A cualificación obtida en cada unha das metodoloxías avaliables e, por extensión, en cada unha das probas ou actividades nas que se dividen estas, consistirá nunha nota numérica que vai de 0 a 10 puntos.
A cualificación final da materia obterase como suma ponderada da nota obtida en cada unha das metodoloxías avaliables, resultando nun valor numérico sobre un máximo de 10 puntos.
cualificación final = cualificación Proba mixta (80%) + cualificación Prácticas de laboratorio (20%)
O aprobado da materia establécese en 5 puntos e está condicionado polo aprobado de todas e cada unha das metodoloxías avaliables e de cada unha das probas ou actividades en que estas puidesen dividirse.
Puidese darse o caso no que, aínda cando un alumno suspendese algunha das metodoloxías avaliables, a suma ponderada das notas de todas elas lanzase unha cualificación maior ou igual a 5. Nestes casos, a nota que se consignará na acta da convocatoria en curso será de 4,5 puntos.
Baixo ningún concepto poderase aprobar a materia sen superar con éxito a Proba mixta.
Observacións á avaliación da Proba mixta
A actividade avaliable principal e única necesaria para aprobar a Proba mixta é o exame final. É dicir, a nota máxima obtida neste exame supón un 10 na Proba mixta.
Con todo, o profesor poderá propoñer actividades que permitan ao alumno mellorar a súa cualificación. Estas actividades serán de carácter voluntario.
No caso de que a suma da cualificación obtida no exame final e as obtidas nas distintas actividades propostas sexa superior a 10 puntos, a cualificación da Proba mixta será de 10 puntos.
A mera asistencia a clase non é obrigatoria para a superación da materia e tampouco supón ningún tipo de recompensa en termos de cualificación final da materia. O profesor da materia non levará un control de asistencia ás clases máis aló do que estime necesario para coñecer o nome dos alumnos.
Observacións á avaliación das Prácticas de laboratorio
A forma de cualificar as Prácticas de laboratorio nas distintas convocatorias é a seguinte:
- Convocatoria de 1ª Oportunidade, a cualificación resultará da suma dos conceptos seguintes:
- Asistencia ás prácticas (42%)
- Test de avaliación das mesmas (8%)
- Exame escrito (50%)
- Convocatoria de 2ª Oportunidade, a cualificación será o valor máximo obtido nalgunha das dúas opcións seguintes:
- Nota obtida na convocatoria de 1ª Oportunidade
- Exame escrito
Os alumnos repetidores quedan eximidos da asistencia ás prácticas a condición de que asistisen á totalidade das prácticas no curso inmediatamente anterior. É dicir, a nota da apartado "Asistencia ás prácticas" se garda unicamente un curso académico
Convocatoria de segunda oportunidade
Salvo as diferenzas indicadas anteriormente na forma de avaliar a parte de Prácticas de laboratorio, os criterios de avaliación para a convocatoria de segunda oportunidade serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de primeira oportunidade.
Convocatoria adiantada
Os criterios de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de segunda oportunidade do curso anterior.
Dispensa académica
Os procedementos de avaliación descritos son aplicables a todos os alumnos, teñan ou non dispensa académica.