Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1. O TFM supón a realización, por parte de cada estudante, de forma individual, dun proxecto, memoria ou estudo concreto, é un traballo de especialización, que integra os coñecementos asimilados nas diversas disciplinas impartidas durante o mestrado, centrado no desenvolvemento dunha aplicación de tipo práctico.
2. O TFM facilitará o desenvolvemento das habilidades críticas, analíticas e creativas do alumnado ao adaptar solucións e métodos estudados na teoría a problemas reais. Excepcionalmente poderá ser un traballo de investigación sobre algún dos temas fundamentais na Dirección Integrada de Proxectos, neste caso requerirase a presentación con carácter previo, de unha memoria de investigación razoada e que inclua referencias à bibliografía existente sobre o tema concreto proposto. A devandita memoria deberá estar avalada por un director, docente do Master.
3. O TFM será realizado de forma individual baixo a supervisión dun ou máis directores.
4. O TFM só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado todos os créditos necesarios agás os correspondentes aos propios do TFM para a obtención do título de Máster
5. O TFM será defendido polo alumnado ante o Tribunal designado pola Comisión Académica do Máster, de forma publica e presencialmente.
|
AP1 AP2 AP3 AP4 AP8 AP19 AP20
|
BP1 BP2 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP9 BP10 BP11 BP12 BP13 BP14 BP15 BP16
|
CP1 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
3. ASIGNACIÓN DE TEMA E DIRECTOR
1. O Coordinador do Master solicitará aos profesores propostas de liñas de traballo para o TFM. O número total de traballos será igual ou superior ao número de alumnos matriculados.
2. Alternativamente, o alumno pode propor un tema que resulte de interese ao director que desexa que lle oriente.
3. A elección do director e do tema deberá producirse cando menos tres meses antes da finalización do prazo de presentación do TFM.
4. Unha vez elixido o tema o alumno cubrirá un documento ao efecto que presentará na Secretaría do Centro dirixido ao Coordinador do Máster, solicitando a autorización do proxecto do TFM, que incluirá o informe do proxecto e a conformidade do director.

9. ESTRUTURA DO TRABALLO.
1. O TFM deberá constar das seguintes partes:
a) Portada.
b) Índice Paxinado.
c) Resumo.
d) Contextualización e Xustificación.
e) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto.
f) Reflexións e Conclusións Finais.
g) Bibliografía.
h) Anexos, no seu caso.
i) No caso de Proxectos de investigación, deberá incluír, en vez do Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto os seguintes apartados:
j) Revisión do Estado da Arte,
k) Desenrolo del Modelo/hipóteses,
l) Contraste de Modelo/Hipóteses
|
2. Cada unha das partes mencionadas deberá recoller a seguinte información:
a) Portada. Será de deseño libre, pero incluirá: escudo e nome da Universidade; nome da Facultade; nome do Máster; título do TFM en Galego, Castelán e Inglés e nomes do autor e do director; ano de presentación.
b) Resumo: recolle un breve resumo do contido do traballo. (recomendase a realización do resumo tamén en inglés)
c) Xustificación e Contextualización: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo.
d) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto: Aplicación e integración adecuada dos 5 grupos de procesos da dirección de proxectos e manexo das interdependencias entre as áreas de coñecemento da dirección de proxectos. O plan para a dirección do proxecto debe integrar e consolidar todos os plans de xestión subsidiarios: alcance do proxecto, requisitos, cronograma, custos, calidade, melloras do proceso, recursos humanos, comunicacións, riscos, e adquisicións.
e) Bibliografía: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas, de acordo con a norma de estilo APA.
f) Anexos: o apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo.
3. O proxecto, que deberá realizarse en lingua galega ou castelá, non superará as 100 páxinas a espazo 1, tipo de letra calibri ou arial, tamaño de letra 11, e parrafos xustificados. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia en outro idioma da U.E.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A8 A19 A20 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
5 |
240 |
245 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Ver Reglamento TFM:
http://mdip.es/documentos/16-reglamento-trabajo-de-fin-de-master |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O TFM será dirixido alomenos por un membro do profesorado con docencia no plan de estudos do Máster, preferentemente Doutor. Tal profesor/a será responsable de:
1. Facilitar ao alumnado as orientacións adecuadas para elaboración do TFM. Isto non implica que o director do proxecto resolva os problemas, xa que se está a examinar a capacidade do alumnado para facerlles fronte.
2. Antes da presentación para ser avaliada, o director supervisará a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas presentes normas. Dará a súa opinión sobre cada estudante e o traballo realizado cubrindo o formulario na Secretaría Virtual dando a conformidade para que se poida presentar ante a Comisión de defensa do TFM.
3. O director dun TFM non poderá ser membro do Tribunal que o cualifique.
4. O TFM poderá ser dirixido por máis dunha persoa. Nese caso, deberá xustificarse obxectivamente este feito e deberá ser aprobado pola Comisión académica, e cando menos unha delas deberá ser un membro do profesorado que imparte docencia no plan de estudos do Título de Mestrado.
