Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
B5 |
CB05 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B7 |
B5 - Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
B9 |
B8 - Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Manexar os principios básicos da análise estrutural por ordenador. Manexar as leis básicas que regulan a análise computacional de sólidos elásticos e estruturas.
|
|
B5 B7 B9
|
|
Resolver exercicios e problemas dun xeito completo e razoado |
|
B5 B7 B9
|
|
Aplicar de forma adecuada os conceptos teóricos no laboratorio. Modelar matematicamente sistemas mecánicos e estruturais
|
|
B5 B7 B9
|
|
Usar unha linguaxe rigorosa no campo da enxeñaría estrutural para presentar e interpretar datos e resultados
|
|
B5 B7 B9
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 0. Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación. |
Método dos elementos finitos; elementos estruturais; análise numérica de estruturas mediante programas informáticos. |
Tema 1. Formulación do método de elementos finitos, MEF, para estática
|
Formulación do problema estático. Principio dos traballos virtuais. Discretización. Interpolación elemental. Matriz de rixidez e vector de cargas. Ensamblaxe. Transformación das direccións dos graos de liberdade locais a globais cando difiren |
Tema 2. Formulación xeral do MEF |
Formulación do problema dinámico. Matriz de masas e de amortiguamiento. Imposición de condicións de contorno. Imposición de restricións: graos de liberdade mestres e escravos. Campo de desprazamentos, deformacións e tensións |
Tema 3. Aproximación do campo de desprazamentos |
Clasificación dos problemas elásticos. Matrices tensión-deformación. Funcións de aproximación da familia de elementos finitos en coordenadas xeneralizadas. Elementos de Lagrange e Serendip. Interpolación de Lagrange. Criterios de converxencia do MEF. Test da parcela. |
Tema 4. Elementos isoparamétricos |
Introdución. Elementos isoparamétricos. Espazo xeométrico, espazo natural. Funcións de aproximación no espazo natural. |
Tema 5. Elementos isoparamétricos para tensión e deformación plana |
Elasticidade en tensión e deformación plana. Elemento finito isoparamétrico para elasticidade plana. Jacobiano da transformación isoparamétrica. Singularidades. Erros de discretización. Matrices de masa e rixidez |
Tema 6. Aspectos numéricos |
Integración numérica. Método de Newton-Côtes. Cuadratura de Gauss. Integración bidimensional e tridimensional. Integración completa, reducida, selectiva. Selección do tipo e orde de integración. Establecemento da matriz de rixidez para elemento isoparamétrico bidimensional. Cargas de volume e superficie. Cargas térmicas. Elemento axisimétrico. Criterios de converxencia para elementos isoparamétricos. |
Tema 7. Elementos estruturais: viga |
Introdución. Viga de Euler-Bernouilli, viga de Timoshenko. Ecuacións de equilibrio de vigas. Formulación de elementos finitos: elemento hermítico. Elemento viga con movemento plano. Elemento viga espacial. |
Tema 8. Elementos estruturais: placa e lámina |
Teoría de placas. Placa de Kirchhoff. Placa de Reissner-Mindlin. Formulación de elementos finitos. Ecuacións de Equilibrio. Teoría de láminas. O elemento lámina plano. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
B5 B7 B9 |
4 |
24 |
28 |
Traballos tutelados |
B5 B7 B9 |
16 |
28 |
44 |
Sesión maxistral |
B5 B7 B9 |
18 |
45 |
63 |
Solución de problemas |
B5 B7 B9 |
4 |
9 |
13 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite a realización de actividades de carácter práctico con computador, tales como modelización, análise e simulación de elementos mecánicos e estruturais. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, resolvendo un problema que involucre os contidos da materia e involucre as competencias especificas da mesma, realizado baixo a tutela do profesor. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, que ten como finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe na o ámbito da análise resistente e de deformacións de sistemas mecánicos e estruturas |
Solución de problemas |
Técnica a través da cal hai que resolver unha situación problemática específica, a partir da
coñecemento que se traballou e que pode ter máis dunha solución. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Seguimento e orientación acerca da solución de problemas concretos xurdidos no desenvolvemento das distintas actividades expostas na materia.
