Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer de forma básica o uso e programación de computadores, sistemas operativos. |
A3
|
B2 B3 B4 B7 B9
|
C1 C4 C5
|
Coñecer de forma básica as bases de datos. |
A3
|
B9
|
C1 C4 C5
|
Coñecer as bases sobre programas informáticos con aplicación en enxeñería. |
A3
|
B9
|
C1 C4 C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación. |
- Uso e programación de computadores.
- Bases de datos.
- Programas informáticos con aplicación na enxeñería. |
BLOQUE DIDÁCTICO I |
------------------------------------------------ |
Tema 1: Representación da información |
1.1.- Medida da información
1.2.- Sistemas de numeración usuais en Informática
1.2.1 Sistema de numeración binario
1.2.2 Códigos intermedios
1.3.- Representación de números enteiros
1.3.1.- Representación binaria sen signo
1.3.2.- Representación binaria signo-magnitude
1.3.3.- Representación binaria en complemento a 1
1.3.4.- Representación binaria en complemento a 2
1.3.5.- Aritmética con enteiros
1.3.6.- Representación decimal BCD
1.4.- Representación de carácteres
1.4.1.- Código ASCII
1.5.- Representación de información analóxica
1.5.1.- Representación de son
1.5.2.- Representación de imaxes |
Tema 2: Arquitectura de ordenadores |
2.1.- Arquitectura Von Neumann e extensións
2.2.- Memoria Principal
2.2.1.- Tipos de Memoria Principal
2.2.2.- Rendemento CPU-Memoria
2.2.3.- Xerarquía de memorias: memoria caché
2.3.- CPU (Unidade Central de Proceso)
2.3.1.- A Unidade Aritmético-Lóxica
2.3.2.- A Unidade de Control
2.3.3.- Rexistros da CPU
2.4.- Sistemas de almacenamento masivo
2.4.1.- Discos magnéticos
2.4.2.- Discos ópticos
2.4.3.- Memorias de estado sólido e USB
2.5.- Conexións e portos |
Tema 3: Sistemas operativos |
3.1.- Estrutura e funcións dun sistema operativo
3.2.- Tipos de sistemas operativos
3.3.- Xestión de recursos
3.3.1.- Xestión de arquivos e directorios
3.3.2.- Xestión do procesador
3.3.3.- Xestión da memoria principal
3.3.4.- Xestión de entrada/saída
3.3.5.- Xestión da seguridade |
Tema 4: Redes de datos e Internet |
4.1.- Sistemas e medios de transmisión
4.2.- Redes de comunicación e topoloxías de rede
4.3.- Tipos de redes
4.4.- Protocolos de rede
4.5.- Internet e a web |
BLOQUE DIDÁCTICO II |
------------------------------------------------ |
Tema 5: Introdución á programación |
5.1.- A programación
5.1.1.- Fase de análise
5.1.2.- Fase de programación
5.1.3.- Fase de codificación
5.2.- Estrutura dun programa
5.2.1.- Partes principais dun programa
5.2.2.- Clasificación das instrucións
5.2.3.- Elementos auxiliares dun programa
5.3.- Descrición de programas
5.3.1.- Pseudocódigo
5.3.2.- Organigramas de programa e sistema
5.3.3.- Representación das estruturas de control
5.4.- Linguaxes de programación
5.4.1.- Linguaxe máquina
5.4.2.- Linguaxe ensambladora
5.4.3.- Linguaxe de alto nivel
5.4.4.- Tradutores de linguaxe |
Tema 6: Introdución a Python
|
6.1.- Intérprete vs. compilador
6.2.- IDE
6.3.- Operadores e operandos
6.4.- Tipos de datos ( bool, int, float, complex), valores e variables
6.5.- Expresións e sentenzas
6.6.- E/S básica
|
Tema 7: Control de fluxo
|
7.1.- Expresións lóxicas
7.2.- Sentenzas condicionais
7.3.- Sentenzas iterativas
|
Tema 8: Funcións
|
8.1.- Definición e execución
8.2.- Variables e alcance
8.3.- Argumentos
8.3.1.- Acceso por posición
8.3.2.- Acceso por nome
8.3.3.- Valores por defecto
8.3.4.- Número variable de argumentos
8.4.- Recursividade
|
Tema 9: Contedores de datos
|
9.1.- Secuencias (listas, tuplas, rangos e cadeas)
9.1.1.- Iteradores
9.1.2.- Comprensións de listas
9.1.3.- Xeradores
9.2.- Conxuntos
9.3.- Dicionarios
|
Tema 10: Programación orientada a obxectos
|
10.1.- Clases e obxectos
10.2.- Atributos e métodos
10.3.- Herdanza
10.4.- Excepcións
|
Tema 11: Ficheiros
|
11.1.- Apertura e peche
11.2.- Lectura e escritura
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A3 B2 C1 C4 |
2.5 |
4.5 |
7 |
Sesión maxistral |
A3 B3 B7 B9 C4 C5 |
30 |
33 |
63 |
Solución de problemas |
A3 B2 C1 C4 |
30 |
24 |
54 |
Traballos tutelados |
A3 B2 B4 C1 C4 |
0 |
24 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba de avaliación que se realizará nas correspondentes oportunidades das convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita na que será necesario responder a diferentes tipos de preguntas e resolver problemas de programación. |
Sesión maxistral |
Actividade presencial na aula ou remotamente a través das TICs, que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a realización dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Poderase hibridizar esta metodoloxía cunha metodoloxía de aprendizaxe colaborativo. |
Solución de problemas |
Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de informática. Esta actividade consistirá no estudo de casos e exemplos ademais da realización, por parte dos alumnos, de exercicios de programación. |
Traballos tutelados |
Realización por parte do alumno dun ou varios traballos de programación ao longo do cuadrimestre, de forma autónoma e titorizados polos profesores. Cada traballo deberá de ser entregado antes da data límite indicada no enunciado e será avaliado mediante a corrección por parte do profesor e cunha revisión na que se lle realizarán preguntas ao alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Solución de problemas: a atención personalizada nas clases prácticas consistirá en resolver as dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a súa realización, modulando o tempo de atención a cada alumno en función das súas necesidades individuais.
