Os criterios de avaliación son os seguintes:
1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada:
a) Segunda oportunidade: As condicións de avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, apartado 5, das Normasde Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Gradoe Mestrado) dictaminan que a segunda oportunidade deber garantir a posibilidade de superación da materia polo estudante, polo que compre modificar as porcentaxes de calificación respecto da primeira oportunidade. Así mesmo, a actividade da segunda oportunidade consistirá nun único exame final que representará o 100% da nota final e que se realizará na data do calendario oficial. Neste exame final:
a) O traballo tutelado (aprendizaxe colaborativa) da primeira oportunidade será substituído por unha pregunta de redacción para avaliar o cuarto módulo do temario.
b) Os exames parciais (proba de resposta múltiple) e o exame final (proba obxectiva) da primeira oportunidade serán substituídos por un exame obxectivo para avaliar os tres primeiros módulos do temario.
Alternativamente, na segunda oportunidade, o alumno poderá conservar as cualificacións obtidas na avaliación continua da primeira oportunidade (cunha ponderación do 30% na nota final) e, neste caso, o exame final da segunda oportunidade representará a restante 70%.
b) Oportunidade adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (artigo 19 das Normas de Avaliación,Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grado e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba obxectiva que representará o 100% da calificación final.
3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba obxectiva cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba obxectiva na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.
4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame concualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
5. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
Outras observacións de avaliación. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba mixta é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto, o estudante deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba obxectiva acade un mínimo do 50% da puntuación da proba.
As clases son presenciais e, polo tanto, a asistencia a clase é obrigatoria.