1. SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios de avaliación aplicaránse tanto á primeira como
á segunda oportunidade, incluidos estudantes Erasmus e de intercambio.
2. CONVOCATORIA ADIANTADA
As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art.
19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos
Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta
oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba de resposta múltiple que
suporá o 100 % da calificación final.
3. CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO
Corresponde ó alumnado cando solo participe en actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.
4. ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL
E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA
Non se comtempla esta posibilidade.
5. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN
Os estudantes que suspendan a proba de resposta múltiple
recibirán a cualificación do examen como cualificación final en todas as
oportunidades.
As calificacións obtidas polos estudantes na avaliación
continua como resultado dos proxectos prácticos en equipo (ata 30%) e participación
individual (ata 10%) serán válidas solo durante o curso académico en cuestión.
Está prohibido o acceso ás aulas de examen con calquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de datos
(teléfonos móviles, reloxos intelixentes, etc.).
O comportamento fraudulento en cualquera dos apartados
sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso (0)" na
avaliación final.