Os estudantes DEBEN aprobar (50%) todas e cada unha das seccións de
avaliación (proba obxectiva, obradoiro e as dúas seccións da proba oral)
para superar a asignatura.
Oportunidade de xullo: Na segunda
oportunidade (xullo) os alumnos serán avaliados do seguinte xeito: 60%
exame escrito, 20% exame oral e 20% traballos de evaluación continua dos
temas do curso. Se os alumnos superaron algunha destas partes, ben sexa o
exame escrito, os traballos do curso ou a parte oral na primeira
oportunidade, as súas notas manteranse na segunda oportunidade. Isto é
válido SÓ para as dúas oportunidades correspondentes ao presente curso
académico.
Só
obterase a cualificación de NON PRESENTADO se non se
participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da
materia.
O
mesmo método de avaliación aplícase para a segunda oportunidade (xullo).
Por tanto, os estudantes deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que
non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aos que non se
presentaron.
No
caso da convocatoria adiantada, os estudantes deben realizar un
exame escrito (60%) e unha proba oral (40%).
Honradez
académica
Lembrase
ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está
totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido
quedará automáticamente suspenso, independentemente da nota do examen e outras
probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de
avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario”.
Atención á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo electrónico: sarah.moss@udc.es