Datos Identificativos | 2022/23 | ||||||
Asignatura (*) | Organización e xestión da empresa | Código | 730G05007 | ||||
Titulación |
|
||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | |||
Idioma |
|
||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||
Prerrequisitos | |||||||
Departamento | Enxeñaría Naval e Industrial |
||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||
Web | |||||||
Descrición xeral | Introducir na disciplina da xestión empresarial. Para iso deberán: coñecer o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa, así como a súa estrutura organizativa e funcional; coñecer os sistemas de custos e os estados contables; coñecer e aplicar as técnicas de avaliación financeira de proxectos; e coñecer e aplicar as técnicas de planificación da produción. |
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Coñecer o marco xurídico e institucional e da organización e xestión de empresas | A6 |
B1 B3 B5 B6 |
C1 C3 C6 |
Contidos |
Temas | Subtemas |
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: | - Fundamentos básicos empresariais. - Función directiva. - Función económico-financeira. - Función de produción. |
BLOQUE I: FUNDAMENTOS BÁSICOS EMPRESARIAIS | Tema 1: A empresa como sistema. Tema 2: Marco institucional e xurídico: clases de empresas. |
BLOQUE II: FUNCIÓN DIRECTIVA | Tema 3: A planificación, a dirección e o control. Tema 4: A organización. Tema 5: A estratexia empresarial. |
BLOQUE III: FUNCIÓN ECONÓMICO-FINANCEIRA | Tema 6: Fundamentos de análise de investimentos. Tema 7: O financiamento da empresa. Tema 8: Viabilidade de proxectos. |
BLOQUE IV: FUNCIÓN DE PRODUCIÓN | Tema 9: A produción e as operacións. Tema 10: Dirección de proxectos. Tema 11: A xestión da calidade. |
Planificación |
Metodoloxías / probas | Competencias / Resultados | Horas lectivas (presenciais e virtuais) | Horas traballo autónomo | Horas totais |
Prácticas a través de TIC | A6 B1 B3 B5 B6 C1 C3 C6 | 18 | 27 | 45 |
Sesión maxistral | A6 B5 B6 C1 C3 C6 | 30 | 30 | 60 |
Solución de problemas | A6 B5 B6 C1 C3 C6 | 8 | 8 | 16 |
Traballos tutelados | A6 B5 B6 C1 C3 C6 | 1 | 21 | 22 |
Proba mixta | A6 B1 B3 B5 B6 C1 C3 C6 | 3 | 0 | 3 |
Atención personalizada | 4 | 0 | 4 | |
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas a través de TIC | Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Solución de problemas | Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Proba mixta | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. |
Atención personalizada |
|
|
Avaliación |
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A6 B5 B6 C1 C3 C6 | Os traballos tutelados consistirán na realización dun plan de empresa repartido en varias entregas ao longo do curso. | 40 |
Proba mixta | A6 B1 B3 B5 B6 C1 C3 C6 | Proba ou probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. | 60 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado exclusivamente coa proba mixta, representando esta un 100% da súa calificación. Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da primeira oportunidade. Neste contexto, gardaranse as partes aprobadas para a segunda oportunidade. Os criterios de avaliación da convocatoria extraordinaria son os mesmos que os da primeira oportunidade. Para facer media cómpre que o alumnado teña unha nota igual ou superior a 4 puntos na proba mixta e entregar e expoñer o traballo tutelado na data indicada. Nota: Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
Fontes de información |
Bibliografía básica |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|
|
Bibliografía complementaria | |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir
co obxectivo do plan de acción do Green Campus Ferrol: 2.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 3. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…) |