Ademáis do indicado enriba, individualmente e tendo en conta a casuística persoal poderan acordarse outras vías de avaliación, cando por motivos razoables así o consideren as partes.
Considerase ademáis a posibilidade de que na cualificación final da materia podan ser aplicadas estratexias de coevaluación e autoevaluación.
Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS
ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)
(04/05/2017):
Se este alumnado pode participar de xeito
telemático nas clases do curso, seguirase o mesmo procedemento de
avaliación que co resto do alumnado.
No caso de non darse a condición anterior,
deberán concertar ao inicio da materia un réxime de titorías regulares co
profesor, para seguir o desenvolvemento da materia mediante a realización de
traballos, e planificar a súa entrega e exposición.
No caso de non supera a materia na primeira
oportunidade, deberán presentarse á realización dunha proba obxectiva na
segunda oportunidade.