5. Se no marco dun convenio de prácticas o estudante ten que desenvolver parte do TFM ou a súa totalidade noutro organismo distinto as Universidades de Vigo e da Coruña, unha das persoas que dirixa o traballo poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFM, debendo sempre ser aprobado este feito pola Comisión académica.
6. No caso de que o TFM se inclúa nun contrato dun programa de mobilidade, asignarase como director do traballo o coordinador de mobilidade do centro que, utilizando o mesmo procedemento que os demais directores na Secretaría Virtual, emitirá un informe favorable á defensa cando teña coñecemento oficial da superación da proba por parte do estudante, deixando constancia de que se trata dun TFM dun programa de mobilidade. Deste xeito poderase continuar co procedemento establecido con carácter xeral: solicitude de defensa (que neste caso se entende como solicitude de incorporación da cualificación ao expediente) por parte do estudante, asignación de tribunal por parte do centro, cualificación do traballo e acta individual.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A8 A19 A20 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1. O TFM deberá constar das seguintes partes:
a) Portada.
b) Índice Paxinado.
c) Resumo.
d) Contextualización e Xustificación.
e) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto.
f) Reflexións e Conclusións Finais.
g) Bibliografía.
h) Anexos, no seu caso.
i) No caso de Proxectos de investigación, deberá incluír, en vez do Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto os seguintes apartados:
j) Revisión do Estado da Arte,
k) Desenrolo del Modelo/hipóteses,
l) Contraste de Modelo/Hipóteses
2. Cada unha das partes mencionadas deberá recoller a seguinte información:
a) Portada. Será de deseño libre, pero incluirá: escudo e nome da Universidade; nome da Facultade; nome do Máster; título do TFM en Galego, Castelán e Inglés e nomes do autor e do director; ano de presentación.
b) Resumo: recolle un breve resumo do contido do traballo. (recomendase a realización do resumo tamén en inglés)
c) Xustificación e Contextualización: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo.
d) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto: Aplicación e integración adecuada dos 5 grupos de procesos da dirección de proxectos e manexo das interdependencias entre as áreas de coñecemento da dirección de proxectos. O plan para a dirección do proxecto debe integrar e consolidar todos os plans de xestión subsidiarios: alcance do proxecto, requisitos, cronograma, custos, calidade, melloras do proceso, recursos humanos, comunicacións, riscos, e adquisicións.
e) Bibliografía: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas, de acordo con a norma de estilo APA.
f) Anexos: o apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo.
3. O proxecto, que deberá realizarse en lingua galega ou castelá, non superará as 100 páxinas a espazo 1, tipo de letra calibri ou arial, tamaño de letra 11, e parrafos xustificados. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia en outro idioma da U.E.
|
100 |
|
Observacións avaliación |
1. AVALIACIÓN E ACTAS. - Para a avaliación do TFM o tribunal valorará:
a) A adaptación dotraballo á tipoloxía xeral dun proxecto: inicio, planificación, execución,seguimento, control e peche do proxecto. b) A existencia dunproduto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outracaracterística que permita establecer as capacidades do alumno no ámbitoprofesional relacionado coa temática do Máster. c) A calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusióne/ou as posibilidades de continuidade do traballo. d) A defensa públicado TFM e a calidade formal do documento presentado. - A cualificación outorgarase nunha escala numérica de 0 a 10 seguindo as pautas recollidas no anexo I, con expresión dun decimal, á que poderá engadirse a súa correspondente cualificación cualitativa:
a) 0 - 4,9: Suspenso(SS) b) 5,0 - 6,9:Aprobado (AP) c) 7,0 - 8,9: Notable(NT) d) 9,0-10:Sobresaliente (SB) - Se o resultado da cualificación fose suspenso, O Tribunal fará chegar ao alumno e o director as recomendacións que considere oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.
- O Tribunal encherá e asinará a correspondente Acta de Cualificación provisional que se fará pública una vez rematado o acto da defensa. O orixinal da acta entregarase na Administración académica do centro.
- A acta de cualificación definitiva é individual para cada traballo. Ademais da cualificación do estudante, constará o título do TFM, o idioma en que está redactado o traballo e o idioma empregado na súa defensa. A acta será cumprimentada na Secretaría Virtual das Universidades responsables segundo a acta provisional por calquera membro do Tribunal e asinada dixitalmente polo secretario/a do mesmo. Igual que coas actas ordinarias, poderase enviar a nota ao móbil de cada estudante. O peche e entrega das actas de avaliación dos TFM aterase ao previsto no calendario académico aprobado. O período en que os traballos poidan ser cualificados na Secretaría Virtual non será posterior ás datas de avaliación dos TFM aprobadas no calendario académico.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
REGLAMENTO TRABALLOS FIN DE MASTER: http://mdip.es/images/CURSO_2016-2017/Reglamento_tesis_Master_DIP_2016.pdf |
|