As cualificacións das metodoloxias Prácticas de laboratorio e Traballos tutelados podense acumular nunha delas pasando a outra a pesar cero puntos na avaliación.
No exame correspondente á segunda oportunidade realizarase unicamente a proba mixta coa súa puntuación correspondente, á que se lle sumaran os puntos correspondentes das outras probas.
Para a obtención do aprobado é necesario alcanzar unha puntuación mínima de 50 sobre 100.
A nota final obterase sumando as cualificacións das distintas metodoloxías expostas no apartado de "avaliación", a condición de que se cumpran as seguintes condicións:
- Que se realizaron e aprobado as prácticas de laboratorio.
- Que se obtivo polo menos 30 puntos (sobre 70) na proba mixta.
No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será a nota da proba mixta minorada de forma que se alcance como máximo unha nota de catro.
Os alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que demostrar a adquisición das competencias e coñecementos mencionados anteriormente mediante probas adicionais.
Os alumnos que se presenten á convocatoria adiantada terán que demostrar as competencias propias da metodoloxia de prácticas de laboratorio e a proba mixta terá un peso de 85 puntos.