Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo. |
A4 |
Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares. |
A6 |
Formación amplia que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global. |
A8 |
Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría. |
A9 |
Capacidade para efectuar decisións técnicas tendo en conta as súas repercusións ou costes económicos, de contratación, de organización ou xestión de proxectos. |
A10 |
Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional. |
B1 |
Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo. |
B5 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Capacidade de liderado e para a toma de decisións. |
B10 |
Capacidade de organización e planificación. |
B12 |
Comprensión das responsabilidades éticas e sociales derivadas da súa actividade profesional |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Traballar de forma colaboradora coas diferentes áreas da empresa implicadas no proceso de deseño e desenvolvemento do producto, cara a xestionar os fluxos de materiais e información nesta. |
A1 A4 A6 A8 A9 A10
|
B1 B2 B4 B5 B7 B10 B12
|
C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Conceptos previos sobre a empresa |
Definición de empresa. Funcións da empresa. Tipos de empresas. Organización interna dunha empresa. O proceso de dirección dunha empresa. A produtividade nunha empresa. |
2. Conceptos previos entorno á loxística |
O ámbito socioeconómico actual. Novos conceptos e novo enfoque. Evolución do concepto de loxística. A loxística no organigrama empresarial. A cadea ou rede loxística: os fluxos de materiais e produtos. Definición de loxística integral. Cadea de valor engadido. Os custos loxísticos. |
3. Xestión de aprovisionamietos e compras |
A función de aprovisionamento. A función de compras. Busca e selección de provedores. Control e avaliación de provedores. Negociación de compras. |
4. A xestión de Stocks |
Aspectos xerais da xestión de stocks. Clasificación operativa e funcional dos stocks. Concepto de rotación e cobertura. Cálculo da norma de stocks e tipos de stocks. Custos de stocks. Sistemas de reposición de stocks. Control de inventarios. |
5. Organización e xestión de almacéns, distribución interna da mercadoría. |
Xestión de almacéns. Zonificación de almacéns. Automatización. Preparación de pedidos. Manipulación e elementos técnicos. |
6. Expedición e entrega de mercadorías. Xestión do transporte. |
Distribución física e nivel de servizo: Distribución física. Unidades distribución. Planificación da distribución. Estratexias de distribución. Nivel de servizo. Tendencias de distribución. Programación de itinerarios e vehículos: Organización e transporte de mercadorías. Tipos de vehículos. Planificación de rutas. Programación de vehículos. Sistemas de carga e descarga. Control cadea de distribución. Custos de distribución. |
7.O Just in Time na loxística |
Planificación xusto a tempo. Nivelado da produción. Sistema kamban. Redución de tempos de preparación e fabricación. Adaptación á demanda mediante flexibilidade. Control autónomo de defectos. Beneficios da implantación J.I.T. |
8. Comercio electrónico e loxística. |
Sistemas de información. Redes e internet. Comercio electrónico e intranets. Novas oportunidades con tecnoloxía. Planificación de recursos empresariais (ERP). Tecnoloxías no traking. Os sistemas RFID. O EDI. Principais elementos dun sitio electrónico de venda. Ciclo integral de abastecemento electrónico. |
9. O papel dos evases e embalaxes na función loxística. |
Definicións e funcións. Clasificación. Criterios de selección. Identificación. Deseño. Maquinaria empregada para envases e embalaxes. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A10 A6 B10 B12 C4 C5 C6 C7 |
41 |
82 |
123 |
Traballos tutelados |
A4 A9 B1 B2 B4 B7 C5 C8 |
0 |
23 |
23 |
Proba mixta |
A8 B2 B5 C6 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral,dos contidos da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Os alunmos realizarán o longo do curso, polo menos un traballo tutelado. |
Proba mixta |
Proba tipo test, proba obxectiva que consiste en formular una cuestión en forma de pregunta directa o afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada consistirá básicamente na realización de tutorias, tanto individuáis como en grupo, para resolver e aclarar calquer tipo de dubida relacionada coa materia e a realización dos traballos tutelados.tanto de forma presencial como non presencial a través das plataformas do Campus Virtual da Universidade, |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A8 B2 B5 C6 |
Proba tipo test |
70 |
Traballos tutelados |
A4 A9 B1 B2 B4 B7 C5 C8 |
Farase un traballo ao longo do curso, a decidir entre o profesor e os alumnos, podendo ser grupal ou individual, segundo a dinámica do curso ese ano. |
30 |
|
Observacións avaliación |
O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a
súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b
e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na
Xunta de Escola, mediante una proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da
Guía, e un traballo a consensuar cos profesores da materia. Esto tamén aplica a os alumnos de convocatoria adiantada. Implicacións
do plaxio, “a realización fraudulenta das probas o actividades de avaliación,
unha vez comprobadas, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na
materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida
en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria”
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Bureau Veritas formación (2011). Logística Integral. Fundación Confemetal
Ronald H. Ballou (2004). Logística. Administración de la cadena de suministro. . |
MIT OpenCourseWare. Logistics Systems. http://ocw.mit.edu/courses/engineering-systems-division/esd-260j-logistics-systems-fall-2006/ (Visita: 31/08/2010). |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Normativa e Lexislación/771G01035 |
|
Materias que continúan o temario |
Proxecto Fin de Grao/771G01027 | Aspectos Económicos e Empresariais do Deseño/771G01033 | Xestión da Calidade/771G01044 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
|
|