Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia
e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de
Acción Green Campus Ferrol":
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia:
* Solicitaranse en formato virtual e/ou
soporte informático
* Realizarase a través de Moodle, en formato
dixital sen necesidade de imprimilos
* En caso de ser necesario realizalos en
papel:
- Non se
empregarán plásticos
- Realizaranse
impresións a dobre cara.
- Empregarase
papel reciclado.
- Evitarase a
impresión de borradores.
Débese de facer un uso
sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural
Por decisión da comisión de calidade da EPEF, as materias optativas non poderán traballar máis que as competencias básicas xa mencionadas nesta guía docente. Non obstante, na materia "Vibracións" tamén se traballan as seguintes competencias específicas do título:
A1 FB1 - Capacidade para resolver problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñaría. Capacidade para aplicar os coñecementos de: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións derivadas diferenciais e parciais; métodos numéricos; algorítmico numérico; estatística e optimización.
A2 FB2 - Comprensión e dominio dos conceptos básicos das leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
A13 CR7 - Coñecemento dos principios da teoría de máquinas e mecanismos.
A23 TEM4 - Coñecementos e habilidades para aplicar os fundamentos de elasticidade e resistencia dos materiais ao comportamento de sólidos reais.
As competencias básicas de todas as optativas trabállanse conxuntamente con estas competencias específicas, que se adquiren inicialmente noutras materias obrigatorias, e que se reforzan e consolidan nesta optativa.