deberá presentarse na segunda oportunidade á PRM para poder acadar unha nota superior, de xeito que a suma das porcentaxes chegue ao 50%.
Na segunda oportunidade da materia manterase a nota obtida na primeira oportunidade en AC (independientemente do seu valor), cuxo porcentaxe será sumado á nota obtenida na PRM, sendo preciso acadar o 50% para superar a materia.
MATRÍCULA PARCIAL: No caso de estudantes con matrícula parcial, dispoñen de dúas opcións, a primeira consiste en presentarse á PRM, supoñendo o seu resultado o 100% da evaluación. Para optar a dita opción, o alumnado con matrícula parcial, deberá solicitalo a través do correo electrónico despois da sesión de actividades iniciais e antes da primeira sesión de grupo semanal de 20 persoas. Se non solicita esta primeira opción as metodoloxías e porcentaxes serán os indicados no apartado de avaliación e a asistencia será obrigada cando estea planificado desenvolver, segundo calendario, as tarefas da AC (independentemente da dispensa que lle exima da asistencia, nos termos que indica a norma reguladora).
ADIANTO DE OPORTUNIDADE: Neste caso a Proba de Opción Múltiple suporá o 100% da avaliación.
A cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior nota na metodoloxía de maior peso porcentual.
Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.
Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.