Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Intermediación Turística e Transporte II Código 662G01021d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Caamaño Franco, Iria
Correo electrónico
iria.caamano@udc.es
Profesorado
Caamaño Franco, Iria
Correo electrónico
iria.caamano@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Demostrar unha adecuada comunicación oral e escrita na lingua nativa. B2
C1
Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo así como da nova sociedade do ocio. A3
A14
Empregar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos da intermediación turística. A22
B7
C1
Deseñar obxectivos, estratexias e políticas comerciais no ámbito da intermediación turística. A3
A5
A6
A7
A11
A13
A14
A18
A22
A24
A32
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B5
B6
C1
C2
C5
C8
Comprender a arquitectura das axencias de viaxes en xeral, tanto físicas como online (OTAs). A3
A6
A7
A12
A14
A18
A22
B4
B7
C3
C4
C5
C6
Aprender e comprender as necesidades para a organización de eventos e os requisitos dos diferentes axentes que estén implicados. A6
A7
A11
A13
A32
B5
C2
C3
C5
Comprender, desenvolver e aplicar os fundamentos básicos da xestión na intermediación turística. A3
A5
A6
A7
B1
B4
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Recordando que é a intermediación turística 1.1. O papel das axencias de viaxe
1.2. A clasificación das axencias de viaxe
1.3. As axencias de receptivo: introducción e exemplos de éxito
Tema 2. Turismo de MICE 2.1. Aproximación conceptual ao Turismo MICE
2.2. Estudio do mercado actual (oferta, demanda)
2.3. Os eventos corporativos
2.4. As fases da organización dun congreso/evento
Tema 3. Xestión de Oficinas de Turismo 3.1. Nacemento e concepto
3.2. Usuarios e profesionais
3.3. Catálogo de servizos
3.4. Exemplos de éxito
Tema 4. O futuro da intermediación turística 4.1. O impacto de Internet na intermediación turística
4.2. Retos aos que se enfronta
4.3. O perfil do turista do “futuro” e como adaptarnos as súas preferencias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 6 54 60
Proba mixta A6 A7 A12 A14 A22 B2 B3 B4 B6 C1 2 20 22
Foro virtual B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 0 6 6
Sesión maxistral A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A32 C3 C4 C6 C7 C8 12 48 60
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Realizaranse distintos traballos tutelados relacionados co contido da materia durante todo o curso.
Para valorar a asistencia ás clases, os devanditos traballos poden ser realizados en calquera día, hora e non necesitan de aviso previo ao alumnado.
Proba mixta o final do cuadrimestre celebrarase de maneira presencial unha proba escrita de contido teórico-práctico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado.
O exame será unha proba mixta con preguntas tipo test, preguntas de verdadeiro ou falso e preguntas curtas e un apartado de preguntas de desenvolvemento.
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema relacionado coa materia e proposto polo docente. Desenvolverase a través do Moodle mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As clases veranse complementadas coa posibilidade para o estudante de acudir a tutorías fora da aula, onde o docente procederá a tratar de maneira individual e personalizadamente, as posibles dúbidas que poideran xurdir.
Trátase dunha participación obrigatoria para o alumnado que se poderá realizar de maneira presencial ou vía TEAMS.

Datos de contacto:

Iria Caamaño Franco
Email: iria.caamano@udc.es

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Os detalles do traballo explicaranse polo docente e se especificarán nun documento que estará a súa disposición no Moodle.
30
Proba mixta A6 A7 A12 A14 A22 B2 B3 B4 B6 C1 Realización dunha proba que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. 60
Foro virtual B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Participación no debate sobre un tema e/ou problema relacionado coa materia e proposto polo docente. Desenvolverase a través do Moodle medante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). 10
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer o exame final (100%) e, para aprobar, terá que obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Este alumnado terá a convocatoria de Xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terá que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. 

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando non se presente ao examen nin teña realizado os traballados da aula. 

Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) no seu defecto coa tutoria ADI da Facultade de Turismo.  


Fontes de información
Bibliografía básica Carlson Wagonlit Travel Meetings & Events (2020). 2020 future trends in meetings and events. .
Pastor, Ricador; Rivera-García, Jorge (2020). Airbnb y la intermediación turística. ¿Competición o coopetición? Percepción de los agentes de viajes en España. . Revista de Empresa y Humanismo
Pérez Mesa, Juan Carlos; García Barranco, Carmen; Galdeano Gómez, Emilio (2014). Cadena de suministro turística en España: un análisis de la intermediación. Cuadernos de Turismo
Albayrak, Tahir; Karasakal, Sezer; Kocabulut, Ozge; Dursun, Aslihan (2020). Customer Loyalty Towards Travel Agency Websites: The Role of Trust and Hedonic Value. Journal of Quality Assurance in Hospitality & Tourism
De Borja Solé, Luis; Gomis, Joan Miquel (2009). El Nuevo Paradigma de la Intermediación Turística.. Madrid: Editorial Pirámide
De la Serna, M.; Escudero, M. (2017). Guía de organización de congresos, eventos feriales y exposiciones. Madrid: Editorial Síntesis
Capriello Antonella y Riboldazzi Sabina (2020). How can a travel agency network survive in the wake of digitalization? Evidence from the Robintur case study. . Current Issues in Tourism
Quintana, T. A., Gil, S. M., y Peral, P. P (2016). How could traditional travel agencies improve their competitiveness and survive? A qualitative study in Spain. . Tourism Management Perspectives
Rodríguez Millares, Eulogio (2016). La imprescindible necesidad del OPC en la organización de cualquier evento. . Gran Tour: revista de investigaciones turísticas
Bergazo, José Domingo; Torres Agurto, Ricardo (2007). Las agencias de viaje: de las comisiones por venta de pasajes a los cobros por servicios "fees". . Gestión en el tercer milenio
Jiménez Castillo, David; Marín Carrillo, María Belén; Sánchez Pérez, Manuel (2007). Los convention bureaux. Coordinación, orientación e impacto en la comercialización del destino turístico. Papers de turisme
Tottino, Laura (2015). Una aproximación al trabajo que se realiza en las agencias de viajes: ¿Cómo es su organización?. Revista de estudios regionales
Abrate, Graziano et al., (2020). Which Future for Traditional Travel Agencies? A Dynamic Capabilities Approach.. Journal of Travel Research
Flores Alberto, Davinia; Salazar Niebla, Lisandra; Santana Turégano, Manuel Ángel (2011). ¿Desaparecerán los touroperadores? El papel de los intermediarios en la distribución turística. PASOS

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase ao estudantado ler o programa e as normas de avaliación da disciplina. Tamén se recomenda que asista regularmente ás clases; realice os exercicios propostos polo docente; discuta os casos cos compañeiros(a) e participe activamente dos debates xerados en clases.
A entrega dos traballos que se realicen nesta materia se enviarán a través de Moodle en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
A bibliografía recomendada non será a única utilizada nas discusións. O docente recomenda que o alumnado traia para as clases, discusións da actualidade, quer sexa xurdida na prensa escrita, quer na radiofónica ou televisiva (nos novos medios de comunicación, redes sociais, ou en medios tradicionais). Seguramente esa aplicación enriquecerá a aprendizaxe e facilitará a asimilación dos temas teóricos abordados.
Para facilitar a comprensión significativa dos coñecementos, o alumnado deberá revisar, antes das clases, o material posto á súa disposición por parte do docente.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías