Para aprobar esta materia, os alumnos deben obter unha nota mínima de aprobado (50%) nos TRES apartados de avaliación (proba escrita, oral e avaliación continua).
Só obterase a cualificación de NON PRESENTADO se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.
O mesmo método de avaliación aplícase para a segunda oportunidade. Por tanto, os alumnos deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aos que non se presentaron.
Os estudantes que non poidan cumpriros requisitos de asistencia debido á exención de asistencia segundo oestablecido na normativa publicada pola Universidade da Coruña (Art. 3.be 4.5Normas de aprobación, revisión e reclamación dos títulos, dous estudos de graoe posgrao (art. 3 e 8b), deben facer todas as tarefas de avaliación continua(20%), e presentarse à proba final (50%) e un exame oral (30%).
No caso da convocatoria adiantada, os estudantes deben realizar un examen escrito (70%) e unha proba oral (30%).
Contemplase a posibilidade de opcións alternativas de evaluación para casos especiais xustificados.
Honradez académica
Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automáticamente suspenso, independentemente da nota do examen e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.
Atención á diversidade
A materia poderá ser
adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio
á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou
relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos
disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (
https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo
electrónico: sarah.moss@udc.es