De cara a segunda oportunidade, poderán reentregrase aqueles traballos tutelados non presentados durante o curso, en nengún caso é posible reentregar os traballos para acadar mellor nota. Se o traballo require presentación oral, fárase o mesmo día do exame.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.