Asistencia na realización dos traballos tutelados.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
B5 B7 B9 |
Hai que asistir sistematicamente ás prácticas e elaboralas durante o curso, para que a profesora poida avaliar o traballo realizado e que se inclúa na cualificación final. Non vale presentalas ao final sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terán en conta para a nota.
No proceso de avaliación das prácticas de laboratorio vaise realizar unha practica nunha sesión, na que o estudante individualmente resolverá co computador os problemas expostos pola profesora.
|
30 |
Traballos tutelados |
B5 B7 B9 |
O traballo involucra os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. Débese realizar individualmente nas sesións de prácticas ao longo do curso e en casa, nas horas non presenciais asignadas a este proxecto. Vaise a realizar un seguimento individualizado da realización do traballo nas sesións de prácticas. Non vale presentar o traballo o último día sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terá en conta para a nota.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
O estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexainsuficiente para realizar o seguimento do seu traballo, por dispensa académicaou por outras causas, terá igualmente que elaborar e presentar as prácticas e otraballo tutelado para a súa valoración. O seguimento do devandito traballoefectuarase nas sesións de tutoría. Neste caso, o proceso de avaliación damateria pode incluír ademais da presentación das prácticas e do traballotutelado, unha sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudanteresolve manualmente e/ou co computador os problemas expostos pola profesora. Para a segunda oportunidade pódese presentar o traballo pendente emellorar o xa realizado. O seguimento realízase en sesións de tutoría. Aavaliación realízase mediante a presentación das prácticas e dos traballostutelados pendentes e/ou mellorados. O proceso de avaliación da materia podeincluír, ademais da presentación das prácticas e do traballo tutelado, unhasesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmentee/ou co computador os problemas expostos pola profesora. Os criterios deavaliación da convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os dasegunda oportunidade do ano anterior. A fraude comprobada en calquera actividade de traballo,
proba ou avaliación dará lugar directamente á calificación de suspenso de
"0" na actividade de traballo, proba ou avaliación de que se trate,
sen posibilidade de volver presentala na convocatoria extraordinaria ou
avanzada.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
R. Gutiérrez, E. Bayo, A. Loureiro, LE Romera (2010). Estructuras II. Reprografía del Noroeste. Santiago de Compostela
Dassault Systèmes Simulia Corp. (2011). Abaqus Analysis User’s Manual. © Dassault Systèmes. Providence, RI, USA.
Eugenio Oñate (1995). Calculo de estructuras por el método de elementos finitos. CIMNE, Barcelona, España
Bathe K.J. (2006). Finite Elements Procedures.. Prentice-Hall, Pearson Education, Inc. USA |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G03013 | ESTRUTURAS/730G03021 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Tecnoloxía e Deseño de Estruturas/730G03071 |
|
Materias que continúan o temario |
VIBRACIÓNS/730G03040 | Tipoloxías Estruturais/730G03070 |
|
Observacións |
Para ayudar a conseguir un entorno inmediato sostenido y cumplir
con el objetivo de la acción número 5: “Docencia e investigación saludable y
sustentable ambiental y social” del "Plan de Acción Green Campus
Ferrol"
La entrega de los trabajos documentales que se realicen en esta
materia:
Se solicitarán en formato virtual y/o soporte informático
Se realizará a través de Moodle, en formato digital sin necesidad
de imprimirlos
En caso de ser necesario realizarlos en papel:
No se emplearán plásticos
Se realizarán impresiones a doble cara. Por decisión da comisión de
calidade da EPEF, as materias optativas non poderán traballar máis que as
competencias básicas xa mencionadas nesta guía docente. Non obstante, na
materia "Modelado de estruturas mediante elementos finitos" tamén se
traballan as seguintes competencias específicas do título: A1 FB1 - Capacidade para resolver
problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñaría. Capacidade para aplicar
os coñecementos de: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo
diferencial e integral; ecuacións derivadas diferenciais e parciais; métodos
numéricos; algorítmico numérico; estatística e optimización. A23 TEM4 - Coñecementos e
habilidades para aplicar os fundamentos de elasticidade e resistencia dos
materiais ao comportamento de sólidos reais. As competencias básicas de todas as optativas
trabállanse conxuntamente con estas competencias específicas, que se adquiren
inicialmente noutras materias obrigatorias, e que se reforzan e consolidan
nesta optativa. |
|