Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Instalacións I [En extinción] Código 670G01014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Garcia Vidaurrazaga, Maria Dolores
Correo electrónico
d.garciav@udc.es
Profesorado
Garcia Vidaurrazaga, Maria Dolores
Correo electrónico
d.garciav@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia o alumno adquire os coñecementos sobre as instalacións, o seu funcionamento e a súa relación directa con requisitos básicos (normativas) que deben cumprir os edificios.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os principios básicos: a) de calorimetría e termotecnia referentes ás instalacións térmicas nos edificios b) de higrometría referentes á determinación de existencia de condensacións no interior dos cerramentos dun edificio segundo os criterios do CTE DB HE. c) das instalacións eléctricas e realizar a estimación de demanda eléctrica e o dimensionado dos condutores. d) dos aparatos elevadores, así como as condicións que deben cumprir os recintos que os albergan. e) de fotometría, as esixencias lumínicas dos distintos usos aos que se destina o inmoble e deseñar sistemas de iluminación xeral. f) das instalacións de telecomunicacións dos edificios. A9
A15
A19
A20
A24
A26
B2
B6
B13
B16
B21
B24
B29
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Verificar o cumpremento da limitación da demanda enerxética dun edificio segundo o CTE DB HE. A9
A15
A19
A20
A24
A26
B2
B6
B13
B16
B21
B24
B29
C1
C3
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 0. - Introdución ás instalacións no edificio e ordenación da edificación 0.1 - Principios básicos
0.2.- Tipoloxía de instalacións no edificio
0.3.- Deficiencias máis frecuentes e as súas consecuencias
0.4.- Cadro de responsabilidades e garantías
0.5.- Competencias do profesional no ámbito das Instalacións
Bloque 1. - Instalacións térmicas nos edificios: Calorimetría e termotecnia. 1.1.- Introdución á termodinámica
1.2.- Propiedades térmicas da materia
1.3.- Transmisión de calor
1.4.- Termodinámica do aire e psicometría
1.5.- Fundamentos da calefacción e da climatización
Bloque 2. - Aforro de enerxía nos edificios:Higrometría e condensacións nos cerramentos segundo o CTE DB HE 2.1.- Consumo e demanda enerxética do inmoble
2.2.- Condensacións producidas no interior do edificio
2.3.- Permeabilidade ao aire
2.4.- Análise dun caso práctico
Bloque 3.- Instalacións eléctricas de baixa tensión: estimación de cargas e dimensionamento 3.1.- Principios básicos de electrotecnia
3.2.- Partes integrantes da instalación eléctrica e as súas características técnicas
3.3.- Cálculo da demanda eléctrica nun edificio
3.4.- Cálculo da intensidade eléctrica e a sección dun condutor eléctrico
3.5.- Posta en funcionamento e mantemento
3.6.- Protección eléctrica (posta a terra e contra o raio)
Bloque 4. - Aparatos elevadores: Compoñentes, características técnicas dos equipos e dos recintos segundo o RAE 4.1.- Principios básicos e compoñentes
4.2.- Características técnicas dos equipos
4.3.- Características dos recintos
4.4.- Criterios para a inspección técnica
4.5.- Posta en funcionamento e mantemento
Bloque 5. - Instalacións de iluminación 5.1.- Principios básicos de iluminación e eficiencia enerxética.
5.2.- Requisitos lumínicos, UGR e rendemento da cor nos espacios interiores según
o seu uso
5.3.- Características das lámpadas e luminarias
5.4.- Dimensionamento dun sistema de iluminación e determinación do VEEI
Bloque 6. - Instalacións de Telecomunicacións: Redes de voz e datos 6.1.- Introdución
6.2.- Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións
6.3.- Medios de transmisión
6.4.- Sistema de cableado estructurado
6.5.- Dimensionamento dunha rede

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 A15 A19 A20 A24 A26 2 0 2
Sesión maxistral A9 A15 A19 A20 A24 A26 28 28 56
Solución de problemas A9 A15 A19 A20 A24 A26 28 57 85
Proba de resposta múltiple A9 A15 A19 A20 A24 A26 B2 B6 B13 B16 B21 B24 B29 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 0 1
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Prográmase un primeiro bloque introdutorio, no cal se consideran a presentación da materia, as consideracións xerais sobre o ámbito das instalacións na edificación, así como as responsabilidades e garantías dos distintos axentes que interveñen no no proceso da edificación.
Sesión maxistral Cada bloque leva asociada unha ou varias sesións na que o docente, impartirá os obxectivos e as directrices do traballo a desenvolver, así como a exposición de coñecementos específicos e metodoloxías de traballo asociadas ao dito bloque.
Solución de problemas Aplicación da metodoloxía para o cálculo e dimensionamento da instalación, tendo en conta os parámetros normativos e regulamentarios.
Proba de resposta múltiple Exame teórico, derivado principalmente da materia exposta nas sesións maxistrais, con preguntas tipo test ou de resposta curta, ou de desenvolvemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
O alumno dispoñerá dun horario de titorías, presenciaís / online, para realizar as consultas pertinentes e resolver as dúbidas que lle xurdan durante o desenvolvemento do curso académico. Nestas titorías o profesor poderá propoñer traballos complementarios e específicos ao alumno, co obxectivo de reforzar o seu coñecemento sobre a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A9 A15 A19 A20 A24 A26 Avaliación dos traballos entregados no prazo e lugar establecido. A asistencia ás sesións interactivas é obrigatoria e non se considerarán aquelas prácticas entregadas fóra de prazo para os efectos de avaliación. 60
Proba de resposta múltiple A9 A15 A19 A20 A24 A26 B2 B6 B13 B16 B21 B24 B29 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os coñecementos adquiridos mediante as sesións maxistrais avaliaranse mediante unha proba teórica que consta de preguntas tipo test ou de resposta breve, na que se esixe unha nota mínima de 4 sobre 10 para facer media coa parte práctica. 40
 
Observacións avaliación

A nota final
calcúlase segundo a fórmula: N= 60% TIG + 40% ET

TIG: Nota media dos
traballos individuais e en grupo.

ET: exame teórico
(preguntas cortas ou tipo test). (Nota mínima 4)


Fontes de información
Bibliografía básica

Documentación completa do Código técnico de la edificación na web http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos

Reglamento Electrotécnico para Baja Tensión na web: http://www.f2i2.net/legislacionseguridadindustrial/legislacionNacionalGrupo.aspx?idregl=76

Reglamento de Aparatos de elevación y manutención na web http://www.f2i2.net/legislacionseguridadindustrial/legislacionNacionalGrupo.aspx?idregl=54

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisica Aplicada I [Extinguida]/670G01002
Fisica Aplicada II [Extinguida]/670G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Instalacións II [En extinción]/670G01024
Instalacións III/670G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías