Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- O alumno debe saber definir as teorías que expliquen os comportamentos dos turistas e dos actores (empresarios, Administración, etc.) do sistema turístico.
- Saber formular modelos prácticos de planificación para o desenvolvemento turístico sostible.
- Saber como se constrúe un produto turístico, a imaxe que se proxecta e como se percibe.
- Saber avaliar socialmente a repercusión do turismo para os turistas e para as sociedades receptoras
|
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. As distintas concepcións sociolóxicas da realidade aplicadas ao turismo.
|
1.1 Opción multiparadigmática e integrada.
1.2 Paradigmas consenso-conflito.
1.3 Outras teorías aplicadas ao turismo.
|
2. Métodos e técnicas de investigación aplicados ao turismo.
|
2.1 Metodoloxía pluralista.
2.2 Métodos cuantitativo e cualitativo.
2.3 Técnicas de recollida e tratamento de datos dos devanditos métodos.
2.4 Fases do método cuantitativo-deductivo aplicado ao turismo.
|
3. Cambio social e turismo: a evolución do turismo en relación cos grandes cambios sociais.
|
3.1 Turismo de nobleza e de burguesía.
3.2 Turismo de masas.
3.3 Turismo del siglo XXI. |
4. Tendencias do turismo no futuro. |
4.1 Tendencias segundo a OMT.
4.2 Riscos mundiais ou locais e posibles variacións das previsións turísticas.
4.3 Sociedades da información. |
5. As funcións do turismo para os turístas. as motivacións dos turístas. |
5.1 Funciones do turismo: perspectiva da liberación e realización humanas, perspectiva crítica.
5.2 As motivacións dos turistas. |
6. A construción social dos produtos turísticos. |
6.1. Fases na construción social dos recursos-produtos turísticos e das necesidades dos turistas.
6.2. Obxectivación dos recursos turísticos. Perspectiva da autenticidade.
6.3. O ciclo de vida dos recursos-produtos-destinos turísticos
|
7. Repercusións do turismo no desenvolvemento integral das sociedades.
|
7.1. O paradigma do desenvolvemento integral do espazo social.
7.2. Distintos capitais que contribuen ao desenvolvemento integral.
7.3. Metodoloxía de análise.
|
8. Os planes estratéxicos de desenvolvemento turístico: contidos, estrutura e metodoloxía.
|
8.1. Modelos de planificación turística.
8.2. Contidos e estrutura do plan.
8.3. Metodoloxía.
8.4. Exemplos de planes turísticos. |
9. Imaxe proxectada e percibida dos produtos turísticos. |
9.1 A creación da imaxe proxectada.
9.2 A imaxe percibida, satisfacción e comportamento do consumidor. |
10. O comportamento do consumidor turístico. |
10,1 Estudos macrosociolóxicos da demanda turística.
10.2 Estudos microsociolóxicos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
30 |
40 |
Proba mixta |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 |
2 |
9 |
11 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
22 |
37.5 |
59.5 |
Estudo de casos |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
5 |
12.5 |
17.5 |
Lecturas |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 |
5 |
15 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Ao longo do curso o alumno/a deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. Farase seguemento e control dos traballos tutelados nas titorías.
O traballo está suxeito a exposición oral.
|
Proba mixta |
Exame mixto de dúas partes: test e preguntas de desenvolvemento
|
Sesión maxistral |
Nas sesións expositivas impartiranse as teorías e fundamentos claves para a adquisición de coñecementos nesta materia.
|
Estudo de casos |
Visionado de películas ou audiovisuais que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.
|
Lecturas |
Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Ao longo do curso o alumno/a deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. O traballo está suxeito a exposición oral. Visionado de películas ou audivisuais que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios. Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios. Todos os traballos, estudos de casos e lecturas supoñen un control e seguemento que traballa nas titorías en pequenos grupos en clase ou a través de Teams.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 |
Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.
|
10 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Ao longo do curso o alumno/a deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. O traballo está suxeito a exposición oral.
|
20 |
Proba mixta |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 |
Exame mixto de dúas partes: test e preguntas de desenvolvemento.
|
60 |
Estudo de casos |
A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
Visionado de películas que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.
|
10 |
|
Observacións avaliación |
1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 40%, a parte teórica (exame) ten un valor dun 60%. Traballos tutelados, estudo de casos e lecturas son traballos obrigatorios para a avaliación continua (40%) e o alumno/a ten que obter un mínimo de (5 sobre 10) para facer media có exame (60%), no cal tamén deberá obter un mínimo de (5 sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes. 2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso (parte práctica da avaliación continua) na 1ª oportunidade, o alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requeridos para tentar aprobar a materia na 2ª oportunidade. A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame. O alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). Asistencia. Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% as ausencias teñen que xustificarse por motivos de traballo, prácticas, enfermidades ou ter solicitado a dispensa académica de exención de asistencia, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe da avaliación de ambas as partes Matrícula parcial ou dispensa académica. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais, e facerlos chegar ao profesor/a para a súa avaliación. Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización. Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calqiera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48 do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica alquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11). Atención á diversidade. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Huertas Roig, Assumpció (2014). Comunicación de los territorios, los destinos y sus marcas. Editorial UOC
Alvarez Sousa, Antonio (1994). El ocio turístico en las sociedades industriales avanzadas. Barcelona, Bosch Casa Editorial
Muntaner Montejano, Jordi (2014). Psicosociología del Turismo. Editorial Síntesis
Álvarez Sousa, Antonio; Mantecón, Alejandro; Puertas- Cañaveral, Inmaculada (2019). Sociología del Turismo. Centro de Investigaciones Sociológicas
Alvarez Sousa, Antonio (2009). Sociología del Turismo. Madrid, Centro de Estudios Financieros
Mazón Martínez, Manuel Tomás (2001). Sociología del Turismo. Editorial Universitaria Ramón Areces |
|
Bibliografía complementaria
|
Abad Galzacorta, M. y Fernández-Villarán, A. (2022). Diseñando experiencias sostenibles en turismo. Editorial Tirand Humanidades
Molina, S. (2006). El posturismo, Turismo y posmodernidad. Editorial Trillas
Bourdieu, P (1989). La distinción. Madrid, Taurus
Kuhn, T (1975). La estructura de las revoluciones científicas. México, Fondo de Cultura Económica
Goffman, Erving (1971). La presentación de la persona en la vida cotidiana. Buenos Aires, Amorrortu
Maslow, A.H. (1963). Motivación y personalidad. Barcelona, Sagitario
Dumazedier, Kaes René y otros (1971). Ocio y sociedad de clases. Barcelona, Fontanella
Knebel, H. J. (1960). Sociología del Turismo. Cambios estructurales en el turismo. Editorial Hispano Europea
Veblen, T. (1971). Teoría de la clase ociosa. México, Fondo de Cultura Ecocómica
Ritzer, G. (1993). Teoría sociológica contemporánea. México Mc Graw-Hill
Vicente de Paula Censi Borges y Jakson Renner Rodrigues Soares (Coord.) (2021). Turismo y Desarrollo: contextos diversos. Thomson Reuters Aranzazi
Rial Boubeta, A (2008). Una aplicación turística para el estudio de la imagen de marca de un destino turístico. Pasos, Vol 6 |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas/662G01005 | Introdución ao Turismo/662G01009 |
|
Materias que continúan o temario |
Márketing Turístico/662G01016 | Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo/662G01024 |
|
|