A criterio do profesor, poderán aplicarse técnicas de co-avaliación e/ou autoavaliación.
Se levará a cabo control de asistencia, e descontarase de forma proporcional a falta de participación, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Este desconto non afecta á puntuación obtida na proba obxectiva.
Para quen a falta de asistencia, ao non poder participar, lle impedíse obter a cualificación de aprobado (considerando que se poden alcanzar só 4 puntos na proba obxectiva), habilitaraselle unha segunda proba obxectiva complementaria que contribuirá cun 60% á cualificación final.
A proba obxectiva entregaráselle ao alumnado en castelán, podendo ser solicitada cunha semana de antelación en galego.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria
Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS
ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)
(04/05/2017):
Se este alumnado pode participar de xeito
telemático nas clases do curso, seguirase o mesmo procedemento de
avaliación que co resto do alumnado.
No caso de non darse a condición anterior,
deberán concertar ao inicio da materia un réxime de titorías regulares co
profesor, para seguir o desenvolvemento da materia mediante a realización de
traballos, e planificar a súa entrega e exposición.
No caso de non supera a materia na primeira
oportunidade, deberán presentarse á realización dunha proba obxectiva na
segunda oportunidade.