Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumnado coñece e identifica as lesións dermatolóxicas que afectan ao membro inferior e o seu tratamento. |
A101
|
B24 B28 B30
|
C9 C16
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. BASES DO DIAGNÓSTICO DERMATOLÓXICO |
1.1. Anatomía e fisioloxía da pel
1.2. Lesións elementais da pel
1.3. Lesións elementais das uñas
1.4. Procedementos e dispositivos diagnósticos |
TEMA 2. AFECCIÓNS DO TECIDO CONECTIVO |
2.1. Lupus eritematoso
2.2. Esclerodermia
2.3. Dermatomiositis
2.4. Síndrome de Sjögren
2.5. Artritis reumatoide |
TEMA 3. LESIÓNS DE ORIXE VASCULAR |
3.1. Enfermidade arterial periférica
3.2. Vasculitis
3.3. Enfermidade de Raynaud
3.4. Eritema pernio |
TEMA 4. INFECCIÓNS E INFESTACIÓNS |
4.1. Infeccións bacterianas
4.2. Infeccións víricas
4.3. Infeccións fúngicas
4.4. Infestacións
|
TEMA 5. DERMATOSIS INFLAMATORIAS |
5.1. Psoriasis
5.2. Liquen plano
5.3. Eccemas/dermatitis |
TEMA 6.
TUMORES MALIGNOS
LESIÓNS PRECANCEROSAS
TUMORES BENIGNOS
|
6.1. Carcinoma basocelular
6.2. Carcinoma epidermoide
6.3. Melanoma
6.4. Sarcoma de Kaposi
6.5. Queratosis actínica
6.6. Queilitis actínica
6.7. Leucoplasia
6.8. Eritroplasia
6.9. Poroma ecrino
6.10. Acantoma de células claras
6.11. Fibroqueratoma digital
6.12. Quiste mucoide digital |
TEMA 7. CIRURXÍA EN DERMATOLOXÍA E CICATRICES |
7.1. Principios básicos da cirurxía dermatolóxica |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A101 B28 B30 |
21 |
42 |
63 |
Seminario |
A101 B24 B30 C9 |
18 |
31.5 |
49.5 |
Traballos tutelados |
A101 B24 B28 B30 C9 |
3 |
13.5 |
16.5 |
Proba obxectiva |
A101 B28 B30 C16 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos,...).
Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela.
|
Seminario |
Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a. |
Traballos tutelados |
Realizarase e exporá un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario e/ou relacionado coa dermatoloxía.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e publicarase na plataforma virtual da UDC.
Na cualificación final individual de cada un dos alumnos/as que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición, capacidade de explicar adecuadamente o tema tratado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado.
A non realización do traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumno/a deberá responder na convocatoria de xullo a un cuestionario tipo test relacionado cos traballos tutelados realizados por todo o alumnado. |
Proba obxectiva |
Realizarase unha proba obxectiva presencial tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba constará de 2 partes e será necesario superar ambas as partes para poder facer media e dar por superada a proba obxectiva e superar a materia.
A proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, cos seminarios e con todos aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas así como as pautas da proba.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada está destinada a resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada coa materia. Desenvolverase de maneira presencial de mutuo acordo co profesorado, ou de maneira virtual (vía telefónica, correo electrónico, plataforma de teleformación...etc). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A101 B28 B30 |
Valoraráse a asistencia e a participación activa e produtiva ás clases da materia. |
10 |
Traballos tutelados |
A101 B24 B28 B30 C9 |
Realizarase e exporá 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario ou coa dermatoloxía.
As pautas para a súa realización así como as datas de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e anunciaranse na plataforma virtual da UDC.
A non realización, entrega e/ou exposición do Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico do traballo realizado, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado e a materia. |
10 |
Proba obxectiva |
A101 B28 B30 C16 |
Realizarase unha proba obxectiva presencial de 70 preguntas tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba constará de 2 partes (cada parte constará de 35 preguntas tipo test) e será necesario superar ambas as partes para poder facer media e dar por superada a proba obxectiva e por tanto a materia.
O factor de corrección será o seguinte: por cada 3 respostas incorrectas restará 1 pregunta correcta.
A proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, cos seminarios e con todos aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva. |
60 |
Seminario |
A101 B24 B30 C9 |
A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
A puntuación deste apartado realizarase en función da asistencia do alumno e a participación do mesmo cunha valoración maior dos seminarios preseciais. |
20 |
|
Observacións avaliación |
CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para poder aprobar a materia a cualificación da "proba obxectiva" é preciso sexa maior ou igual a 5 sobre 10. Se a cualificación é inferior a esta cifra (5), non se sumarán as cualificacións relativas aos apartados "seminario" e "traballo tutelado", e a cualificación será "SUSPENSO", coa nota numérica final a mesma que a do exame. Ademais, a nota total da suma das diferentes metodoloxías de avaliación ha de ser igual ou superior ao 50% da calificación total (5 sobre 10). Os coñecementos a avaliar non se cinguirán ao que aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e "de apoio" e non son os "APUNTES DA MATERIA". MATRICULA DE HONRA: O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión a tomará o profesorado e tomarase pola nota máis altas e a participación na aula. NON PRESENTADO: O alumnado que non se presenten á proba obxectiva serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades. MATRICULA PARCIAL: O alumnado con matricula parcial debe ter en conta que a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia é opcional. O alumno/a debe informar o profesorado desta situación como moito ata 15 días despois do inicio das clases. A asistencia ós seminarios e clases poderá ser sustituida pola realización dun traballo sobre un tema dermatolóxico acordado co profesor responsable da materia ó inicio do curso, traballo que suporá o 10% da nota da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá o 80 % da cualificación e o traballo tutelado o 10%.
DISPENSA ACADÉMICA: No alumnado con solicitude de dispensa académica a asistencia ós seminarios e clases será sustituida pola realización dun traballo sobre un tema dermatolóxico acordado co profesor responsable da materia ó inicio do curso, traballo que suporá o 10% da nota da materia. Neste caso a proba obxectiva supoñerá o 80 % da cualificación e o traballo tutelado o 10%. OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Neste caso a califición da proba obxectiva suporá o 100% da nota da materia.
2ª OPORTUNIDADE. O alumnado presentado a 2ª oportunidade aplicaranse os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade. O alumnado que non participase no resto de actividades de avaliación (sesión maxistral, traballo tutelado e seminario) na primeira oportunidade, ten que superar a proba obxetiva e obter un 5 sobre 10 na evaluación final para superar a materia. Pudendo realizar un traballo acordado co profesor responsable da materia en sustitución da nota da asistencia ós seminarios e entregar, de ser o caso, a tarefa de traballo tutelado (se non foi realizada no periodo da primeira oportunidade), en ambolos dous casos o plazo de entrega será 15 días antes do exame de segunda oportunidade. 2ª e POSTERIORES MATRÍCULAS. O alumnado que cursase a materia un ano e non supere a materia, gardaráselle as notas das partes superadas de sesións maxistrais, seminario e traballo tutelado, tendo que repetir as partes non superadas. ALUMNADO DE MOBILIDADE-INTERCAMBIO (SICUE/ERASMUS) BILATERAL: No caso do alumnado con condición de estudante de mobilidade debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Este alumnado debe ter en conta que na súa condición a presencialidad e a participación nas diferentes actividades da materia é opcional no caso de solapamiento de horarios. O alumnado poderá obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou coa modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da cualificación e o outro 20% a realización dun traballo consensuado co profesor responsable da materia. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA OBLIGATORIA: -MOSQUERA FERNÁNDEZ A, MONTEAGUDO SÁNCHEZ B. Patología cutánea del pie. 1ª ed. A Coruña: Universidade da Coruña, Servicio de Publicaciones; 2021. BIBLIOGRAFÍA ADICIONAL RECOMENDADA: - GARCÍA CARMONA FJ. Dermatología podológica. Guía práctica avanzada. Barcelona: Isdin-Ediciones Mayo 2009. - GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Guía práctica de Dermatología Podológica. Barcelona: Isdin- Ediciones Mayo 2005. - DAWBER R, BRISTOW I., TURNER W. Text Atlas of Podiatric Dermatology. 2001. Martin Dunitz. - FITZPATRICK. Dermatología en Medicina General. 6ª Edición. 2005. Editorial Panamericana. - FERRANDIZ C., Dermatología Clínica. 2ª edición. Madrid, Hacourt; 2001. - GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Abordaje quirúrgico de la patología subungueal. Madrid: Aula Médica 2005. REVISTA Actas Dermo-Sifiliográficas REVISTA Atención Primaria REVISTA Piel. Formación continuada en dermatología REVISTA SEMERGEN. Medicina de Familia REVISTA Journal of the American Podiatric Medical Association REVISTA Journal of Dermatological Science www.dermfoot.com www.iqb.es
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía xeral/750G02103 | Anatomía específica do membro inferior/750G02104 | Fisioloxía Humana/750G02101 | Microbioloxía e parasitoloxía /750G02107 | Quiropodoloxía 1/750G02125 | Quiropodoloxía 2/750G02126 | Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía /750G02102 | Farmacoloxía/750G02109 | Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Prácticum I/750G02134 | Terapéutica Farmacolóxica/750G02122 | Pé de Risco/750G02131 |
|
Observacións |
ADAPTACIÓN DA PRESENCIALIDADE Á SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA: Todas as actividades presenciais reealizaránse con asentos preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en: https://udc.es/gl/fep/coronavirus/. No caso de que o grupo de docencia chegue a superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.
OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
|