Traballos tutelados: a atención personalizada nos traballos consistirá en titorías intermedias, durante o prazo habilitado para a súa realización, que se centrarán na revisión do traballo realizado ata ese momento, suxerindo cambios e aclarando dúbidas.
Consideracións para os alumnos con matrícula a tempo parcial: acordarase con cada un deles unha atención personalizada en todas as metodoloxías anteriores compatible coa dispoñibilidade horaria do profesor. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A3 B2 C1 C4 |
Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación na que o alumno terá que contestar a preguntas e resolver diversos exercicios de programación.
Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas e exercicios da proba.
Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PT: nota obtida na parte de teoría desta proba (40% da nota final).
PP: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final). |
70 |
Traballos tutelados |
A3 B2 B4 C1 C4 |
Resolución de traballos de programación de forma individual e autónoma, baixo a tutorización do profesor de prácticas correspondente. Será imprescindible entregalos en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión que consistirá na revisión do exercicio entregado e na cal se realizarán preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase a práctica.
Criterios xerais de avaliación:
* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas adecuadas ás preguntas realizadas polo profesor.
Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TP: nota total obtida nos traballos tutelados (30% da nota final). |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades): - Que a nota nos traballos tutelados sexa maior ou igual que 5.
- Que a nota na parte de teoría da proba mixta (PT) sexa maior ou igual que 5.
- Que a nota na parte de programación da proba mixta (PP) sexa maior ou igual que 5.
Se non se cumpren con todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se obterá, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma: - NOTA FINAL = 0,4×PT + 0,3×PP + 0,3×TP
Notas sobre as actividades: - No caso dos alumnos matriculados a tempo parcial, ofreceráselles a posibilidade de pasar a parte da puntuación dos traballos tutelados á proba mixta. Igualmente cos alumnos que se presenten na convocatoria de decembro. Por iso, é necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do curso.
- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba mixta que terá dúas oportunidades oficiais de exame. Por tanto, as notas obtidas durante o curso nos traballos tutelados gárdanse para a oportunidade de xullo, NON SENDO POSIBLE REPETILOS.
- De acordo ao artigo 14, apartados 1 e 3 da normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, cuxa última versión é do 29 de xuño de 2017, a copia ou intento de copia (ou calquera comportamento impropio) durante unha proba implicará a cualificación de suspenso cun 0 nas dúas oportunidades da convocatoria anual.
- De acordo ao artigo 14, apartado 4 da mesma normativa, o plaxio de calquera traballo implicará a cualificación de suspenso cun 0 no devandito traballo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
de Miguel Anasagasti, P. (2004). Fundamentos de los Computadores. International Thomson Learning Paraninfo
Prieto, A., Lloris, A., Torres, J. C. (2006). Introducción a la Informática. McGraw-Hill
Lubanovic, B. (2015). Introducing Python. O'Reilly Media
Marvin, R., Ng'ang'a, M., & Omondi, A. (2018). Python Fundamentals. Packt Publishing
Downey, A. (2015). Think Python 2nd Edition. Green Tea Press |
|
Bibliografía complementaria
|
Lutz, M. (2013). Learning Python 5th Edition. O'Reilly Media
Tanenbaum, A. S. (2000). Organización de computadoras: Un enfoque estructurado. Pearson Educación
Stallings, W. (2000). Organización y Arquitectura de Computadores. Prentice Hall
Matthes, E. (2019). Python Crash Course 2nd Edition. No Starch Press |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
É moi recomendable a asistencia ás clases prácticas de programación que se realizan ao longo do curso. Ademais, a través da páxina web da materia, propoñeranse diversos exercicios para fomentar a capacidade de resolución de problemas que será esixida ao alumno. Por tanto, é tamén aconsellable a realización destes exercicios para lograr unha boa aprendizaxe da materia. Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5 ("Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social") do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 3. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. |
|