Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Practicum Código 661G01032
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 24
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I, II, III, IV, V, VI, VII para poder cursar esta materia.
Departamento
Coordinación
Rodríguez Costa, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.rodriguez.costa@udc.es
Profesorado
Garcia Fraguela, Berta
García Rodríguez, María Teresa
Rodríguez Costa, Francisco Javier
Sánchez Álvarez, Carmen María
Sanchez Álvarez, Carmen Mª
Sánchez Flores, Paula
Seijo Bestilleiro, Rocio
Souto Fernández, Estela
Correo electrónico
berta.fraguela@col.udc.es
m.t.garcia.rodriguez@udc.es
francisco.rodriguez.costa@udc.es
carmen.sanchez1@udc.es
carmen.sanchez@udc.es
paula.sanchez.flores
r.seijob@udc.es
estela.souto@udc.es
Web http://www.campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Son Estancias Clínicas que corresponden ó nivel avanzado da aprendizaxe práctico clinica que teñen como finalidade integrar os coñecementos e habilidades adquiridas que lles permitan entender, comprender , diagnósticar e participar no deseño e desenvolvemento dun plano de coidados ás persoas nun contexto determinado de saúde, e desenvolver habilidades de comunicación efectiva cos doentes, familias e equipo.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B18 Desenvolver a capacidade de liderado.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
C13 CB5.- Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade de participar de xeito activo e responsable como integrante do equipo asistencial A62
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B14
B18
B19
B22
C1
C3
C4
C7
C12
C13
Desenvolver con habilidade estratexias de comunicación coas persoas, familias, grupos e comunidade. A62
B5
B7
B9
B10
B11
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
C13
Amosar a capacidade de determinar as necesidades de coidado das persoas atendidas, establecendo os diagnósticos de enfermaría e complicacións potenciais. Planificar as intervencións e actividades necesarias. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade e avaliando a súa eficacia. Utilizar os Sistemas de Continuidade de Coidados. A62
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B19
B20
B21
B22
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
C13
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumplir as normas de funcionamento das Institucións Sanitarias. A62
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B13
B15
B16
B18
B20
B21
B22
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12
C13

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas que se desenvolven en calquera ámbito da practica da enfermaría. Realización do proceso de coidados.
Realización de actividades de prevención e promoción da saúde.
Coidado ás persoas en situacións específicas.
Comunicación co usuario e/ou persoas significativas e intraprofesional.
Traballo en equipo e relacións interprofesionais.
Incorporación á práctica profesional dos principios éticos e legais que guían a profesión.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 480 0 480
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B4 B8 C1 C7 C11 C12 C13 0 21 21
Estudo de casos A62 B2 B3 B4 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 6 65 71
Lecturas A62 B3 B8 B11 C6 C11 C12 C13 4 16 20
Actividades iniciais A62 B1 2 0 2
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Práctica clínica de intervención integradora e avanzada que se desenvolve no ámbito hospitalario ou comunitario (segundo asignación) en quenda fixa ou rotatoria.
Portafolios do alumno O Portafolios contén o rexistro realizado polo estudantado durante o período de práctica clínica.
Constará dos seguintes contidos :
1. MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada polos seguintes documentos:
- Reflexión Crítica sobre a Unidade Clínica ou Centro de Saúde na que se realizaron as prácticas.
- Autoavaliación do estudante
2. DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia das Prácticas Clínicas e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
Estudo de casos A /o estudante elixirá un proceso patolóxico tipo da Unidade de Prácticas e realizará o seguimento dunha persoa con ese problema de saúde, seguindo os pasos que se enumeran a continuación:
Descrición do proceso patolóxico elixido. Bases fisio-patolóxicas do caso.
Enumeración dos problemas de saúde e complicacións potenciais, determinando obxectivos e actividades de enfermaría para resolver e previr os problemas reais e potenciais detectados.
Valoración final do estudante sobre as fortalezas e dificultades percibidas para a realización do traballo.
O traballo sobre o caso clínico colgarase na plataforma Moodle ou enviarase por correo electrónico á profesora asignada e será presentado de forma oral (con apoio audiovisual) nunha sesión de grupo reducido. A profesora especificará, de ser o caso, a necesidade de usar taxonomía enfermeira, dependendo da unidade na que se realicen as prácticas.
Lecturas O profesorado presentará ao alumnado, para a sua leitura crítica, un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Actividades iniciais Actividade que ten lugar antes do inicio das prácticas clínicas. Realizarase unha sesión na aula para o grupo completo do estudantado na que se especificarán as metodoloxías para o correcto desenvolvemento da materia, así como o sistema de avaliación. Asi mesmo, cada profesora realiza a presentación ó grupo asignado para aclarar aspectos relativos a actividade segundo se realicen as prácticas clínicas en atención especializada ou atención primaria.


Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Lecturas
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada relacionada coas prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas do estudantado relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que as-os estudantes deben acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, a través de Teams o del correo electrónico.

A atención personalizada relacionada co Estudo de casos ten como finalidade orientar ao estudantado no desenvolvemento da planificación e a presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, a través de Teams ou do correo electrónico.

A realización do Portafolios tamén disporá de atención personalizada a través dos medios indicados anteriormente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 50
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B4 B8 C1 C7 C11 C12 C13 Para a avaliación do Portafolio terase en conta a súa presentación en tempo e forma, así como a cumplimentación correcta de todolos apartados que o compoñen: ata 3 puntos
A claridade e corrección na redacción, a capacidade de síntese e a cumplimentación de todolos items de autoavaliación serán fundamentais para a avaliación do Portafolio: ata 3 puntos
A capacidade crítica e a corrección narrativa teranse en conta para a avaliación do Diario Reflexivo de Prácticas: ata 4 puntos
O peso total do Portafolios na nota final e do 10%
15
Estudo de casos A62 B2 B3 B4 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 O estudantado presentará o caso clínico en grupos de estudantes (ou individualmente segundo determine o docente) e responderán ás preguntas realizadas polos componentes do grupo. A presentación oral do Estudo de Caso asignaráselle un máximo de 10 puntos e suporá o 20% do total da nota neste apartado.
Para a avaliación da presentación oral terase en conta o tempo de exposición, o uso de recursos audiovisuais, a capacidade de síntese, o dominio dos contidos e da exposición, así como a claridade da mesma.

Ao Estudo de Caso asignaráselle unha puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 80% do total da nota neste apartado.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
1. Presentación (léxico, redacción, orde dos apartados, estrutura): ata 1 punto
2. Valoración por necesidades básicas de V. Henderson ou Patróns funcionais de M. Gordon: ata 2 puntos
3. Diagnósticos: ata 2 puntos
4. Planificación (priorización, NIC, NOC): ata 3 puntos
5. Avaliación: ata 1 punto
6. Referencias bibliográficas: ata 1 punto
35
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes  é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II, III, IV, V, VI e VII; tal e como consta na memoria do Título de grao en Enfermaría.

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas polo estudantado segundo os criterios establecidos.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas e obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse dacordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. Éstas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas o estudantado deberá presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas. 

Avaliación 2º oportunidade:

Dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia, na que a maioría das actividades son presenciais (práctica clínica), e polo tanto non recuperables, o estudantado só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar o estudo de casos e o portafolios. 

Adianto de oportunidade e estudantado con matricula parcial:

Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.


O profesorado da materia valorarán a necesidade de realizar unha proba obxectiva e de caracter voluntario para aqueles/as estudantes con calificación superior a 9 e que desexen acadar a Matrícula de Honra.

Na realización dos traballos o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.
 



Fontes de información
Bibliografía básica (). . http://www.fisterra.com/
Barranco Martos, A (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo I.. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50560
Barranco Martos, A (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo II.. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50561
Barranco Martos, A (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo III.. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50562
Martín-Romo Mejías, J. (Coord.) (2014). Actuación de Enfermería en urgencias . https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/113010
Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).. Barcelona: Elsevier
Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. (2018). Clasificación de resultados de enfermería (NOC).. Barcelona: Elsevier
NANDA International. (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2021-2023. Barcelona: Elsevier
Bardají Fandos T. (2008). El diario reflexivo como herramienta de autoaprendizaje en la formación de enfermería . Nursing, Agosto 2008; 26(7):52-8.
Luis MT (2013). Los Diagnósticos enfermeros. Revisión crítica y Guía Práctica.. Barcelona: Elsevier
Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A. (). Manual de enfermería intensiva.. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/115423
NANDA International. (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier
Barranco Martos, A (2013). Tutorial enfermería de urgencias. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50563

A bibliografía básica para esta materia está relacionada fundamentalmente coa especificada nas seguintes materias: Estadías Clínicas I, II, III, IV, V, VI e VII.



Bibliografía complementaria Kübler-Ross E. (1993). Sobre la muerte y los moribundos. Barcelona. Grijalbo

A bibliografía complementaria pode ser incorporada ao longo do curso polos profesores da materia, que farán indicacións de libros e/ou artigos de revistas científicas de interese na plataforma Moodle da materia.



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026
Estancias Clínicas III/661G01027
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/661G01033

Observacións

Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superadas as materias: Estadías Clínicas I, II, III, IV, V, VI e VII para poder matricularse no Practicum.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías