Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Enfermaría Clínica I Código 661G01034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Profesorado
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Web http:// http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O propósito desta materia é capacitar ao estudante para identificar as alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptándoos ao ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados alcanzar o maior grao de independencia das persoas.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: factores que inflúen, mecanismos fisiopatolóxicos, manifestacións, métodos diagnósticos e tratamentos médicos e cirúrxicos específicos. A34
B1
B3
B4
B6
B9
C1
C3
C11
Identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B11
B15
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C11
Identificar os diagnósticos de enfermería e complicacións potenciais en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B11
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C8
C10
C11
C12
Planificar coidados de enfermería as persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Unidade didáctica I: Xeneralidades Bases conceptuais da Enfermería clínica.
O proceso inflamatorio.
Coidado das feridas.
Atención de enfermaría as persoas con síndrome hemorráxico.
Atención de enfermaría as persoas con dor.
Unidade didáctica II: Atención de enfermería ás persoas sometidas a intervención cirúrxica. Periodo preoreratorio.
Periodo intraoperatorio.
Periodo posoperatorio.
Unidade didáctica III: Atención de enfermería ás persoas con trastornos da función respiratoria. Recordo anatomo-fisilóxico.
Síntomas e signos.
Métodos de diagnóstico.
Atención de enfermería ás persoas con:
Trastornos das vías respiratorias superiores
Asma bronquial.
Enfemidade pulmonar obstructivo crónica.
Infeccións respiratorias.
Tumores pulmonares.
Trastornos torácicos.

Unidade didáctica IV: Atención de enfermería ás persoas con trastornos da función vascular. Recordo anatomo-fisilóxico.
Síntomas e signos.
Métodos de diagnóstico.
Atención de enfermería ás persoas con:
Trastornos arteriais.
Trastornos venosos.
Trastornos sistema linfático.
Unidade didáctica V: Atención de enfermería ás persoas con trastornos da función renal e urinaria. Recordo anatomo-fisilóxico.
Síntomas e signos.
Métodos de diagnóstico.
Atención de enfermería ás persoas con:
Insuficiencia renal aguda.
Insuficiencia renal crónica.
Transplante renal.
Síndrome nefrítico.
Síndrome nefrótico.
Infeccións urinarias/cistite, pielonefrite
Uropatía obstructiva/urolitiase.
Tumores prostáticos e vesicais.
Hipertensión arterial.
Trastornos hidroelectrolíticos e ácido-base.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A34 A35 A36 A37 A38 A39 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B15 B16 B19 B24 C3 C4 C8 C10 C11 20 20 40
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 20 30 50
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 0 10 10
Lecturas A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 0 10 10
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 1 37 38
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. A/o estudante sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Lecturas Textos e documentación escrita para profundar nos contidos e traballos.
Proba mixta Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o curso, .
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Nas preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba mixta
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
A docente realizará atención personalizada para seguimento, consultas, orientación do estudio e elaboración de traballos. O espazo de comunicación será a titoría presencial, virtual síncrona (Teams) e asíncrona (Moodle e correo-e).

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. Constará de preguntas curtas, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados. 50
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de obxectivos e intervencións de enfermería (NIC). 10
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As e os estudantes resolverán situacións de saúde descritas nos casos clínicos.
No desenvolvemento desta metodoloxía avaliarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Na valoración inclúese a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula e nos grupos de traballo. No desenvolvemento da metodoloxía inclúense probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da e do estudante na actividade individual e de grupo.



35
Lecturas A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 Lecturas de documentos relacionados coa temática da materia, con actividades específicamente diseñadas para el análisis de los mismos. 5
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación final
quedará suxeita a que todas as metodoloxías que computen na avaliación sexan
superadas pola/o estudante. Na presentación da materia, a
docente informará de forma pormenorizada de como se aplicarán os criterios de avaliación. 

2ª oportunidade: Os criterios de avaliación da segunda
oportunidade (xullo) serán os mesmos que os da primeira oportunidade (xaneiro).
A proba mixta e de estudo de casos realizaranse coincidindo coa data oficial do
exame da materia da 2ª oportunidade. O traballo tutelado, deberá desenvolverse
de xeito individual e a data de entrega establecerase no período de
avaliación da 2ª oportunidade. 

Adianto de oportunidade: Proba mixta 100% (inclúe
preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e
resolución de estudo de casos) 

Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e
porcentaxes serán as mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes
deberán realizar a entrega da resolución dos casos propostos e realizar as
probas escritas presenciais durante o curso. O traballo tutelado realizarase de
xeito individual ou grupal, segundo acordo co/a estudante.


Fontes de información
Bibliografía básica http://www.fisterra.com/ (). .
Metas de Enfermería (). .
Rol de Enfermería (). .
Enfermería Clínica (). .
Nursing (). .
http://061.sergas.es (). .
SMELTZER SC, BARE BG, HINKLE JL. (2013). BRUNNER Y SUDDARTH. Enfermería Médico-Quirúrgica (2 vol.). . Barcelona: Lippincott-Willians
BUTCHER HK, GM, DOCHTERMAN JM, WAGNER CM. (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).. Barcelona: Elsevier
MOORHEAD S, JOHNSON M, MAAS ML, SWANSON E. (2018). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Barcelona: Elsevier
LUIS RODRIGO MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Barcelona: Elsevier Masson
N.A.N.D.A. Internacional (2021). Diagnósticos enfermeros: Definiciones y clasificación 2018-2020. Barcelona: Elsevier
MORILLO RODRIGUEZ J, FERNANDEZ AYUSO D (2016). Enfermería Clínica I. Cuidados generales y especialidades médico-quirúrgicas. Barcelona: Elsevier
LEWIS SM, HEITKEMPER MM, DIRKSEN SR. (2004). Enfermería Medicoquirúrgica. Valoración y Cuidados de Problemas Clínicos (2 vol.). . Madrid: Elsevier-Mosby
LeMone P, Burke K (2009). Enfermería medicoquirúrgica: pensamiento crítico en la asistencia del paciente. . Pearson educación
SEIDEL HM, BALL JW, DAINS JE, FLYNN JA, SOLOMON BS, STEWART RW (2011). Exploración Física. Barcelona: Elsevier
ALLUE M. (1996). Perder la piel. Barcelona: Planeta/Seix Barral

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Bioloxía/661G01002
Psicoloxía/661G01003
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Fisioloxía/661G01105
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013
Estancias Clinicas I/661G01025

Materias que continúan o temario
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Farmacoterapia/661G01024
Estancias Clinicas II/661G01026
Estancias Clínicas III/661G01027
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Practicum/661G01032
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

 - A entrega de documentación da actividade solicitada realizarase en formato dixital, a través de Moodle, se non se especifica outro medio.

 - Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerado causa de cualificación de suspenso na actividade.

 - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

 - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

 - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas na aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

 - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

 - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías