As calificacións das tareas evaluables serán válidas só para o curso académico no que se realicen.
En xeral faranse durante o curso duas probas mixtas:
Primeira proba: unha vez explicados os 6 primeiros temas.
Segunda proba: coincidindo co exame final en xaneiro.
Nota final
A nota final calcularase, en xeral, como:
Nota Final =0,45 x Nota proba mixta 1 + 0,15 x Nota proba mixta 2 + 0,4 x Proba Prácticas
Aqueles estudantes que non tivesen calificación na primeira proba mixta, ou ben, acadasen unha calificación moi baixa poden optar a realizar a 2ª proba mixta cun peso do 60% (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:
Nota Final=0,6 x Nota proba mixta 2 +0,4 x Nota Proba Prácticas
En calqueira dos casos, para aprobar é preciso acadar un mínimo do 40% da calificación máxima sumando o conxunto das probas mixtas e o 40% da calificación máxima da Proba de prácticas. É dicir, alomenos un 2,4 sumando todas las calificacións das probas mixtas e un 1,6 na proba de prácticas.
Na segunda oportunidade realizarase unha proba mixta que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario ou exercicios escritos, así mesmo haberá tamén unha parte práctica con exercicios de programación.
Os alumnos que se acollan a matrícula parcial, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas ás obligatorias e presenciais.